Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Estamos encantados de anunciar que Rock Arena terá unha nova edición. Será o 20 de xullo de 2024, coma sempre, en San Fulxencio (ALACANTE) Iste ano trocara a localización do couto, sendo o Campus Teatro Cardenal Belluga o que acollerá ista nova edición.

O comezo do festival será ás 17.00 horas e, coma as moreas de edicións no pasado, será con entrada ceive.

Deixámosvos o cartaz onde teremos OBÚS e O’Funk’illo coma cabeceiras do cartaz, desfechando con iste último un pouco do estilo do festival. Ankhara segue coa súa xeira de aniversario por Dueño del Tiempo e Opera Magna, que apresentarán o seu fulxinte disco Heroica.

Para rematar, Daeria volta con Alter debaixo do brazo, Dhaliax rematando a súa xeira coma ganhadores de Forjando Leyendas (concurso de bandas de Rock Legends) e Elizabeltz que terá o papel de desfechar o evento anual de San Fulxencio co seu novo disco Alabaren.

TRADUCIÓN AO GALEGO CEIVE DA MAN DE RUBEM NOVO.

FOTO CABECEIRA O´FUNKILLO DA MAN DO SEU FACEBOOK.