santos16ensayo

SANTOS (LOS)

Publicado el 15 abril, 2016 | Artistas, Punk, Rock
LOS SANTOS
Nacidos en Sada e autonomeados “a mellor banda de rock
and roll de Galicia e posiblemente de España”, Los Santos
levan arredor de 15 anos paseando os seus tres acordes.
O seu obxectivo é “desbancar aos Rolling Stones, que non
son tan bos como din”. Consideran que a escena musical
galega “apesta” e as súas influenzas van “de Cañita Brava a
G.G. Allin”.
Son primitivos, salvaxes, irreverentes, subversivos, e teñen actitude.
O seu estilo é unha mestura do rock n roll clásico cunha contundente dose de de punk,
surf e psychobilly ; de Little Richard aos Ramones, pasando polos Stooges, Trashmen, ou
The Cramps.
Os seus concertos adoitan ser atronadoras orxías sonoras nos que se rompen os límites
da realidade e da vergoña a base de guitarra, baixo e batería.
O trío gravou “Mátame Camión” no 2014; trece temas de puro rock and roll, e agora,
estreando nova formación, están a presentar material recén saído do forno xunto aos
temas que forman parte da súa última gravación.
Miembros: Cucaracha – Voz e guitarra// Giallo Biaggra – Baixo e voz// Bule Bule – Batería//
Género: rock n roll
Ciudad de origen: Sada
CEMENTERIO.
 FACEBOOK.

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *