Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

3

Moi boas a todxs! Hoxe comunicáronme unha mala nova: din positivo en Covid-19. Tristemente isto significa que teño que estar illada até que o virus marche e non podo ofrecer os concertos programados para este mes. Esa é a miña maior pena, polo resto estou coma un carballo e ameazo seriamente con voltar máis forte aínda.
Quero pedirvos mil desculpas polas molestias ocasionadas, informarémosvos de todos os cambios de datas polas redes e farei algún directo tamén para rírmonos un anaco e contarvos como vai o tema!
MOREAS DE BICOS PARA TODXS.
DIOLOPAGHE a todxs polas vosas mensaxes!!! ♥️
Estou moi ben, moi tranquila e aproveitando o tempo para facer o que me presta.
O trato do persoal sanitario foi, desde o primeiro momento, INMELLORÁBEL. Moitas grazas ao Dr. Jorge e á enfermeira Paula, os marabillosos seres humanos que me atenderon no CHUAC. Grazas tamén a todxs xs que nos chaman periodicamente para facer seguimiento, por ser exemplo de profesionalidade, educación, humanidade e amor. Elxs son un 10 en todo, pese aos recortes e a delincuencia gobernamental que teñen e temos que soportar. Isto ha de valer para tomar conciencia do imprescindíbel e admirábel dos servizos públicos, da educación e a sanidade universais que tanta loita custou forxar.
Viva a sanidade e a educación pública, sempre!
Non sei como agradecervos tanto cariño…Só podo prometer e prometo voltar con máis forza e ledicia, con máis paixón e agradecemento polo afortunada que me fai sentir o voso trato e apoio, en cada teatro, en cada torreiro e en cada comentario de ánimo.
OBRIGADÍIIIISIMA!!! ♥️
Montes de bicos a todxs!!!