• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


SANTIAUTOR 2016 VII EDICIÓN Outro ano máis, e xa van sete, voltamos a presentar o cartaz artístico que comporá SantiAutor 2016. Este ano tiñamos varios obxectivos cando en setembro comezamos a pechar toda esta “maravillosa tolemia”, entre outros, tentar que esta edición seguira ilusionando ao público e á crítica ao igual que as súas predecesoras, aumentar o número de artistas galeg@s, abrir as portas, máis se cabe, a parte dos novos talentos e proxectos do mundo da canción de autor, e un dos máis especiais, que era seguir expandindo SantiAutor por Santiago de Compostela. Modestamente, cremos que algúns de éstos conseguímolos, esta sétima edición aparta de ser a máis extensa da nosa historia (25 concertos), é a que máis artistas galeg@s inclúe (16 en total) e neste anos serán cinco os recintos nos cales levaremos adiante o certame: Sala Sónar, Auditorio La Salle, Teatro Principal, Salón Teatro e Sala Capitol; os outros agardamos ir conseguíndoos a medida que avance Santiautor.

RUBÉN POZO (04 de Marzo – Sala SónaR – Entradas anticipadas 10€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 13€ – Hora apertura: 22:00h – Comezo: 22:30h) Chega a Santiago co “Llanero Solitario Tour”, unha xira na que se acompaña únicamente da súa guitarra. Interpretará cancións do seu recente disco “En Marcha” e do seu debú en solitario “Lo que más”, pero tampouco faltarán temas míticos da sua traxectoria con Pereza ou Buenas noches Rose.

LA BIEN QUERIDA (05 de Marzo – Sala SónaR – Entradas anticipadas 12€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 15€ – Hora apertura: 22:00h – Comezo: 22:30h) A publicación de cada un dos discos de La Bien Querida convírtese nun acontecemento agardado por moit@s buscadores de tesouros, xa que cada un deses discos contén xustamente iso, pezas musicais brillantes que convirten minutos triviais en momentos únicos para disfrutar de sensacións que todos temos sentido e desexamos volver sentir. A pesares dunha clara evolución ao longo da súa carreira, con guiños ao flamenco ou á electrónica, La Bien Querida soubo manter o seu sitio, respaldada pola coherencia e a elegancia das súas composicións, que con moita frecuencia son colocadas nos postos máis altos das listas do mellor do ano en revistas especializadas como Rockdelux, Mondosonoro, El País, jenesaispop, Ruta 66, etc… No mes de marzo visitará Santiago e traerá baixo o brazo o seu último disco, “Premeditación, Nocturnidad e Alevosía”, que reúne as cancións publicadas nos seus tres maxi singles previos. Convírtese así nunha compilación perfecta, formada por pezas sublimes, resultado da comunión entre a intensidade das emocións que transmiten e a distancia coa que son executadas.

LUIS FERCÁN (11 de Marzo – Sala SónaR – Entradas anticipadas 6€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 8€ – Hora apertura: 22:00h – Comezo: 22:30h) Xoven cantautor compostelano. Con Persé, do que foi compositor, cantante e guitarrista, gravou un Ep e actuou en importantes recintos acompañando a grupos da talla de IZAL. Agora aposta por un proxecto en solitario co cal converteuse, sen dúbida, nun dos solistas máis prometedores do pop nacional.

JORGE CASAL (12 de Marzo – Sala SónaR – Entradas anticipadas 8€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 10€ – Hora apertura: 22:30h – Comezo: 23:00h) O santiagués presenta o seu disco “El pulso fuerte”, un traballo moi persoal formado por unha colección de cancións, 8 propias e 2 versións, que transitan dende a canción de autor até un estilo máis rock.

LULU FORRAJE (16 de Marzo – Sala SónaR – Entrada de balde – Hora apertura: 21:00h – Comezo: 21:30h) Antonio Suárez “Lulu”, cantante, letrista e guitarra de Forraje durante os 16 anos de historia da banda, preséntanos o seu novo proxecto homónimo. Interpretará, en formato acústico, cancións novas pero tamén moitas das que compuxo cando era líder da banda de rock que naceu na Pobra do Caramiñal.

DIEGO OJEDA (17 de Marzo – Sala SónaR – Entradas anticipadas 8€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 10€ – Hora apertura: 21:30h – Comezo: 22:00h) Canario afincado en Madrid que, non só consigueu facerse un espazo, senón que xa é un dos imprescindibles no circuíto nacional. Escritor e cantante, ven a Santiago con “Siempre, donde quieras”, o seu último libro baixo o brazo e disposto a ofrecer ao seu público un espectáculo diferente e orixinal: unha viaxe musical íntima e acústica denominada Amerizaje.

FRAN FERNÁNDEZ (18 de Marzo – Sala SónaR – Entradas anticipadas 8€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 10€ – Hora apertura: 22:00h – Comezo: 22:30h) Este granadino leva ás súas costas nada máis e nada menos que 7 discos, con influencias que van dende o folk americano até a canción de autor. O seu selo é a súa gran voz e a súa guitarra de 11 cordas. Nas últimas datas ven de estrearse como poeta con “El arte de tocarte”. E parece que lle colleu gusto: a súa última creación, “Lo que llevamos dentro”, é un disco-libro, con 13 cancións e 76 páxinas nas que reflexiona sobre cada unha, e tamén sobre o amor, o desamor, e as súas circunstancias.

CINCOPAREDES (19 de Marzo – Sala SónaR – Entradas anticipadas 8€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 10€ – Hora apertura: 22:00h – Comezo: 22:30h) Todo comezou como un experimento, unha reunión de cinco músicos coruñeses que rematou en banda e disco. Silvia Penide, Luis Moro, Nando Deibe, Felix Arias e César de Centi dan a coñecer o seu primeiro albúm feito con moito agarimo e traballo. Un espectáculo que amosa que é ben certo iso de que a unión fai a forza.

ESCUCHANDO ELEFANTES (1 de Abril – Salón Teatro – Entradas 8€ – Billeteira do Teatro Principal e entradas.abanca.com – Hora apertura: 21:30h – Comezo: 22:00h) O xóven dúo coruñés aterra no SantiAutor despois dunha xira polo Reino Unido que os fixo percorrer case toda a súa xeografía, chegando a partillar escenario co mesmísimo Bono (U2). Tráennos baixo o brazo o seu segundo traballo discográfico chamado “Happy lonely people” que está aunando as ovacións de crítica e público por igual.

ADRIANA MORAGUES & ELVIRA SASTRE (2 de Abril – Salón Teatro – Entradas 8€ – Billeteira do Teatro Principal e entradas.abanca.com – Hora apertura: 21:30h – Comezo: 22:00h) Elvira Sastre é escritora e autora de tres libros de poesía, “Cuarenta y tres formas de soltarse el pelo”, “Baluarte” e “Ya nadie baila”. Adriana Moragues é cantautora (presenta “Vértices”, o seu primeiro traballo) e ilustradora. Xuntas teñen un proxecto artístico-literario, Acualírica, que casa a poesía de Elvira coas acuarelas de Adriana, e o seu espectáculo de música e poesía en directo colga o cartaz de aforo completo en case todas as súas citas. Contan con decenas de miles de seguidores nas redes sociais e lideran as listas dos libros máis vendidos do país.

ISMAEL SERRANO (8 de Abril – Auditorio La Salle – Entradas 25€ – Billeteira do Teatro Principal e entradas.abanca.com – Hora apertura: 21:45h – Comezo: 22:30h) Sen dúbida, a cita máis importante desta VII Edición de SantiAutor. Un dos obxetivos deste certame dende que nacera en 2010 era que Ismael formara parte algún ano do seu cartaz artístico. O cantautor madrileño volta a Santiago tras máis de dez anos dende a súa última visita, para presentarnos o seu último e aclamado disco “La llamada”.

FREDI LEIS (9 de Abril – Teatro Principal – Entradas anticipadas 10 e 12€ – Taquilla 12 e 14€ – Billeteira do Teatro Principal e entradas.abanca.com – Hora apertura: 21:30h – Comienzo: 22:00h) Despois de conseguir en apenas uns meses máis de 400.000 escoitas nas plataforma musical Soundcloud, o artista compostelano presenta “Días Grandes”, o seu primeiro EP. Gravado entre Madrid e Sevilla, este traballo está composto íntegramente por él e foi producido por Ismael Guijarro, descubridor de Rozalén, artista revelación do ano. O 13 de novembro saía á venda o disco acadando en poucas horas o Top 10 en iTunes, plataforma que o escolle entre os seus “novos artistas destacados”. ‘Estrellas fugaces’, o primeiro sinxelo, foi presentado en Radio 3 por Santi Alcanda e en Cadena Dial por Rafa Cano. Habitual do circuíto nacional de salas, colgou o cartaz de “todo vendido” no Teatro Principal de Santiago e catro veces na Sala Libertad 8 de Madrid. Colaborou con músicos como Rozalén, Marwan ou Diego Ojeda, entre outros. O artista defínese como “un compositor e intérprete de sensacións. Os días están cheos de amores nun traxecto, abrazos dunha vida, emocións a tempo e a destempo, e moito máis. A miña música busca transmitir todo isto da forma máis directa posible”. Fredi Leis presentou “Días Grandes” nunha abarrotada sala Galileo Galilei de Madrid. Tamén na Sala Sónar, de Santiago de Compostela, en dúas datas. As entradas esgotáronse ás poucas horas da súa sáida á venda.

JORGE MARAZU & TXETXU ALTUBE (10 de Abril – Sala SónaR – Entradas anticipadas 8€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 10€ – Hora apertura: 20:00h – Comezo: 20:30h) Jorge Marazu naceu en Ávila hai 30 anos e leva moitos cantando, escribindo, tocando … É, como reza unha das súas cancións como unha agulla sobre un vinilo dando voltas buscando unha canción para poder romper … e polo visto atopouna no seu novo traballo “Escandinavia”. Txetu Altube é madrileño e tampouco é novo nisto da música, despois de 12 anos e catro discos ca súa anterior banda, Los Madison, xira para ensinarlle ao mundo o seu primeiro traballo en solitario, “Cuestión de intensidad”. Ambos son, polo tanto, dous grandísimos artistas por separado, pero cando se xuntan, o resultado é un tándem de arte e maxia.

CARMEN BOZA (15 de Abril – Sala SónaR – Entradas anticipadas 8€ – Reixa Tenda e Ticketbell – Taq. 10€ – Hora apertura: 22:00h – Comezo: 22:30h) Colgando vídeos en youtube alcanzou tal éxito e número de seguidores que cando se decideu a sacar adiante o seu primeiro disco, o crowfunding apoiouna ao cen por cen e nun tempo récord. En 2009 posiblemente non o pensara, pero a día de hoxe enche case todas as salas onde actúa e unha gran disqueira (Warner) acaba de reeditar o seu disco “La Mansión de los Espejos”.

FUNAMBULISTA (16 de Abril – Teatro Principal – Entradas anticipadas 12 e 15€ – Taquilla 15 e 18€ – Billeteira do Teatro Principal e entradas.abanca.com – Hora apertura: 21:30h – Comezo: 22:00h) Funambulista é o nome baixo o cal atopamos o proxecto musical de Diego Cantero. Visita Santiago de Compostela coa xira do seu último disco, “Quédate”. O disco saeu publicado fai algo máis de un ano, irrumpindo no top ten da lista oficial dos máis vendidos, e aguantando durante varias semanas seguidas nos primeiros postos do top de vendas. Faino tras colgar por dúas veces seguidas o cartaz de Sold Out nos seus concertos na Sala Sónar. Ademáis, acaba de lanzar o pack “Quédate y ya verás”, que contén os seus dous discos ao prezo de un, e xa está dispoñible en todas as tendas e plataformas dixitais.

NASTASIA ZÜRCHER (21 de Abril – Sala SónaR – Entradas anticipadas 8€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 10€ – Hora apertura: 21:30h – Comezo: 22:00h) Atrévese con diferentes estilos e sonoridades tales como o soul, o pop ou o folk, interpretados dende a personalidade vogal que caracteriza a esta xóven cantante e compositora suizo-galega. “My Flight” está inspirado e composto a cabalo entre Galicia e Madrid e trátase do seu primeiro disco en solitario.

GUADI GALEGO (22 de Abril – Teatro Principal – Entradas anticipadas 10 y 12€ – Taquilla 13 y 15€ – Taquilla Teatro Principal y entradas.abanca.com – Hora apertura: 21:30h – Comienzo: 22:00h) Volta a Santiago para presentar no seu teatro máis bonito o seu último traballo discográfico “Lúas de Outubro e Agosto”, sen dúbida, será un concerto único e irrepetible. A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora nos interesantes proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto. Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tamén máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada. “Lúas de outubro e agosto” contén fermosas cancións coun nexo común, a natureza das súas composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propor unha música chea de sinceridade que, sen dúbida, vai a sorprender. “Lúas de outubro e agosto”, gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de Baeza coa producción musical a cargo de Pachis Alis, o mago que soubo entender a Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ó acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes.

CRIS ROMÁN (23 de Abril – Sala SónaR – Entradas anticipadas 3€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 5€ – Hora apertura: 22:00h – Comezo: 22:30h) Esta investigadora e docente, réndese á música cando remata o día. É cantautora e leva dez anos percorrendo escenarios de toda Galicia. Foi vocalista do grupo Areavasta entre 2009 e 2012, o pasado ano alzouse co terceiro posto na segunda edición do SantiAutor para artistas noveis. E acaba de gravar o seu primeiro disco en solitario, “A Cuenta Gotas”, do cal veremos e viviremos a súa presentación.

TOM TROVADOR & SILVIA PENIDE (24 de Abril – Sala SónaR – Entradas anticipadas 7€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 8€ – Hora apertura: 20:00h – Comezo: 20:30h) Tom volta á que foi a súa casa durante 7 anos para volver atoparse co seu público, aínda que desta vez a cita non será no Modus Vivendi, como chamou ao seu primeiro disco, será a Sala Sónar a que disfrute co seu talento, un espectáculo cheo de improvisacións e cun lema claro: pasalo ben. Acompañarao unha antiga amiga da súa época santiaguesa, Silvia Penide, unha artista coruñesa de longo percorrido. Leva moitos concertos gravados nas súas retinas e 6 discos publicados, o último acaba de saír do forno: “Todo pintado de plata”.

AMARO FERREIRO (28 de Abril – Sala SónaR – Entradas anticipadas 6€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 8€ – Hora apertura: 21:30h – Comezo: 22:00h) Comezou a súa carreira artística ao carón do seu irmán Iván. Despois da disolución da mítica banda Los Piratas, foron varios os proxectos nos que se veu inmerso co seu irmán, aínda que nunca deixou de lado a súa carreira en solitario. As súas composicións están cargadas de sons moi pop e melodías agradables que, unidas á súa característica voz, enganchan dende o primeiro momento. Chega a SantiAutor co seu novo disco “Biólogo” baixo o brazo.

EL KANKA (29 de Abril – Sala SónaR – Entradas anticipadas 13€ – Reixa Tenda y Ticketea – Taq. 16€ – Hora apertura: 22:00h – Comienzo: 22:30h) Volta a Sónar para dar a coñecer o seu terceiro traballo discográfico “De Pana Y Rubí”, producido por Carlos Manzanares. O autor de “Canela en rama” ou “A Desobedecer” preséntanos nesta ocasión, un disco cunha gama bastante dispar de estilos e xéneros que van dende o bolero até o ska dos anos 50, pasando pola rumba con aires latinos ao vals, o pasodobre ou a cumbia.

ROZALÉN (30 de Abril – Auditorio La Salle – Entradas 18€ – Billeteira doTeatro Principal e entradas.abanca.com – Hora apertura: 21:45h – Comezo: 22:30h) “Quién me ha visto”, o segundo e flamante albúm de Rozalén, saiu publicado o pasado mes de setembro colocándose a semana do seu lanzamento no posto número 1 nas listas de vendas e manténdose nos máis altos de prataformas dixitais como Itunes. O que amosa a excepcional acollida que brindou o público a esta segunda entrega da súa carreira, que toma o relevo de “Con derecho a … “, primeiro disco co que logrou disco de ouro e percorreu coa súa xira toda a xeografía española, para converterse nunha das grandes revelacións da música española e máis firmes promesas da música feita no noso país. Un dos concertos que mellor sabor de boca deixou ao público na pasada edición de SantiAutor foi o seu, cousa a ter moi en conta.

RUBÉN ARTABE (12 de Maio – Sala SónaR – Entradas anticipadas 6€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 8€ – Hora apertura: 21:30h – Comezo: 22:00h) Ferrolán de nacemento, leva disfrutando da súa paixón pola música dende os 14 anos. Tras o seu paso por múltiples formacións como Poetas Urbanos, Neusia e Fakir, continúa en solitario en formato íntimo e acústico. Conta con “Pura Canción” (maqueta, 2013), e o seu primeiro disco autoproducido: “Canciones de pan”. O gañador do II Certame SantiAutor, presentaranos o seu novo traballo discográfico “Punto Cero”.

LUIS RAMIRO ( 13 de Maio – Sala SónaR – Entradas anticipadas 10€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 13€ – Hora apertura: 22:00h – Comezo: 22:30h) Asiduo do Santiautor, tampouco podía faltar este ano. Xa son moitos anos na música. O madrileño leva dende 2002 compoñendo cancións e pisando escenarios de toda España sen parar e grazas ao crowfunding vai presentarnos o seu quinto disco de estudo; o seu nome resume ben o que supón a experiencia de escoitalo en directo: “Magia”.

MARWAN ( 14 de Maio – Sala Capitol – Entradas anticipadas 15€ – Reixa Tenda e Ticketea – Taq. 20€ – Hora apertura: 22:00h – Comezo: 22:30h) Cantautor, poeta e optimista melancólico, volve atoparse co (seu) público santiagués para despedir por todo o alto e como se merece, o seu último traballo discográfico: “Apuntes sobre mi paso por el invierto”, mientras continúa a arrasar coas vendas do seu libro “Todos mis futuros son contigo”.