Esta avoiña que non merece unha plana enteira na prensa por ser unha lenda viva da música,por ser, fora do canto lírico, a mellor cantante feminina, xunto con Abbey Lincoln, en pasar por esta cidade, ensinounos a todos os que estivemos no Filloa onte, de que vai de verdade o de transmitir paixón, o que significa cantar de verdade, o que é azotarlle na cara con toneladas de talento a un público conbágoas nos ollos, provocados por esta maravilla de muller sinxela e encantadora, que nada mais entrar comentaba que estaba como no salón da súa casa, mentras cambiaba os zapatos no esceario antes de empezar a deixarnos a todos paralizados ante a súa maxia. Deixando de lado o meu fanatismo hacia o seu “Portrait of Sheila”, que comenzase polo meu querido “Hum Drum Blues”, nos abrira a boca e a mente con “Baltimore Oriole”, “When The World Was Young”, a preciosa tonada escocesa “The Water is Wide” ou unha versión imposible do “Confirmation” de Parker, foi un concertazo inesquecible, imperdible, e do máis bonito que vin ou verei na miña vida. Noraboa ó Filloa, a Alberto e Antonio, e a tódos os que tivechedes a sorte de estar. Enorme Sheila dando leccións de como vivir a música ós 89 anos. Aínda hipnotizado.
FRANK ASTRO.
https://www.facebook.com/fran.castro.3994
INFORMACIÓN SOBOR SHEILA JORDAN CORTESÍA DO JAZZ FILLOA.
|