• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Xoves 10 de Novembro
Sala Malatesta – Santiago DC Hora: 21:45
Prezo adiantada: 12 € Billeteira: 15 €
Billetes a venda: Reixa , entradas.lendakaris.com

Venres 11 de Novembro
Sala Master – Vigo Hora: 22:15
Prezo adiantada: 12 € Billeteira: 15 €
Billetes a venda: Tipo, Elepe , entradas.lendakaris.com

Sábado 12 de Novembro
Sala Tunel – A Coruña Hora: 22:15
Prezo adiantada: 12 € Billeteira: 15 €
Billetes a venda: Portobello, Praza Ourense , entradas.lendakaris.com

Volve o punk vándalo e provocador de LENDAKARIS MUERTOS. Os de Pamplona regresan ás andadas con novo CD-DVD, “Cicatriz na matrix”.
Ninguén mellor que eles sabe como patear o cu ao abece- dario do rock radikal vasco. Volven , en todos os sentidos, cancións para partirse a caixa e cancións para partir aos da caixa (bo, aos do banco). Hai que rirse da realidade, por non chorar. E isto non vai de apoloxía do terror, as faiscas que prenden estes veteranos da kale borroka son as da ironía e o punk. Ninguén lles gaña en actitude, as súas cancións son rápidas, certeiras e con graza, composicións chamadas a transgredir, provocar e transmitir. Punk sinxelo e efectivo concibido á vella usanza, con xenerosas doses de lume marca da casa que buscan e sempre atopan a complicidade. Irreverencia, desvergoña e provocación son os acenos de identidade desta banda.

Ezetaerre – A herdanza do vento – Videoclip