Xa é oficial! Estes son os relatos gañadores do noso certame de fantasía en galego, actividade literaria que repite por segundo ano consecutivo dentro do Curtas (Festival Internacional de Cine e Banda deseñada de Vilagarcía de Arousa). Parabéns a esta xente valente e fantasiosa por resultar gañadora e, sobre todo, por axudar a visibilizar a literatura fantástica en galego. Aínda queda o verán por diante, pero o Curtas está cada vez máis preto 😉
Curtas, Festival de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa
Presentámosvos os gañadores do concurso de contos de fantasía en galego “Seres máxicos de Galicia e onde atopalos” elixidos polo xurado composto por Maite Mosconi, Tomás Rivera e Ramiro Torres.
– ‘A castiñeira que tocaba romances’ – Paula Cascallar Latorre
– ‘A pastoriña’ – Miriam Beizana Vigo
– ‘Deus vivo come’ – Marcos López Concepción
– ‘Morrín ao darte a luz’ – Sandra Fernández Cardalda
– ‘Quen a marea trouxo’ – Ana Vigo
– ‘O tardo do monte Xiabre’ – Nina Mariño
– ‘Trocamelindres e formiga, unha historia en rima’ – Bruno Álvarez Suárez
– ‘Non metas os pés no río’ – Silvia Paz
– ‘Raizame’ – Ilda Luaces
– ‘O Vákner de Zacande’ – Alberte Momán
Noraboa a todos! Agardámosvos en Outubro!