Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
-Venres 04 – Prexton(o que fora segundo clasificado no Segundo SantiAutor para artistas noveis) presenta o seu novo disco “42”. Entradas anticipadas na Reixa Tenda 4€. Billeteira 6€
Hora apertura 22:00h | Hora comezo 22:30h
-Sábado 05 – María Viñal, a cantautora compostelana afincada en Madrid, ven a presentarnos o seu disco “Nunca Vértigo”, financiado a través dun proxecto de crowfounding.
A entrada será de balde.
Hora apertura 22:00h | Hora comezo 22:30h
-Venres11 – Silvia Penide, a cantautora coruñesa chega a Santiago en formato trío para presentarnos as cancións contidas no seu último disco “Todo pintado de plata”.
Este concerto está enmarcado dentro da Rede Galega de Música ao Vivo de Agadic.
Entradas á venda na Reixa Tenda ou na propia Sala a 5€
Hora apertura 22:00h | Hora comezo 22:30h
-Sábado 12 – Los Nastys + Hellorice + Kings of the beach. A sala Sónar recibe a estas tres bandas para facer un mini festival que encherá esa noite de sábado de bailes salvaxes.
Entradas anticipada á venda na Reixa Tenda a 8€. Billeteira 10€
Hora apertura 21:00h | Hora comezo 21:30h
-Xoves 17 – Mr. Kilombo. Concerto enmarcado na xira de presentación do seu recén estrenado disco “Invencibles”
Entradas anticipadas na Reixa Tenda ou Entradium.com 10€. Billeteira 12€
Hora apertura 21:30h | Hora comezo 22:00h
-Venres 18 – Jorge Marazu, o cantautor abulense fai parada en Santiago para despedir o disco co que tantos éxitos recolleu, “Escandinavia”
Entradas anticipadas na Reixa Tenda ou Ticketea.com 10€. Billeteira 13€

Hora apertura 22:00h | Hora comezo 22:30h
-Sábado 19 – Secho y Los Invisibles. A banda compostelana presentará o seu primeiro proxecto discográfico “Xa fai un tempo”
Este concerto está enmarcado dentro da Rede Galega de Música ao Vivo de Agadic.
Entradas á venda na Reixa Tenda ou na propia Sala a 3€
Hora apertura 22:00h | Hora comezo 22:30h
-Venres 25 – Luis Fercán, o xoven cantautor compostelán retorna á súa casa despois dun ano no que se situou como unha das grandes esperanzas de futuro no mundo da renovada canción de autor.
Entradas anticipadas á venda na Reixa Tenda ou Tickets.WeGow.com a 8€. Billeteira 10€
Hora apertura 22:00h | Hora comezo 22:30h
-Sábado 26 – Agoraphobia. O xoven grupo galego que tan boas críticas está levantando por todo o país, fai parada en Santiago dentro do seu “Brave Faneca Tour”.
Será como unha festa de despedida de un grandísimo ano para estas cinco artistazas.
Este concerto está enmarcado dentro da Rede Galega de Música ao Vivo de Agadic.
Entradas á venda na Reixa Tenda ou na propia Sala a 5€
Hora apertura 22:00h | Hora comezo 22:30h.
FOTO PORTADA DE ESTURIONMUSIC