Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Logo_BNG

O suicidio dunha persoa ingresada, así como a agresión sexual a outra doente, son feitos moi graves aos que esiximos unha inmediata resposta por parte dos responsábeis da Consellaría de Sanidade

O BNG solicita a comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, no Parlamento galego e a apertura dunha investigación inmediata por parte das autoridades sanitarias para aclarar os feitos e as responsabilidades sobre os graves feitos informados hoxe polo Movemento Galego de Saúde Mental.

Nun comunicado público, este colectivo informa sobre un recente falecemento por suicidio dunha doente ingresada na Unidade Psiquiátrica do Hospital de Conxo en Santiago, así como dunha agresión sexual doutra paciente tamén ingresada na mesma unidade, feitos dolosos que o Movemento Galego de Saúde Mental considera unha consecuencia dramática dos continuos recortes en materia sanitaria en particular ao deterioro progresivo da atención á saúde mental en Galiza.

A portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, cualificou os feitos dados a coñecer por este colectivo de “extremadamente graves” que motivan a solicitude do BNG de  comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade na Cámara.