Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
RÚA REGO DE AUGA: POR UNHA TOPONIMIA SEN DETURPAR
Ó pasar o Rego d’ Agua,
o Rego d’ Agua da Cruña,
ó pasar o Rego d’ Agua
embarqueime n-a falúa
(Cancioneiro de Pérez Ballesteros, 1885-1886)
Conecta a rúa Real coa praza de María Pita. Se hai unha rúa céntrica na cidade é Rego de Auga. Nesta rúa -hoxe peonil- está o Teatro Rosalía e naceron as Irmandades da Fala. O nome da rúa ten que ver con que nela se recollían as augas da zona. A partir do século XVIII o nome castelanizouse en “Riego de Agua” e así segue na acualidade. E, mal castelanizado, porque ese “Riego” non se corresponde co galego “Rego”