Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

ADRO DOS ARTIGOS E NOVAS DE MANUEL MONGE.

1. Artigo: O PP non é un partido, é unha mafia. Agora que Feixoo fala de mafia, recupero este artigo que publiquei en Sermos Galiza hai oito anos (15-6-2017), antes da caída do goberno de Rajoy por corrupción. AXUNTO.

2Artigo: ¡Que nadie se confunda! Lo que somos, 3-4-2025. Trata sobre a noticia da denuncia do rei Juan Carlos I a Miguel Ángel Revilla, pero que ninguén se despiste porque o problema de fondo é que temos unha monarquía corrupta e herdeira do franquismo.

https://loquesomos.org/que-nadie-se-confunda/

3. Artigo: Galiza pola paz, non á guerraNós Diario, 4-4-2025. AXUNTO.

4. Artigo: Cursos sobre el franquismo para el profesorado.  Público, 4-5-2025. Todos os enquisas coinciden en que Vox, partido da familia da dereita, recibe un importante apoio electoral da mocidade, sobre todo de menores de 25 anos.

https://www.publico.es/opinion/columnas/cursos-sobre-franquismo-profesorado.html

5. Artigo: Salvemos a Feixoo! Nós Diario, 15-5-2025. AXUNTO.

6. Manifesto: Non queremos a Manuel Fraga como Fillo Adoptivo. Presas/os políticas/os na ditadura da Coruña, familiares de persoas asasinadas na comarca da Coruña e máis de 70 persoas da cultura, profesionais, xubiladas/os etc. presentan este manifesto para que se retire a Fraga a distinción de Fillo Adoptivo, que aínda conserva no concello da Coruña (desde 1968) e na Deputación da Coruña (1965), e a Medalla de Prata de Betanzos (1966). É continuación do manifesto que presas/os promovemos en decembro de 2018 e que permitiu retirar rúas e distincións a Fraga en Ferrol, Cedeira e Ferrol. AXUNTO.

7. Entrevista: Manuel Monge, el hombre que lo sabe todo de Feijóo: “Es un hipócrita, mentiroso, patrañero… y ´marxista´, de Groucho Marx”El Plural, 8-6-2025

https://www.elplural.com/politica/espana/manuel-monge-hombre-sabe-todo-feijoo-es-hipocrita-mentiroso-patranero-marxista-groucho-marx_353756102

Espero que sexa do teu interese.

Unha aperta.

Manolo

 

ARTIGOS DO PUCELANO TOLO DO BNG.

                  “O PP non é un partido, é unha mafia”

                                               Manuel Monge

   Nas últimas semanas acumúlanse os problemas para o PP. Dirixentes do PP como Ignacio González están en prisión pola corrupción descuberta na operación Lezo. Mariano Rajoy é chamado a declarar como testemuña na Audiencia Nacional o 26 de xullo no xuízo da trama Gürtel (primeira época de 1999 a 2005) porque era secretario xeral do PP en 2003 e presidente do partido a partir de 2004. Dimite o Fiscal Anticorrupción …

O título deste artigo non é meu, senón o texto dunha pancarta na concentración de centos de persoas ante a sede do PP como protesta polos numerosos casos de corrupción deste partido. Titular que é moi moderado se o comparamos coas conclusións da investigación da Garda Civil no caso Vedri ou do xuíz na operación Lezo: “O PP actúa como unha organización criminal”. O dicionario Xerais recolle dous significados da palabra mafia: “1. Organización criminal secreta que utiliza toda clase de medios delitivos para conseguir os seus obxectivos. 2. Calquera organización corrompida”.

Estes casos de corrupción do PP poñen ao descuberto varias cuestións: en primeiro lugar, que a corrupción non está suficientemente penalizada a nivel electoral. O PP ten unha mensaxe moi eficaz, difundido masivamente nos medios de comunicación, editoriais, moitos articulistas e xornalistas que participan en programas de debates: estamos ante casos particulares, as corruptas son as persoas, non o partido; hai corrupción en todos os partidos…A Conclusión está ben clara: non cambie vostede de voto, siga votando ao PP porque todos son iguais. Se estamos ante un goberno corrupto, elixido cos votos da cidadanía, esta convértese tamén en cómplice da corrupción. Dicía a xornalista Angels Barceló: “Me preocupa que el partido más corrupto sea el más votado y parece que no tiene que dar explicaciones al pueblo. La gente tiene la solución cuando vota”. (La Opinión,8-5-2017). En segundo lugar, queda moi cuestionada a independencia de xuíces e fiscais, cuns nomeamentos e actuacións condicionadas polo ministerio de Xustiza ou de Interior, é dicir, polo Goberno, que confirma unha opinión cada vez máis estendida na rúa: vivimos nunha democracia de baixa calidade. En terceiro lugar, cando son xulgados os responsábeis dos numerosos casos de corrupción, as penas son case sempre ridículas, non cumpren nin a terceira parte e saen do cárcere antes do xuízo pagando fianzas moi baixas en relación co roubado.

Operación Lezo

A chamada operación Lezo pon ao descuberto toda unha trama de corrupción, unha auténtica mafia. Ignacio González, o principal imputado, non é un político calquera; foi secretario de Administración Pública e delegado para Estranxeiría e Inmigración, deputado na Asemblea de Madrid, presidente desa Comunidade entre setembro de 2012 e xuño de 2015 en substitución de Esperanza Aguirre, e secretario xeral do PP de Madrid.

Como telón de fondo da Gürtel, Púnica, Lezo etc, hai un saqueo continuado das arcas públicas e o financiamento ilegal do PP a través do cobro de comisións a cambio da adxudicación de obras e contratos. Dicía o xornalista Enrique Clemente que “no son casos aislados, sino un sistema criminal organizado para robar” (La Voz de Galicia, 22-4-2017), e reclamaba responsabilidades xudiciais e tamén políticas para quen durante anos consentiron estes feitos e non fixeron nada para evitar esta hemorraxia que desangra a democracia. Nesta mesma liña argumental, Manuela Carmena, alcaldesa de Madrid, dicía que a renuncia de Esperanza Aguirre como concelleira e portavoz do PP no concello de Madrid, demostra que “todo un gobierno y el PP se sostenían en una trama criminal; la corrupción es un cáncer de la democracia”.

O xuíz da Audiencia Nacional, Eloy Velasco, ordenaba o ingreso en prisión de Ignacio González o 21 de abril de 2017 por presuntas irregularidades na xestión do Canal de Isabel II, empresa pública de Madrid, que presidiu entre 2002 e 2013. Estamos a falar dun posíbel desfalco de 60 millóns de euros e está imputado polos presuntos delitos de pertenza a organización criminal, branqueo de capitais, falsificación, malversación de caudais públicos e fraude.

Están tamén investigados Pablo González, irmán de Ignacio, e María Fernanda Richmond, ex–directiva do Canal que, xuntamente con Edmundo Rodríguez Sobrino, daquela conselleiro delegado de La Razón, abriron unha conta de 23,3 millóns de euros (25 millóns de dólares), segundo a UCO, para a compra en 2013 polo Canal de Isabel II da empresa brasileira Emissao. Para o xuíz Eloy Velasco esta operación fíxose sen ningún tipo de control, esa empresa foi “hipervalorada ficticiamente” e tiña como obxectivo o “desvío de dinero público madrileño a cuentas bancarias de terceros países con opacidade”. Dous anos despois desa operación, Emissao só valía cinco millóns de dólares.

O PP coñecía que Ignacio González tiña unha conta bancaria en Suíza e non fixeron nada. Jesús Gómez, deputado do PP na asemblea de Madrid e ex–alcalde de Leganés, entregou unha documentación a Juan Carlos Vera e Carlos Floriano, vicesecretario de Organización do PP, que incluía o número desa conta. Tamén foi informada Esperanza Aguirre, daquela presidenta do PP de Madrid, que cualificou esa información como “calumnias e mentiras”. Floriano xustificou que non se investigase nada porque era un período de elaboración de listas electorais e a dirección do partido recibía “mucha información contradictoria”. E os dirixentes do PP sempre dando ánimos aos corruptos: Rajoy dicía a Bárcenas “Luis, sé fuerte”, e o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, enviaba un SMS a González o 3 de novembro de 2016, cando xa estaba imputado por suborno e branqueo polo ático de Estepona: “Ojalá que se cierren pronto los líos”.

Control do aparato xudicial

A mafia presta especial atención ao control do aparato xudicial e o PP tamén. Por iso elixiu a persoas de confianza. Así, nomeou Fiscal Xeral do Estado a José Manuel Masa, que emitiu un voto particular para que o xuíz Garzón fose inhabilitado por investigar os crimes do franquismo. Manuel Moix é nomeado como novo Fiscal Xefe Anticorrupción, un posto clave cando o PP ten pendentes numerosos xuízos por corrupción. Moix ten tamén unha importante folla de servizos para favorecer ao PP. Foi nomeado como Fiscal Xefe de Madrid en 2003, cando Ignacio González era vicepresidente do goberno da comunidade de Madrid. Arquivou en 2009, sen practicar ningunha dilixencia, a denuncia duns veciños contra a construción por Tecnoconcret dun campo de golf nuns terreos do Canal de Isabel II, empresa na que participaba Pablo Iglesias, irmán do ex–presiddente da comunidade de Madrid. Impulsou a acusación contra o xuíz Elpidio Silva cando este decidiu meter en  prisión a Miguel Blesa. Fixo todo o posíbel para arquivar o caso dos espías pagados pola Comunidade de Madrid con diñeiro público. E xa como Fiscal Anticorrupción, Moix intentou evitar, sen éxito, un rexistro de Ignacio González. A mafia está perfectamente organizada e cando Ignacio González coñece que está investigado, o seu irmán Pablo era recibido por José Antonio Nieto, Secretario de Estado de Seguridade.

O PP continúa “colocando” aos seus nos postos de máxima responsabilidade. Así, utilizando o control que teñen a través da maioría conservadora do Consello Xeral do Poder Xudicial, este organismo elixía a Concepción Espejel –xa fora apartada do caso Gürtel pola Audiencia Nacional pola súa afinidade co PP– como nova presidenta da Sala do Penal da Audiencia Nacional. Como dato positivo, o Pleno do Congreso aprobaba o 16 de maio de 2017 co voto a favor de todos os grupos, agás o PP, reprobar a actuación do ministro de Xustiza, Rafael Catalá, de José Manuel Masa e de Manuel Moix “por obstaculizar a acción da xustiza nas causas xudiciais por delitos relacionados coa corrupción”.

Ignacio González sabía que era investigado e tomou precaucións nas súas conversas telefónicas, pero non sabía que a Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil, acompañada dun secretario xudicial, entrou de madrugada no seu despacho e colocou micrófonos. As conversas que coñecemos de González con Eduardo Zaplana, ex–ministro con Aznar, e con Enrique Cerezo, produtor de cine e presidente do Atlético de Madrid, revelan a gran influencia política de González e o comportamento mafioso do PP, controlando o aparato do Estado e colocando a xuíces e fiscais onde e cando queren.

González e Zaplana falan de que facer co xuíz Eloy Velasco, instrutor da operación Lezo, e chegan á conclusión de que o mellor era que regresase Manuel García Castellón, que era o maxistrado titular da praza, e retirar así do caso a Eloy Velasco: “A ese tío lo pones a escarbar cebollinos”. González coñecía seis meses antes do nomeamento do Fiscal Anticorrupción que Moix era o elixido: “Vamos a ver, yo creo que a ver si podemos colocar el tema del fiscal anticorrupción, ¿sabes? Yo creo que va a ser él. Si sale, es cojonudo. Se llama Moix, es un tío…serio y bueno. Hombre, yo no soy quién, pero no me corto en decirle a Rafa [Rafael Catalá]: oye…¿Sabes? El aparato del Estado y los medios de comunicación van aparte: o los tienes controlados o estás muerto”.

A UCO investiga o financiamento ilegal do PP

O financiamento ilegal do PP non é nada novo e Mariano Rajoy está chamado a declarar na comisión creada no Congreso. Francisco Granados, principal acusado no caso Púnica, recadou 2,1 millóns de euros de empresarios para as eleccións autonómicas de 2011 e as europeas de 2014, segundo un informe da UCO: 1,6 millóns foron entregados a Beltrán Gutiérrez, daquela xerente do PP de Madrid, e 500.000 euros repartíronse entre Granados e Javier López Madrid.

Nas eleccións de 2011 o PP quedara moi endebedado e Ignacio González pedira un millón de euros á axencia de informática da comunidade de Madrid (ICM). Por outra parte, Javier López Madrid, xenro de Juan Miguel Villar Mir, propietario de OHL, transferiu 1,4 millóns de euros desde OHL de México a Ignacio González, como comisión pola concesión do tren entre Móstoles e Navalcarnero.

Fundescan, unha fundación creada polo PP de Madrid, era unha das tapadeiras para o financiamento ilegal do PP e xa en 2008 recibía 200.620 euros de subvención da comunidade de Madrid, que eran utilizados para o pago de gastos electorais. Como en toda mafia ben organizada, había un eficaz reparto de papeis: Granados recadaba as doazóns dos empresarios, Ignacio González daba subvencións e Beltrán Gutiérrez recibía o diñeiro e pagaba en negro. Así foron financiados os actos electorais de Mariano Rajoy e Esperanza Aguirre nas eleccións autonómicas de 2007 e 2011 e nas eleccións xerais de 2008.

Dimisión do Fiscal Anticorrupción

Manuel Moix foi nomeado como Fiscal Anticorrupción para poñer freo á lacra da corrupción, pero non dá bo exemplo porque ten unha empresa no paraíso fiscal de Panamá para defraudar a Facenda. O tema de fondo non é que Moix teña unha empresa en Panamá, senón que foi colocado polo PP para frear ou obstaculizar  a investigación sobre o financiamento ilegal do PP. A petición unánime das tres asociacións de fiscais e, sobre todo, a presión social, forzaron a presentación da súa dimisión. Moix dixo que dimitía por motivos persoais e para protexer a súa familia, mais o obxectivo último é impedir a dimisión do Fiscal Xeral e do ministro de Xustiza, Rafael Catalá (ascendido a ministro despois da súa lamentábel actuación na catástrofe de Angrois, como Secretario de Estado de Infraestruturas), e para non crear máis problemas a Rajoy, que é o principal responsábel.

Ante tanta corrupción e financiamento ilegal do PP, que sabemos de Rajoy? Manifestou até o mesmo día da dimisión de Moix o seu apoio ao fiscal. Agora di que se ocupa de cousas importantes e non polos “chismes” e que está moi preocupado …pola situación de Venezuela.

 

Galiza pola paz, non á guerra

— O Estado español é un dos principais exportadoresde armamento
e de 2006 a 2016 multiplicou por catroas vendas
de armas

Rusia invadía territorio ucraíno
o 24 de febreiro de 2022 e a plataforma Galiza pola Paz convocaba concentracións, reclamaba
a retirada inmediata das tropas
rusas, pronunciábase por unha
desescalada militar e unha política de paz, diálogo e esforzos
diplomáticos no marco da ONU
e da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE). Consideraba que
a solución debería basearse no
respecto á soberanía dos pobos,
recoñecemento das repúblicas
populares de Donestk e Lugansk, respectando a súa vontade
democrática. Na presentación
desta plataforma Suso de Toro
lamentaba o papel que está a
xogar a UE como “monicreque
dos intereses da OTAN e os Estados Unidos de América”.

Gasto militar
no Estado español

Desde o ano 2000 dedicáronse
31.631 millóns de euros aos 19
Programas Especiais de Armamento. O gasto militar é un pozo
sen fondo e agora a forza aérea
reclama 6.637 millóns de euros
para renovación, substitución
da escuadrilla de cazas F-18 por
25 cazas Eurofighter na base
de Gando (Gran Canaria) e 20
novos cazas Eurofighter na base
de Los Llanos (Albacete).

Os gobernos do PP e PSOE incrementaron un 107% o gasto
militar entre 2014 e 2024, pasando de 9.508 millóns de euros a 19.723 millóns (1,3% do
PIB), segundo informe do Real
Instituto Elcano, e se quere acadar 1,39% do PIB en 2025 tería
que chegar a 21.564 millóns.
O Goberno de Pedro Sánchez
espera acadar para 2029 2%
que esixe a OTAN.

Por outra parte, é un dos principais exportadores de armamento e de
2006 a 2016 multiplicou por catro as súas vendas de armamento, que en 2015 chegaban a
10.076 millóns de euros.

A era do rearmamento
A UE considera que a súa capacidade militar está diminuída
e que é necesario un aumento
do rearmamento, que Von der
Leyen, presidenta da Comisión
Europea, cifraba en 800.000
millóns de euros e que permitiría desviar fondos de cohesión
á defensa. Manifestaba: “Estamos nunha era de rearmamento
e Europa está preparada para
aumentar masivamente o seu
gasto en defensa”.

Estas serían algunhas das vías:

suspensión
das regras fiscais para defensa nos estados membros e así
permitir que o gasto en defensa
non conte no cálculo de déficit.
Aumentando o gasto en defensa nun 1,5% do PIB poderían crear un espazo fiscal de 650.000
millóns de euros en catro anos.
Outros 150.000 millóns en préstamos aos estados membros
para financiar investimentos
en defensa: mísiles aéreos e de
defensa, sistemas de artillería,
drones e sistemas antidrones e
outros relacionados coa ciberseguridade.
O laborista Keir Starmer, primeiro ministro do Reino Unido, recoñecía que a política
de rearmamento, que definía
como “nova era de renovación
nacional”, suporá un recorte
no gasto social, como a diminución das axudas aos parados
de longa duración ou por incapacidade; despedimento de
10.000 funcionarios, recorte
da axuda á cooperación ao desenvolvemento. Todo isto para
conseguir 5.870 millóns de euros e pasar o investimento militar de 2,37 % do PIB a 2,5 %.
Con estes axustes, a previsión
de crecemento pasará de 2 % a
1 %. Pedro Sánchez aínda non
concretou nada.

A resposta cívica
Todos os estados manifestan
que queren a paz, pero non coinciden no camiño. Tanto EUA
como UE consideran que hai que
prepararse para a guerra, é dicir
aumentar o gasto militar, fronte
a quen defendemos que se queremos a paz debemos prepararnos para a paz.
Ademais de Galiza pola Paz,
máis de 800 entidades de todo
o Estado e miles de persoas
da cultura e do activismo pola
paz –entre elas Aitana Sánchez
Gijón, Carlos Bardem, Alberto
San Juan, Luis Tosar, Juan Diego Botto, Rozalen, Luis Pastor,
Amparo Sánchez, Amparanoia,
Manuel Rivas– asinaban o manifesto Non nos resignamos ao rearmamento e á guerra en Europa: “O rearmamento de Europa

non traerá a paz, non contribuirá
á distensión, senón que nos achegará aínda máis á guerra.
A cidadanía demostrou sobradamente no pasado o seu compromiso coa paz e coas políticas
antibelicistas. Forman parte da
nosa memoria colectiva recente
as multitudinarias manifestacións en contra da guerra de Iraq,
impulsada de maneira ilegal polo
Goberno de José María Aznar,
o movemento de rexeitamento
á permanencia na OTAN que
chegou a mobilizar máis de 43%
do voto emitido naquel afastado
referendo. Non nos resignamos
á guerra, porque non queremos
a paz dos cemiterios, porque a
historia demóstranos que o único
camiño realista para conseguir a
paz non é militar, senón político.
Póñanse ao choio e traballen pola
paz, esixímosllo”

Galiza pola paz, non á guerra

Salvemos a Feixoo!

Aparecen nos últimos meses
moitas noticias sobre as relacións de Alberto Núñez Feixoo
con Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid, e Carlos Mazón, presidente da Generalitat Valenciana.
Que ninguén se confunda, as
aparencias enganan e o que está
realmente en marcha, con moito apoio mediático, é a campaña
“Salvemos a Feixoo!”.

Campañas que non son nada
novo. Moito antes de coñecerse
as contas secretas do rei Juan
Carlos en Suíza e noutros países, Felipe VI sabía que o seu
pai tiña contas en Suíza a nome
do seu curmán Álvaro de Orleáns Borbón, que Juan Carlos
recibiu 64,8 millóns de euros
de Arabia Saudita en agosto de
2018 e que ocultaba o diñeiro a
través do “xestor financeiro” da
‘Gürtel’ en Suíza. Cando era evidente o deterioro da imaxe da
monarquía, a maioría dos medios de comunicación tiveron
que admitir o comportamento
“pouco exemplar” do chamado “emérito”, pero subliñando
que con Felipe VI todo vai ser
distinto, que está preparado e
que non sabía nada da corrupción do seu pai. En definitiva,
puxeron en marcha a operación
“Salvemos a Coroa!”.

Feixoo e Ayuso
Ayuso practica desde hai anos
un descarado boicot institucional ao Goberno de Pedro Sánchez. Non acode a unha reunión
na Moncloa co presidente do
Goberno, como fixeron outras
presidentas do PP de Baleares e
Estremadura, e ese mesmo día
participa nun acto no Porriño.
Un mes antes desa cita, Feixoo
manifestaba: “Se un presidente
non acode á Moncloa comete
un erro. Ayuso coñece ben a súa
responsabilidade”. Pero despois Feixoo mostrouse “comprensivo” co plantón de Ayuso. Tampouco ten nada que dicir das 7.291 persoas que faleceron nas
residencias de maiores de Madrid pola aplicación dun protocolo que impedía a estas persoas saír das residencias e recibir atención médica, manifestando Ayuso que “morrerían igual”.
Feixoo non pode dicir nada
que moleste a Ayuso e o seu silencio non ten outro obxectivo
que manterse como presidente
do PP. Ayuso acabou co anterior presidente, Pablo Casado,
porque este denunciou publicamente a Tomás Díaz Ayuso,
irmán de Isabel, por vender
material sanitario á Comunidade de Madrid na pandemia
da Covid-19. Feixoo manifestaba que Ayuso é “unha persoa
honorable que imos defender”.
Cando Sánchez fixo mención
a este feito no debate da súa
investidura o 15 de novembro
de 2023, Ayuso chamouno “fillo de puta” cando estaba na
tribuna de invitados, convertendo ese gravísimo insulto
nun “gústame a froita” que o
PP celebrou como unha cousa
graciosa. Feixoo converteuse nun auténtico refén de Ayuso
e cala porque lle debe o cargo.

Feixoo e Mazón
Onde estaba Carlos Mazón o 29
de outubro de 2024 cando unha
DINA ocasionaba 228 mortos? E
que facía? Que conversas mantivo coa conselleira de Interior? É
un auténtico misterio seis meses
despois da traxedia. Primeiro
dixo que estaba nun “almorzo
de traballo”, despois nunha “comida privada de traballo” cunha
xornalista, que chegou á reunión
do Cecopi “sobre as sete da tarde”, despois que chegou sobre
as 20.29 horas. Ante estas incoherencias, Feixoo manifestaba:
“Nós estamos apoiando o presidente Mazón e continuarémolo
facendo. Primeiro porque foi
coherente e segundo porque foi
valente”. Esta é a valentía de
Mazón: non sae á rúa, nin asiste a actos públicos porque recibe
asubíos e insultos, e cando se celebra en Valencia o Congreso do
Partido Popular Europeo foxe
uns días a Nova Iorque.

Feixoo pediu “que se investigue
até o final”, mais cala cando xa
se coñecen datos da investigación da xuíza Nuria Ruiz Tobarra que imputa por presuntos
delitos de homicidio e lesións
por imprudencia a Salomé Pradas, ex conselleira de Interior,
e Emilio Agüero, ex secretario
de Emerxencias. O auto do 16
de abril de 2025 sinalaba que
“correspondía ás autoridades
autonómicas alertar á poboación”. “Non era preciso solicitar
a declaración de emerxencia nacional” e a xestión era competencia exclusiva de Generalitat
valenciana, que decidiu non declarar a situación de emerxencia
catastrófica. “Responsabilizar o
Goberno do Estado non é senón
un recoñecemento explícito da
manifesta pasividade da Administración autonómica”. O aviso
enviado aos móbiles da poboación ás 20.11 horas foi “notablemente tardío” e “errado no
seu contido”.

Feixoo mantén a Mazón como
presidente da Generalitat porque unha dimisión agora suporía o fin da súa carreira política. Que ninguén se despiste porque pode haber distintas
opinións no PP sobre o futuro
político de Mazón, mais todos
fan causa común co obxectivo
principal: salvemos a Feixoo,
salvemos ao PP.

— Feixoo
mantén a
Mazón como
presidente da
Generalitat
porque unha
dimisión
agora suporía
o fin da
súa carreira
política