Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

É hora de votar na nosa enquisa de bandas! Queremos saber as bandas que estades a desexar ollar na vindeira edición de Resurrection Fest Éstrella Galicia.

Lede ben as regras pra que o voso voto conte (baixo istas linhas) e non vos esquezades de compartir o cartaz auto-xerado.

 

Normativa:

– Só se poderá votar unha vez, así que pensa ben as túas bandas favoritas antes de votar.

– Poderase votar coma máximo a 15 bandas internacionais, 10 bandas españolas e 5 cabezas de cartaz. Non é necesario votar un mínimo en cada unha, só 1 cabeza de cartaz.

– As bandas que se repitan, independentemente de se repitan en diferentes seccións, contarán coma unha soa na categoría máis alta. Estarás a perderes a oportunidade de votar por outras, así que non o fagas.

– A enquisa non é de carácter vinculante. A(s) banda(s) máis votada(s) non ten por que vir, xa que hai mil razoes fose do noso alcance e non o garantimos, mais os resultados si terán moitísima importancia á hora de contratar bandas pra o cartaz do ano que vén. Faremos todo o posibel.

– O criterio pra saber se unha banda é «cabeza de cartel» ou só «internacional» é subxectivo, é dicir, non hai unha regra establecida. Só as separamos pra que tamén nos/nos digades outro tipo de bandas que non só sexan «as grandes».

– Escribe ben o teu correo pra que che chegue un E-mail co cartaz xerado e así compartilo entre os teus amigos.

– Se tuiteas os teus votos ao rematar ou se os compartes en Facebook e Instagram (aparecerán uns botóns pra facelo no E-mail) estarémoste moi agradecidos. E por suposto, ¡séguenos!

TRADUCCIÓN AO GALEGO CEIVE POR RUBEM NOVO.

VOTA/VOTE:

 

ENCUESTA DE BANDAS RFEG 2024

 

¡Ollamonos no 2024! SEE YOU IN 2024!

#ResurrectionFest

 

Tódala información en www.resurrectionfest.es

Foto cabeceira da man de  www.resurrectionfest.es