O cuarto disco
Nunca se foi, pero xa volve SES, rebosante de enerxía cun novo disco baixo o brazo. Chámase Opoñerse á extinción e estará na rúa o 2 de decembro con once temas que arrecenden á cantora bergantiñana en cada acorde.
Opoñerse á extinción é o cuarto álbum dunha SES que sigue sendo pura forza, inconformismo e paixón. Nel segue a liña do seu inconfundible estilo que a levou a converterse na artista máis relevante do país nos últimos anos e nun auténtico fenómeno social que non deixa de medrar.
Ela mesma define así este seu cuarto disco:
O título ‘Opoñerse á extinción’ é a síntese da actitude que amosa o disco. A honestidade, a lucidez e tamén a rabia de sabernos en vías de desaparición inminente e inxusta, mais coa forza, o orgullo e o vitalismo de quen non asume o autoodio que tentan inculcarlle. Creo que é un traballo humilde, sincero e profundamente namorado da cultura á que pertence. É un disco de amor.
Este novo traballo continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que hai no seu interior.
A SES compositora vai medrando e madurando, aínda que sigue a tratar os temas de sempre: o amor en todas as súas versións (inclúe unha canción dedicada á filla dunha das súas cantoras), sen esquecer un tema clave da súa personalidade como artista, a denuncia social.
.
CONCERTOS.
FEBREIRO
MARZO
ADMIRANDO A CONDICIÓN
2011 AIRAPRO PRODUCIÓNS
VÍDEOS
SES – A PAZ ESQUIVA
Extraido do disco “Opoñerse á Extinción” (FolMusica 2016)
Concierto de SES en Ferrol 2015
Concierto de SES, celebrado en la carpa de la plaza de España de Ferrol, con motivo de la conmemoración del día internacional para erradicar la violencia de género, con la asistencia de numeroso público, y organizado por la Concellería de Muller de Ferrol
FACEBOOK.
https://www.facebook.com/mariaxose.silvar.7/timeline