Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

Samil é Portugal é o primer single adianto do que serà o novo traballo de longa duración (LP) que presentaran este 2021. Samil é unha das “praias” mais coñecidas de Vigo, tamén das máis apreciadas pola xente de Ourense. Mais no verán son tantas as familias de Portugal que veñen a ela bañarse, tomar o sol e comer no merendeiro do piñeiral, que podería considerarse lexítimo territorio luso.

Por riba, din no norte que “os de Vigo son medio portugueses”, o que pra nós é unha gabanza! Somos pobos irmáns! Quixemos pois facer honra á idea dun Samil portugués cunha canción a ritmo de “malhao” ao estilo dos Vacalouras. Para elo, precisabamos que cantase con nós un dos máis grandes referentes da música portuguesa, Quim Barreiros.

E así foi, coa colaboración de Nacho Álvarez ao acordeón, Juan Álvarez ás percusións portuguesas e o incombustible tio Quim, musicamos a evidente realidade de que O SAMIL É PORTUGAL.

O  videoclip foi producido, gravado e editado por Alberto Lora de Galunk Producións.

O  videoclip xa está dispoñible en Youtube e tamén en todas as plataformas dixitais como  Spotify,  Amazon Music,  Deezer, Google Music,  Apple Music… Un novo adianto que non deixará a ninguén indiferente.

 

Os Vacalouras mais Quim Barreiros – O Samil é Portugal

(Videoclip Oficial)