Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Verbas de Sandford Music Factory setembro 2022.

SANDFORD MUSIC FACTORY

O noso novo disco xa está na fábrica!!! Rachamoslo todo probando cousas e estamos moi ledos co resultado final. Gravado no noso local baixo a ollada sería e implacábel do noso guitarra Xurxo G Grandal que asumiu valente tal magno mester. E é que ninguén nos coñece mellor pra saber perfectamente coma queriamos e debiamos soar. NECESITABAMOS un disco coma iste dende sempre, necesitabámolo por moitas razóns que non veñen ao conto xa, e conseguímolo. O disco tardará tres meses aínda e sairá baixo o selo dos sempre aguerridos Radix Records , en vinilo, CD e nas plataformas dixitais que todos coñecedes xa…nunhas semans farémonos os interesantes subindo movidas en plan; ista é a portada!! Foto promocional!!! Pre- order!! Etc…mais o importante, o verdadeiramente importante xa está feito e agardamos que vos goste e desfrutar porque nós o estamos gozando moitísimo. ollámonos…

 

O venres 18 de novembro inauguraremos a feira do disco, Diskedisco!!! na sala Mardigras… logo os días seguintes teredes a feira na Fundación Luís Seoane cunha morea de postos e concertos que anunciarán en breve!!!
Despois do noso concerto haberá pinchada e festa sideral, non o perdades!!!
Billetes a venda https://www.woutick.es/evento/23987/entradas-sandford-music-factory—diske-disco?place=21408&date=18-11-2022&time=22:00&showId=31221
Os socios da mardi poden adquirilas no mail entradasmardigras@gmail.com a 6 euros.Vémonos na mardi!!! Alghún tema do novo disco que saira en Xaneiro caerá!!!!
Foto cabeceira da man de Juanpa Ameneiros
Outras fotos da man de Sandford Music Factory.
Tradución ceive ao galego por Rubém Novo.