Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

“Rock contra o Fascismo”

 

“Pertencemos a un fato que sabe que o futuro será feminista ou non será porque a verba que nos une, que nos define, é A música, en feminino: somos MÚSICA.

Pertencemos a un fato que está a ter dificultades nesta pandemia. Sentímonos coma persoas abandoadas a un destinho incerto pra o noso modo de vida e tamén incertas en gañar unha VIDA, en moitos casos. Aprendemos que a UNIDADE e o compromiso dunhas persoas con outras é máis necesario AGORA que nunca. Que somos unha voz única que representa á XENTE e que só a xente está a salvala. Pertencemos a un grupo que aprendeu a distinguir as promesas ocas das verdades necesarias.

Necesitamos distinguir quen promete, no seu propio interese, o que non ceibara de quen realmente axudará a xente.

Pertencemos a un grupo que foi criticado, repudiado e marxinado dende que naceu porque chegamos a dicir VERDADES, a denunciar privilexios que xeran desigualdade. Chegamos a buscar a igualdade, a equidade, a LIBERDADE, a fraternidade. Denunciamos a aquelas persoas que, en palabras de Metallica, son o “Masters of Pupets” (Mestre dos Monicreques), é dicir, os “donos dos monicreques” e, por ese motivo, non nos gustan.

Non somos unha moda, non somos un “movemento” ou unha corrente, nin sequera unha contracorrente, non estamos “organizados”. Aprendemos a vivir coma tribo, somos unha tribo (unha comunidade irmandada).

Aprendemos a convivir co desprezo dos que non nos importan porque non lles importan os demáis e estamos e estamos orgullosos diso.

Somos indios nunha película de vaqueiros, somos aqueles con pintas e pinturas, os dos pelos raros, os que amamos a nai terra … Somos ingobernables, imposibels de domar … Salvaxes contra as adversidades, a inxustiza e o desprezo … Nós son todas as tribos: Cheienne, Lakota, Apache, Arapaxo, Seminole, Cherokee, Sioux, Comanche … Todos somos tribos diferentes, mais estamos unidos pola mesma loita. Esta loita que nos converte nunha soa voz contra o fascismo en tódalas súas formas. Non só alzamos a voz contra o fascismo dos “bigotes”, das mans erguidas e ríxidas, ese fascismo que usaba cámaras de gas, campos de concentración ou exterminios de todo tipo … erguemos a voz contra o fascismo que se agocha, ese fascismo que se disfraza de “lobo con roupa de ovella”, ese fascismo que asoma o pezuño baixo a porta de cada un dos nosos fogares. Ese fascismo no que unha muller nega que exista violencia machista mentres proclama que a violencia non ten xénero. Ese fascismo no que vemos a unha persoa que ten a pel negra berrando que non hai racismo. Vemos que non se fala de IGUALDADE, desa igualdade necesaria para que sexamos CEIVES coma persoas. Só sendo iguais e ceives podemos ser igualmente ceives.

SOMOS A TRIBO DO ROCK. Nacemos comprometidos e comprometidos co ser humano, endexámais pasamos de moda. Hoxe pedímosche que medites ben. Moito está en xogo. Debemos facer caer a máscara do fascismo. Non se deixe enganar polas mensaxes fáciles que xeran desigualdade que reclaman privilexios.

SOMOS A TRIBO DA ROCK e hoxe queremos dicirlle, cremos necesario dicilo: hai que parar ao fascismo. É URXENTE PARAR O FASCISMO en tódalas súas formas. A nosa tribo vai poñer as súas guitarras e voces pra berralo alto e claro. Se escoitas o que cantamos, se estás de acordo coa nosa mensaxe, pedímosche que fagas o mesmo. Demostra que unha canción non é só unha canción e TI, nós e nós sentirémonos mellor.

Se algo foi ROCK, dende que naceu, da súa semente no blues dos escravos, é ANTIFASCISTA.

GRAZAS POR LER iSTE MANIFESTO! GRAZAS POR COMPARTIR A NOSA MENSAXE!

NON AO FASCISMO !!

 

Fernando Madina. REINCIDENTES.                     Óscar Sancho. LUJURIA.

Máis de 1.300 bandas asinan o manifesto

Podes ollar a lista das bandas asinantes (que foi medrando) nesta publicación de Facebook:

PREME NA LIGAZÓN:

https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=2880281888958212&id=100009292885154

 

ROCK CONTRA O FASCISMO.

 

 

 

 

 

LOS BARONES.

https://www.facebook.com/LosBaronesRock

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MÁIS INFORMACIÓN

HELLPRESS.

Portada

https://www.publico.es/ 

 

MARISKALROCK.

Home