Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

FRANK ASTRO NAS TABOAS DA SALA INN (A CRUNHA) COS ELECTRIC LADYLAND.

Foto da man de Rubém Novo (www.empuje.net)

Hai xa décadas, certos avantaxados déronse conta de que nas gravacións de estudo perdíase a calore e a enerxía do directo tan potente que tiñan e decidiron gravar actuacións ao vivo que, ao cabo, convertéronse en discos únicos e irrepetibels. Especialmente na música negra, temos os casos de Sam Cooke no Harlem Square Club, Mahalia jackson en Newport 1958, Nina Simone no Town Hall, James Brown no Apollo ou Otis Redding no Whisky A Go Go, por dicir alghúns casos. En troques, perdémosnos pra a historia bulebules en direto coma Jackie Wilson, que, desafortunadamente, non chegou a plasmar unha gravación ao vivo pra deixar exemplo dese poder total que il tiña, máis cantando en direto. Hoxe en día, faise con tecnoloxía nas gravacións de estudo o que o “artisteo” non é capaz de facer en vivo e levan gravacións e tecnoloxía nas “actuacións en direto” pra reproducir o que se mente no estudo sobor o que non se é capaz de facer en direto… mais son eu que me fago maior e non controlo da movida…nin da madrileña nin da musical.
(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo)