Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2d 

⏰   

 Estábalos desexando e aquí están! 

 Xa podes organizarte para desfrutar dos concertos do #Revenidas2023 ! 

 Ska-p oficial (@skapoficial)
 Anita Tijoux (@anatijoux)
 ZOO (@zooposse)
 Desakato (@desakatorock)
 Panteón Rococó ( @rococopix )
 La Élite ( @laelitepunk )
 Heredeiros da Crus (@hdcofisial)
 Fillas de Cassandra (@fillasdecassandra.mp3)
 Sara Hebe (@sara_hebe)
 Rodrigo Cuevas (@rodrigocuevasg)
 Dakidarria (@dakidarria)
 Los Chikos del Maíz (@los_chikos_del_maiz)
 Lamatumbá (@lamatumba)
 Kris K DJ (@kris_kdj )
 Tremenda Jauría (@tremendajauria)
 Zetak (@zetak_org)
 La Yaya DJ (@layaya_dj)
 Xose Lois Romero e Aliboria (@xoseloisromeroealiboria)
 Hydn (@iamhydn)
 La Regadera (@laregaderabanda)
 K1ZA (@k1za_oficial)
Sheila Patricia (@sheilapatriciamusica)
 Familia Caamagno (@familiacaamagno)
 Nativa (@nativa_oficial)
 Rebeliom do Inframundo (@rebeliomdoinframundo)
 Tropa do Carallo (@tropadocarallopunk)
 O Rabelo (@iarnaldhu)
 The Skarnivals (@theskarnivals)
 Uxía Lambona e a Banda Molona (@uxialambonaeaba.d)
 The Rapants (@the_rapants)
 Mondra (@mondra.gz)
 Arrhythmia (@osarrhythmia)
 Me Fritos And The Gimme Cheetos (@mefritosandthegimmecheetos

#Revenidas ➡️Do 7 ao 10 de setembro en Vilaxoán ☀️

#DeputacionDePontevedra #RíasBaixasFest #RíasBaixas #XuntaDeGalicia #Galicia #Xacobeo

@vilagarciaviva @deputacionpontevedra @turismoriasbaixas @turismogalicia_ @mahou_es @gadis.supermercados @deleitegalego @paco_lola @arehucasron @alma_atlantica @culturaxunta @enterticket.es

 

 

Cos abonos xa esgotados, o Revenidas reafirma o seu compromiso co territorio e as tradicións nunha edición que aposta polo talento galego, feminino e emerxente 

O festival, que este ano conta un orzamento que supera os 200.000 euros e xera 300 postos de traballo, confírmase como un elemento dinamizador da economía e do turismo

O Revenidas celebrarase en Vilaxoán do 7 ao 10 de setembro

Actuarán máis de 40 grupos, entre os que figuran nomes internacionais da talla de Panteón Rococó, Ana Tijoux o Sara Hebe, estatais como Ska-P, Zoo, Desakato ou Rodrigo Cuevas, e galegos como Dakidarría, Heredeiros da Crus, Lamatumbá, The Rapants ou Fillas de Cassandra

 

 

O festival Revenidas presentou hoxe oficialmente a que posiblemente vaia ser a edición máis exitosa da súa historia. “Non só porque os 6.500 abonos que se puxeron á venda estean esgotados dende un mes antes do inicio do festival”, subliñou o seu organizador, Xoán Quintáns, senón por “xerar unha importante colaboración entre o sector público e privado” e por ser quen de “crecer sostiblemente sen perder a súa identidade nin o apego ás súas raíces”.

Quintáns asegurou que “despois de 20 anos pódese dicir que o Revenidas é unha iniciativa consolidada”. E baseou o seu argumento en datos como que na edición de 2003 o festival contou cun orzamento de 6.000 euros en tanto que o deste ano supera os 200.000. Ao tempo, tamén lembrou que o festival xera 300 postos de traballo, na súa meirande parte de persoas de Vilaxoán e da súa contorna.

Para o responsable do festival, a edición que comeza o xoves 7 de setembro “é moi Revenidas”, no sentido de que representa e é fiel ás liñas que o evento veu mantendo dende os seus inicios. “Cunha programación para todos os públicos, cunha xornada -a do domingo- de portas abertas, cunha interesante oferta de actividades paralelas e cun cartel de artistas que aposta polo talento galego, feminino e emerxente”.

OFERTA DESESTACIONALIZADORA

No transcurso da presentación, celebrada hoxe no centro sociocultural de Vilaxoán, o alcalde de Vilagarcía destacou a aportación do Revenidas como “evento musical de referencia” da cidade e subliñou que o feito de que non se celebre en xullo nin en agosto, senón en setembro contribúe “a desestacionalizar e alongar o verán”.

Para Varela “poucos festivais, por non dicir ningún, ten tanto sentido, tanta identidade propia e tanto vínculo co seu territorio”.

OS FESTIVAIS COMO RECURSO TURÍSTICOS

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, puxo de manifesto a importancia que ten “este tipo de oferta complementaria que supoñen festivais como o Revenidas” á hora de atraer visitantes a Galicia. Merelles lembrou que as 179 actividades culturais programadas ou apoiadas pola Xunta en 2022 congregaron a un millón de persoas. “E este ano cremos que imos a acadar un cifra parecida”, sinalou o director, quen rematou dicindo que “é por iso que dende Turismo de Galicia seguiremos apostando polos festivais musicais como recurso turístico”.

En termos semellantes manifestouse a deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro. “Ano tras ano estamos a comprobar a capacidade de festivais como o Revenidas para fomentar o desenvolvemento económico das súas áreas de influencia e para atraer a xentes que se achegan dende toda Galicia e dende o resto do estado”. É por iso, engadiu, que “o turismo de festivais é tan importante”.

SINERXIAS COMPARTIDAS

O director da Agadic, Jacobo Sutil, destacou a importancia que están a acadar os festivais de música “non só polas repercusións que xeran no sector cultural” senón tamén polas sinerxias que comparten con outros sectores fundamentais para a economía galega, como a hostalería ou o turismo. Jacobo Sutil enfatizou a importancia de que no fomento e patrocinio deste tipo de eventos conflúan a iniciativa pública e a privada. “Compráceme ver que os valores que transmite a cultura son valores que as empresas privadas queren asociar tamén ás súas marcas”.

Neste sentido, o representante dunha das empresas privadas que patrocinan o Revenidas, Jesús Manuel Sanz, field marketing de Mahou, baseouse en que “os encontros entre persoas son esenciais para vivir mellor”. É por iso e con ese obxectivo, engadiu, que “para nós é fundamental traballar con eventos nos que está presente a música e a gastronomía”.

O FESTIVAL

O Revenidas comezará o xoves 7 de setembro coa presenza de dous dos grandes nomes de referencia da nova escena latinoamericana como son Panteón Rococó e Ana Tijoux, xunto a Desakato (que ofrecerán en Vilaxoán o seu derradeiro concerto antes de despedirse como banda o 11 de novembro), a combativa activista feminista arxentina Sara Hebe, a gañadora do concurso Sonidos Mans HYDN, o festivo colectivo madrileño  de cumbia-punk, rap e electrónica Tremenda Jauría, The Skarnivals, Arrythmia e A Duendeneta.

A segunda xornada do festival, a do venres 8, reunirá aos valencianos Zoo, a gran revelación da música galega deste 2023, Fillas de Cassandra, aos tamén valencianos e igual de comprometidos Los Chikos del Maíz, o principal expoñente da música electrónica en euskera, Zetak; o novo grupo de Evaristo Calvo, Tropa do Carallo; Sheila Patricia, La Regadera, Rebeliom do Inframundo e A Duendeneta.

O sábado 9 de setembro o Revenidas recibe a Ska-P, que ofrecerán en Vilaxoán o seu único concerto en Galicia deste ano. Ese mesmo día terá lugar o concerto especial do XX Aniversario de Dakidarría, con feixe de artistas convidados e que será gravado para se converter no primeiro disco en directo da banda do Val Miñor. Completan o cartel do sábado o músico asturiano Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus, La Élite Lamatumbá, Nativa, Kiza, O Rabelo, Familia Caamagno, Mondra, The Rapants, Kris K Dj, Me Fritos and the Gimme Cheetos e A Duendeneta.

A xornada do domingo 10, na que se celebrará a tradicional sardiñada popular e a Gala de Circo Solidaria contará no musical coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, La Yaya Dj e Xosé Lois Romero e Aliboria, que serán os encargados de pechar o Revenidas 2023.

A programación do Revenidas complétase cunha serie de actividades paralelas. A primeira delas é o roteiro Redescubre Vilaxoán, guiado por Xurxo Souto, que partirá ás 17 horas do xoves 7 de setembro. Os concertos a bordo -pequenos recitais en formato acústico e para un aforo máximo de 12 persoas que se ofrecen a bordo dun barco do xeito- terán lugar o sábado 9 (Zeltia Irevire, Sheila Patricia e Antía Ameixeiras) e o domingo 10 (MJ Pérez, Su Garrido e Tanxugueiras).

O prezo das entradas para os concertos a bordo é de 30 € (+ gastos de xestión) e inclúe tamén unha degustación de produtos galegos durante a travesía.

A venda de entradas para os concertos a bordo e a inscrición para roteiro con Xurxo Souto estarán activas dende as 12.00 horas do venres 1 de setembro.

A tradicional sardiñada popular, que foi a que deu orixe ao festival, celebrarase o domingo 10 de setembro a partir das 13.30 h.

ENTRADAS

O elevado ritmo de vendas desta edición do Revenidas provocou que a falta dun mes para a celebración do festival xa estiveran esgotados tanto os abonos como as entradas para o sábado.

Quedan disponibles entradas para o xoves a un prezo de 30 euros (+gastos de xestión) e para o venres, a 35 euros (+gastos de xestión).

Todas as actuacións da xornada do domingo son de balde e con entrada libre.

Peter Punk, Uxía Molona e Mago Paco, entre os participantes da Gala Solidaria de Circo do Revenidas 

A gala celebrarase o domingo 10 de setembro a partir das 17.30 horas.
A entrada é de balde

Tamén actuarán Simplemente Enrico, Asacocirco e o clown catalán Nono

 

 

Non se entende o festival Revenidas sen a celebración da Gala Solidaria de Circo. A deste ano terá lugar o domingo 10 de setembro a partir das 17.30 horas, xusto despois da tradicional sardiñada popular. E, coma sempre, a entrada é de balde

A Gala acollerá unha festiva sucesión de espectáculos de maxia, clown, música e circo protagonizados por varios dos nomes máis destacados da escena galega e catalá dos espectáculos de rúa.

É o caso, por exemplo, de Peter Punk. Todo un clásico desta gala ata o punto de que no 2022 celebrou nela os seus 20 anos en escena. Nesta ocasión retornará a Vilaxoán para presentar un renovado espectáculo para todos os públicos cun humor traste, fresco e irreverente.

Tamén estará na gala o Mago Paco, un dos poucos especializados na categoría de maxia infantil. Os seus espectáculos caracterízanse por unha mestura de varias artes escénicas coa maxia, suma que lle achega dinamismo e fantasía encima do escenario. Ademais, en todos eles priman a fantasía e as gargalladas, e sobre todo a participación do público.

Dende Cataluña chegará Nono, un clown con máis de 15 anos de traxectoria, que presentará un espectáculo de malabares e manipulación que fará viaxar ao público polo seu mundo de fantasía. Un mundo no que tentará mostrar os seus mellores trucos de malabares aínda que os problemas aparezan en cada esquina. Pero el é quen de acabar resolvéndoos con moito humor.

Outras das presenzas destacadas da Gala é a de Asacocirco. A compañía que fundaron e dirixen Miriam Crespo e João Alvim transformará o recinto do Revenidas nunha pista de circo, onde a risa, o risco, a diversión e a espectacularidade están garantidas. Todo con poucas palabras, moita interacción co publico e un final moi arriscado!

O circo, o humor e a maxia mestúranse tamén na proposta que presentará Simplemente Enrico, co seu espectáculo Heinrich, aprendiz de mago, no que relata as aventuras e desventuras deste ilusionista ao que case nunca lle saen os trucos ou se lle nota a trampa pero que, ao tempo, é capaz de facer sorprendentes números de malabares, equilibrios e funambulismo.

Da parte musical da Gala farase cargo Uxía Lambona, especialista en recoller os clásicos da música popular galegas e darlles o seu toque particular, tinguíndoos de ska, reggae, klezmer ou rock. Desde A Carolina rapeada ata O Jato rockeiro, pasando por outros moitos temas tradicionais e algún que outro propio. O conxunto conforma un espectáculo moi dinámico, no que non só os nenos, senón todo tipo de públicos acaban sendo do seu “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa.

Comunicación: info@ditoefeito.es | 655 824 283