Roubáronnos…
Na madrugada do luns 25 ao martes 26 forzáronnos o enreixado, entraron no noso centro social e roubáronnos. Das cousas de valor que botamos en falta, levaron a caixa cos cartos e varios sobres nos que gardabamos o diñeiro dos libros que vendemos. Tamén puxeron o local patas arriba.
Sendo conscientes do que nos custa manter o centro social, e malia a sensación de inseguridade coa que este acto nos deixa, seguiremos con este proxecto de transformación e creación de comunidade para construír o cambio social desde abaixo.
Nin os políticos nin est@utr@s ladróns/ladroas poden acabar coa nosa alegría nin rebeldía.