Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

VERBAS DE MANUEL MONGE.

Vexo que moitos medios de comunicación están a publicar información sobre as relacións de Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado.
Medios de Portugal e Brasil pedíronme información sobre o tema.
Por outra parte, Feijóo declara que é un tema “cansino”, que xa deu explicacións. Tamén declaraba que non perdeu nin un voto con esas relacións con Marcial Dorado.
Como eu non estou cansado, anticipo que esta información, que axunto, pode ser difundida sen ningún problema e está recollida no meu último libro: FEIJÓO. BIOGRAFÍA DUN FARSANTE (NON AUTORIZADA) de Edicións Laiovento (xuño 2023).
Como sabedes, este libro ten 313 páxina, 40 capítulos, con 167 apartados, axunto o índice, e leva 363 referencias a pé de páxina co nome da persoa autora da información e medio na que se publica. É, realmente, un libro colectivo e por iso está dedicado “A todas as compañeiras e compañeiros dos medios de comunicación que co seu traballo diario son coautores deste libro”.
INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE DAS ESCRITAS DE MANUEL MONGE.
Axunto o capítulo 4 e 5. O 4 está dedicado a Amizades perigosas de Feijóo, entre elas Marcial Dorado, Ignacio Sánchez Galán, presidente de Iberdrola, e Josefina Fernández, Directora Executiva de DomusVi, grupo de residencias para maiores. O capítulo 5 sobre o financiamento ilegal do PP, as doazóns de contrabandistas e narcotraficantes, empresas que financian o PP galego, a época de Feijóo na COTOP, a trama Gürtel en Galiza, Feijóo e o finaciamento ilegal do PP de Galiza etc.
Axunto tamén dous capítulos do meu libro O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO. SETE ANOS EN NEGRO (Edicións Laiovento, xuño 2016): o patrimonio de Marcial Dorado, Colaborador do CNI?

O PERVERSO GOBERNO DE FEIJOO. SETE ANOS EN NEGRO

 

Libro de Manuel Monge. Edicións Laiovento, xuño de 2016

 

1.5. O patrimonio de Marcial Dorado

 

O patrimonio inmobiliario que a Axencia Tributaria logrou identificar e embargar preventivamente en España a Dorado, segundo recollía unha reportaxe de Julio Á. Fariñas en La Voz de Galicia de 6 de abril de 2013, está taxado en máis de 20 millóns de euros e en máis de 8 millóns o patrimonio intervido en Portugal:

 

Na provincia de Málaga localízanse cinco locais comerciais, un párking de cinco plantas, un ático de 530 metros cadrados e un piso de 70 metros. Na ría de Arousa está embargado un ático de 211 metros cadrados, un párking de catro plantas, unha casa de 600 metros, un piso en Carril, un chalé en O Lagartiño. Na Illa de Arousa unha vivenda unifamiliar de 280 metros cadrados e 150 rústicas, a maioría edificábeis. En Pontevedra ten un piso de 125 metros e 10 locais comerciais. Dous pisos en Santiago, cinco fincas rústicas en Caldas de Reis e unha finca de 50 hectáreas en Ávila. En Portugal ten a Quinta do Feital en Caminha, de 153.000 metros cadrados, e a Quinta Dourado en Melgaço, de 25.000 metros cadrados.

Están confiscados numerosos vehículos, propiedade de Dorado e colaboradores, entre eles sete Audi e dúas embarcacións. En bancos suízos están bloqueadas contas por importe de 1,8 millóns de euros; 1,5 millóns de euros en contas localizadas nas Bahamas e 300.000 euros en Portugal.

 

Na Illa de Arousa, Dorado é propietario de 175.000 metros cadrados, é dicir, a cuarta parte do solo non edificado dese concello, que aparecen rexistrados a nome de familiares ou de empresas controladas por Dorado. Ten propiedades en Caldas de Reis, Catoira, Baiona, Vilagarcía; concesións administrativas de abastecemento de combustible nos portos de Cambados, O Grove e Illa de Arousa, segundo publicaba o citado xornalista en La Voz de Galicia de 21 de abril de 2013. E Feijóo non sabía nada.

Despois da súa detención como narcotraficante en 2003, Dorado tiña pendente un xuízo por branqueo de 20 millóns de euros. Están acusadas 16 persoas, entre elas tres fillos de Dorado, a súa actual muller, un tenente coronel da Garda Civil, Juan Miguel Castañeda Becerra, que até xullo de 2009 era o responsábel da Comandancia de Guadalaxara, e os avogados con despacho en Madrid, Félix Pancorbo Negueruela e Rosa María Stampa Rodríguez.

 

Unhas reportaxes de Julio Á. Fariñas recollían o proceso seguido por Dorado para o branqueo de diñeiro, procedente das súas actividades ilegais, que era explicado no escrito de acusación da Fiscalía Antidroga da Audiencia Nacional. Tratábase dunha complexa trama de sociedades que ten o epicentro en Suíza e ramificacións nos paraísos fiscais de Illas Virxes, Bahamas, Belice e Panamá. Entre 1994 e 2003, Dorado tivo abertas 47 contas en sete bancos suízos. Eses cartos, que estaban en sociedades radicadas en Suíza, eran repatriados a Programallo, creada en 1988 e que, actualmente, ten o domicilio social en Málaga. Así, entre xuño de 1998 e xaneiro de 2000, Programallo recibiu cinco préstamos por importe de 10,1 millóns de euros e outros 16,5 millóns de euros entre 2001 e 2003. O diñeiro que chegaba de Suíza era investido en negocios inmobiliarios e outras empresas, algunhas relacionadas co viño e o aceite. (La Voz de Galicia, 19 e 20 de abril de 2013).

 

 

1.6. Marcial Dorado, colaborador do CNI?

 

Está por investigar a colaboración de Marcial Dorado co Centro Nacional de Intelixencia (CNI). O exgarda civil José Manuel Sánchez Zabala, unha das principais testemuñas de cargo no xuízo contra Dorado, denunciaba perante Fiscalía Anticorrupción o 5 de novembro de 2007 que o narcotraficante foi utilizado polo CNI para introducir espías en Marrocos. Segundo denunciou Sánchez Zabala, «todo el objetivo de la operación no fue otro que utilizar el poder económico de D. Marcial Dorado para comprar una empresa estratégica en Marruecos. Cuando Dezcallar fue elegido por Aznar para dirigir el CNI, la empresa de Marcial Dorado fue ofertada como cobertura para la actuación de los servicios de inteligencia que operaban en Marruecos en plena crisis diplomática». A empresa que Dorado instalou en Marrocos dedicábase á produción de aceite, baixo o nome de Oil-Maroc S.A. Segundo esa denuncia, «el propio embajador de España en Rabat (Sr. Dezcállar) facilitó a través de sus consejeros la compra de dicha empresa para Dorado».

 

O exgarda civil manifestaba que sempre actuou baixo as ordes dos seus superiores e que estes coñecían a súas relacións con Dorado. Algúns altos mandos da Garda Civil incluíran a familiares no accionariado das empresas de Dorado en Marrocos: «prueba de que la adquisición de la empresa estratégica se llevó a cabo con éxito son los numerosos documentos mercantiles registrados en los que figuran como accionistas Marcial Dorado y María del Pilar López López, cónyuge del superior del denunciante (jefe de equipo de Policía Judicial)[1].

 

Ante a demanda de información por parte da oposición sobre as concesións e contratos das empresas de Marcial Dorado coa Xunta, Feijóo daba unha información insuficiente e manipulada. A Xunta manifestaba o 19 de novembro de 2013 que non podía entregar parte deses contratos porque se destruíron cinco expedientes sobre axudas a Xatevín S.L., Efectos Navales Arousa S.L., Mitulo e Inmobiliaria Marli, empresas vinculadas á familia de Dorado. A explicación que deron desde a Consellaría de Traballo foi que eses expedientes, que comprendían desde 1990 a 2001, estaban en mal estado polas inundacións que se produciron no Centro Integrado de FP de Coia (Vigo) onde estaban custodiados por falta de espazo no arquivo da delegación provincial. Entre os expedientes destruídos estaba a renovación dunha batea da empresa Mitulo S.A., propiedade do narcotraficante. Podemos estar perante un trato de favor a Dorado porque, a pesar de que a petición foi realizada fóra de prazo, a Consellaría de Pesca explicaba en 1999 que o interesado non puido renovar o permiso por un «despiste administrativo».

                                                                     eldiario.es, 5-5-2013.

 

FEIJÓO. BIOGRAFÍA DUN FARSANTE (NON AUTORIZADA)

Libro de Manuel Monge. Edicións Laiovento, xuño 2023

  1. AMIZADES PEERIGOSAS

Poderiamos falar das numerosas “amizades perigosas” de Feijoo, pero me limitarei a tres pola súa relevancia nos medios de comunicación.

4.1. As relacións de Feijoo con Marcial Dorado  

Alberto Núñez Feijoo coñeceu ao narcotraficante Marcial Dorado Baúlde a través do seu amigo Manuel Cruz, que era home de palla do contrabandista. El País de 31 de marzo de 2013 publicaba unhas fotos de Feijoo con Marcial Dorado e nalgunhas aparecían navegando en 1995 no iate Oratus (foi intervido anos máis tarde nunha operación contra o branqueo de diñeiro), propiedade de Dorado. Yolanda Díaz, daquela deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), denunciaba que Manuel Cruz era Guerrilleiro de Cristo Rei, dedicábase ao narcotráfico, levaba pistola e, entre outras cousas, dedicábase en Ferrol na ditadura a dar malleiras aos demócratas. Mais Feijoo non sabía nada.

O presidente da Xunta semella tiña unha estreita relación con Dorado xa que, ademais de acompañalo no seu barco pola ría de Arousa, visitou as súas mansións durante anos e facían viaxes xuntos a Picos de Europa (desta viaxe só lembraba que “había nieve”), Ibiza, Tenerife e Cascais, como o presidente da Xunta recoñeceu. Feijoo tiña, daquela, 34 anos e era secretario xeral da consellería de Sanidade, que ocupaba Xosé Manuel Romay Beccaria. O presidente da Xunta explicou que todo se reducía a unha cuestión de “torpeza” e “ingenuidad” e que a publicación desas fotos eran “un intento de amedrentarme”. Quen ameaza a Feijoo?

Para eludir responsabilidades e xustificar a súa actuación, Feijoo chegou a comparar esas fotos coas que se fai na rúa: “No creo tener amistades peligrosas, pero me he hecho miles de fotos con desconocidos, en la calle, en los restaurantes, y no sé el currículo de todos”. Feijoo aseguraba que rompera as relacións con Dorado en 1997, pero pinchazos telefónicos da policía revelaban que seguiron en contacto entre 2001 e 2002. Manuel Cruz implicouse en empresas de Dorado como Petrogalicia e Xatevín, dirixindo as gasolineiras que aquel tiña en Caldas de Reis e no porto deportivo de A Illa. Morreu nun accidente en 1999.

Manuel Cruz era coñecido na década dos 70 como CruzGamada, pola súa ideoloxía fascista. Xunto con outros mozos franquistas de Ferrol organizaron un grupo dos chamados Guerrilleros de Cristo Rey, que se dedicaba, entre outras cousas, a agredir a demócratas, sindicalistas, curas progresistas e estudantes. Eran coñecidos como “los cadeneros” porque utilizaban cadeas de bicicleta como arma para realizar as súas agresións. Tamén militaba neste grupo Arsenio Fernández de Mesa, alias Cuco, alias El Estirao*.

* Anibal Malvar. Público, 12-4-2015.

Manuel Cruz acabou de chofer na consellería de Sanidade de José Manuel Romay Beccaria, cando Fraga gaña as eleccións autonómicas, e despois foi chofer de Alberto Núñez Feijoo, número dous desa Consellaría. Foi precisamente Manuel Cruz quen presentou ao narcotraficante Manuel Dorado a Feijoo en 1994.

O franquista Arsenio Fernández de Mesa foi Delegado do Goberno en Galiza desde maio de 2000 a 2004. Cando se produce a catástrofe do Prestige realiza unha serie de lamentábeis declaracións, que pasarán á historia: “Probablemente el fuel no toque la costa gallega” (14 de novembro de 2002); “El destino del fuel en el fondo del mar es convertirse en adoquín” (19 de novembro); “Hay una cifra clara, y es que la cantidad que se ha vertido no se sabe” (21 de noviembre de 2002). Declaraba como imputado ante o xuíz de Corcubión, e a sentencia final da Audiencia Provincial da Coruña sobre o Prestige dedicáballe algúns parágrafos: “Desempeñó una tarea de coordinación difusa y confusa, tanto en la constitución de un organismo que rigiese las operaciones como en la facilitación de estructuras burocráticas y de atención a personas que pudieran informar a las autoridades”.

A pesar da súa incompetencia probada, foi nomeado Director Xeral da Garda Civil (2011-1016) polo presidente Rajoy. E como pago aos servizos prestados ao PP, en febreiro de 2017 era nomeado conselleiro da Red Eléctrica de España (REE). Unha designación tan escandalosa que era cualificada por Albert Rivera, presidente de Ciudadanos, como “un dedazo en toda regla”.

4.1.1. De contrabandista a narcotraficante

Marcial Dorado foi detido e procesado por contrabando de tabaco en 1983. A causa foi arquivada cando chegou á Audiencia Nacional porque prescribira. En xuño de 1990 foi detido na operación Nécora, impulsada polo xuíz Garzón, pasando varios meses en prisión. Quedou en liberdade, entre outras razóns, por deficiencias na tramitación do sumario. Era detido na súa mansión de A Illa de Arousa en outubro de 1992 como presunto propietario de 10.000 caixas de tabaco de contrabando, valoradas en 1.100 millóns de pesetas. Condenado por suborno en decembro de 2005 a tres anos de cárcere e 60.000 euros de multa, por delitos realizados entre maio de 1997 e xullo de 1998 (a pena foi rebaixada a seis meses polo Tribunal Supremo). En outubro de 2003 foi detido en relación cun cargamento de 6 toneladas de cocaína confiscadas no South Sea e condenado en novembro de 2009 a dez anos de cárcere (cumpre outros catro anos máis por subornar a tres gardas civís en 1998) e 70 millóns de euros de multa. Durante vinte anos o nome de Marcial Dorado aparecía en numerosas ocasións nos medios de comunicación, relacionado con actividades ilegais. Mais Feijoo non sabía nada. Semella que os únicos en Galiza que non sabían quen era Marcial Dorado foron Feijoo e Romay Beccaría que, como titor político do presidente da Xunta, saíu na súa defensa, dicindo que el tampouco sabía nada dese narcotraficante.

Naqueles anos miles de persoas participaban nas manifestacións que convocaban Érguete, Esperta Cambados e outras entidades, reclamando o fin da impunidade dos narcotraficantes e que se acabase coa morte de moitas persoas (máis de 1.000 ao ano en 1995) vítimas da droga. Mais Feijoo non sabía nada.

Estamos ante algo máis que “simplemente unhas fotos”, como dicía Feijoo. O tema de fondo é a estreita relación que mantiveron durante anos moitos contrabandistas e narcotraficantes con altos cargos do goberno, co partido de Fraga e a súa contribución ao financiamento ilegal do PP.

O xornalista Perfecto Conde (publicou numerosas reportaxes sobre o contrabando e o narcotráfico, e o libro La conexión gallega, del tabaco a la cocaína) facía estas declaracións sobre as fotos de Feijóo con Marcial Dorado e o financiamento ilegal do PP**:

Me resulta difícil creer que un personaje como éste, que ocupaba cargos importantes, no leyese periódicos y revistas en los años noventa. Indudablemente, lo hacía. Tenía que estar al tanto de su vida, porque era conocida por todos. Esto parece una mala novela de misterio. Y si está siendo sincero, todavía peor, porque evidenciaría la ignorancia supina impropia de un gobernante. En todo caso, Feijóo no es un precisamente un hombre que se relacione con los obreros de la Bazán, sino más bien un señorito… que confunde Andorra con Picos de Europa.

Marcial Dorado tuvo una juventud pobre y difícil. Trabajó muchos años como piloto en un barco de pasajeros, propiedad de una familia de A Illa, antes de empezar en el negocio del tabaco de la mano de Terito (Vicente Otero), un hombre ligado directamente con la AP de Fraga. Llegó a haber una famosa reunión de capos en el Parador de Cambados en la que se discutieron las aportaciones que había que dar para la campaña de Alianza Popular. Incluso hubo un disparo, pero uno de los presentes apartó el brazo del que portaba la pistola a tiempo, dirigió el arma hacia el suelo y alguien terminó con un pie perforado.

** Público, 3-4-2013.

Feijoo esixía a dimisión de Anxo Quintana nas eleccións ao parlamento Galego de 2009 pola publicación dunha foto do Vicepresidente da Xunta no barco do empresario Jacinto Rey. Foto tomada un ano antes de que Quintana chegase á Xunta e catro anos antes de adxudicarse o concurso eólico. Feijoo declarara, daquela, que “un goberno debe coidarse das malas compañías”. Coñecemos tamén despois unha foto de Mariano Rajoy (tomada o 19 de maio de 2009, dous días antes de iniciarse a campaña das eleccións europeas) no pesqueiro Moropa, propiedade dun narcotraficante da familia de “Os Caneo”. E non pasou nada. Anxo Quintana, moi indignado coas comparacións con Feijoo, declaraba na SER: “Se isto me pasase a min non tería que dimitir; unha parella da Garda Civil iríame buscar a casa”.

No marco da operación South Sea contra o narcotráfico, e por orde do xuíz José Antonio Vázquez Taín, no período 2001-2003 (Feijoo era Director da entidade pública estatal Correos e Telégrafos), foron gravadas conversas telefónicas entre Dorado e Feijoo; este mentiu cando dixo que cortara a súa relación co narcotraficante en 1997. Preguntado ese xuíz sobre as declaracións nas que Feijoo dicía que descoñecía as actividades delituosas de Marcial Dorado, respondeu: “Je, je, je, je”.

4.1.2.Os contratos de Marcial Dorado coa Xunta

Ante a demanda de información por parte da oposición sobre as concesións e contratos das empresas de Marcial Dorado coa Xunta, Feijoo daba unha información insuficiente e manipulada. O 19 de novembro de 2013 a Xunta manifestaba que non podía entregar parte deses contratos porque se destruíron cinco expedientes sobre axudas a Xatevín S.L., Efectos Navales Arousa S.L., Mitulo e Inmobiliaria Marli, empresas vinculadas á familia de Dorado. A explicación que deron desde a consellaría de Traballo foi que eses expedientes, que abarcaban desde 1990 a 2001, estaban en  mal estado polas inundacións que se produciron no Centro Integrado de FP de Coia (Vigo) onde estaban custodiados por falta de espazo no arquivo da delegación provincial. Entre os expedientes destruídos estaba a renovación dunha batea da empresa Mitulo S.A., propiedade do narcotraficante. Podemos estar ante un trato de favor a Dorado porque a pesar de que a  petición foi realizada fóra de prazo, a Consellería de Pesca explicaba en 1999 que o interesado non puido renovar o permiso por un “despiste administrativo”.

Que opinaba a cidadanía da actuación de Feijoo? Segundo unha enquisa de Sondaxe*, o  55,8% consideraba insuficientes as explicacións de Feijoo sobre o caso Dorado e só un 28,7% consideraba suficientes esas explicacións.

* La Voz de Galicia, 5-5-2013.

Despois de coñecerse a súa relación con Marcial Dorado, Feijoo, que se autodefine como austero, adaíl da dignidade, conciencia crítica do PP, que nunca cala, debería haber dimitido se tivese un mínimo de dignidade, aplicando aquilo das malas compañías, e dar exemplo.

Francisco Jorquera, daquela portavoz do BNG no Parlamento Galego, manifestaba: “En calquera país cunha democracia minimamente asentada, as relacións do Presidente do Goberno cun capo da mafia do narcotráfico serían consideradas como un feito de extrema gravidade”. A dimisión de Feijoo era un imperativo ético, unha medida exemplarizante para frear o deterioro da política galega e rexenerar a democracia, mais non se produxo. Feijoo presumía desa relación con Marcial Dorado e manifestaba nunha entrevista con Gonzalo Cortizo**: “Que yo sepa, Marcial Dorado no me ha quitado ningún voto”.

** elDiario.es, 10-3-2020.

4.2. Aperta de Feijoo e Sánchez Galán, presidente de Iberdrola

O xornalista Fernando Varela* lembraba que en 2009, cando Feijoo gañaba por primeira vez as eleccións en Galiza, “Ignacio Sánchez Galán, presidente de Iberdrola, esperaba na praza do Obradoiro de Santiago para saudar a Feijoo e dá detalles da escena: “Fue un abrazo tan efusivo que muchos en Galicia siguen considerándolo un símbolo de lo que vino después: una gestión de los asuntos públicos con mucho, muchísimo espacio, para los intereses privados”.

* Infolibre, 26-2-2022.

Galán é enxeñeiro industrial pola Escola Técnica Superior de Enxeñería ICAI (Instituto Católico de Artes e Industrias) da Universidade Pontifica Comillas en Madrid. Presidente de Iberdrola desde 2005. En 2014 recibía o Premio Capitalismo Responsable, que outorgaba o Grupo First. En 2015 a súa remuneración era de 6,17 millóns de euros máis accións valoradas en 3,2 millóns de euros; considerado como o quinto executivo mellor pagado do Estado. A Xunta Xeral de Accionistas de Iberdrola de 2016 aprobaba o Informe anual sobre remuneracións dos conselleiros co apoio do 97,84% dos accionistas presentes.

Algúns dos problemas de Galán coa Xustiza eran recollidos así**:

La Audiencia Nacional, a través de la Fiscalía Anticorrupción, le imputa tres delitos el 23 de junio de 2021.

El magistrado [Manuel García Castellón] ha ordenado que José Ignacio Sánchez Galán, Francisco Martínez Córcoles, actual número dos de Iberdrola, Fernando Becker, ex consejero delegado de la eléctrica en España, y Rafael Orbegozo, jefe del Gabinete de Presidencia hasta 2017, declaren como imputados por delito continuado de cohecho activo, delito contra la intimidad de las personas y delito por falsedad en documento mercantil.

Con este auto​ el juez de la Audiencia Nacional da credibilidad al relato de José Antonio Del Olmo, el ex empleado de la compañía energética, que denunció en informes guardados ante notario la presunta trama de facturas falsas que utilizaba Iberdrola para enmascarar los pagos a Villarejo [comisario] como tapadera de una organización criminal que lavaba fondos públicos aprovechándose de los fondos reservados del Ministerio de Interior en la etapa de gobierno del Partido Popular.

Los servicios no se prestaron en los términos expresados en las facturas, sino que, por el contrario, para tratar de ocultar los trabajos realizados, se procedió a la manipulación de sus conceptos”, sostiene el magistrado, que hace hincapié en el rol de Castellana de Seguridad (Casesa) como clave para esta trama. Según el auto, y tal y como publicó este periódico, Iberdrola pasaba las facturas a Casesa, con justificaciones falsas, que después hacía transferencias a Cenyt.

Ni Iberdrola ni PwC, la auditora a la que la eléctrica encargó una investigación interna, descubrieron ningún indicio sobre estos trabajos “enmascarados”. Sobre todo porque Asuntos Internos localizó numerosos documentos en los domicilios de Villarejo y sus socios de Cenyt.

Según la investigación, fueron varios los encargos que desde Iberdrola se le hicieron a Villarejo, que los ejecutó a través de la sociedad Cenyt. Cronológicamente, el primero de ellos se dirigió a desactivar el movimiento social en contra de la instalación de una central de ciclo combinado en Arcos de la Frontera (Cádiz). Su denominación fue proyecto Arrow, se puso en marcha en 2004 y se extendió hasta 2006.

La voluntad de ocultación del encargo se refleja, según el juez, en que Iberdrola no hizo los pagos a Cenyt, sino a otra sociedad que luego transfería los fondos a Villarejo. Además, los conceptos de las facturas no correspondían a los servicios reales, según reconoció el imputado clave, el ex jefe de Seguridad de Iberdrola Antonio Asenjo.

Otra pieza fundamental de la causa es el ex directivo José Antonio del Olmo, que señaló a sus superiores las irregularidades de los pagos en ese y otros proyectos. Llegó a dejar constancia de ellas en una documentación depositada en una notaría y refrendada por dos testigos.

Según declaró al juez Del Olmo, el ex jefe de seguridad le explicó que Galán “había ordenado realizar unos trabajos especiales de vigilancia” y que sólo conocían, además de Galán, Becker y Córcoles.

Iberdrola hizo otros encargos a Villarejo. En el mismo año 2004 se activó el denominado proyecto Black Board o B-B, que según información incautada a Cenyt tenía por objeto fundamental conocer información sensible referida a actividades de Manuel Pizarro, por entonces presidente de la rival Endesa.

En 2009 siguieron dos encargos, llamados proyectos Gipsy y Posy. El primero consistía en investigar a dos directivos que se sospechaba que podían estar cobrando comisiones en la contratación de los servicios. El trabajo se extendió a investigar a los vínculos de uno de ellos con Florentino Pérez, presidente de la compañía ACS

El proyecto Posy se centró en investigar específicamente a Florentino Pérez, según el juez “a fin de conocer cualquier circunstancia que, llegado el caso, pudiera ser utilizada en un escenario de conflicto con Iberdrola”.

Finalmente, a finales de 2011 el encargo a Villarejo fue investigar a la sociedad suiza Eólica Dobrogea y su accionista mayoritario Chrisopher Kaap, con los que Iberdrola tenía negocios.

El 15 de noviembre de 2021, la Audiencia Nacional decidió la estimación parcial del recurso presentado por Iberdrola contra la decisión del magistrado Manuel García Castellón de archivar el caso contra Ignacio Galán, presidente de la compañía, por la denuncia del que fuera director de Funciones Corporativas de Iberdrola Antonio del Olmo, que acusaba a Galán de conocer los pagos a la empresa del ex comisario José Manuel Villarejo para que espiara a sus enemigos empresariales. La Audiencia restituye a Iberdrola su condición de perjudicada en el caso y le permite que acuda como acusación particular y deja claro en su escrito que el magistrado debe investigar la veracidad del documento presentado por Antonio Del Olmo en el juicio que implicaba a Galán. Iberdrola mantiene que se trata de una factura falsa que fue manipulada y creada por el ex directivo para acusar a Galán.

** Wikipedia. El Confidencial, 23-6-2021.

En xuño de 2022 o xuíz García Castellón arquivaba a causa contra Sánchez Galán por prescrición dos delitos, pero hai máis datos que poderían explicar a decisión deste xuíz. O xornalista Ignacio Escolar titulaba o seu artigo Quién es el juez Manuel García Castellón: tan duro contra Podemos como laxo con el PP***.

El juez que investiga la operación Kitchen y que se niega a imputar a Cospedal cobró durante 17 años en puestos nombrados por los Gobiernos de Aznar y de Rajoy.

Y luego se preguntarán por qué España es uno de los países de la UE donde los ciudadanos confían menos en la Justicia.

Martes y 13. Septiembre de 2022. El mismo día en que ocho vocales nombrados por el PP en el Consejo General del Poder Judicial se sitúan, de lleno, en la ilegalidad, el juez Manuel García Castellón deja otro ejemplo para explicar por qué la derecha pone tantos esfuerzos en controlar la Justicia a su favor. Este juez de la Audiencia Nacional se ha negado a imputar a María Dolores de Cospedal en el caso Kitchen. A pesar de los audios. A pesar de los numerosos indicios. A pesar del criterio de la Fiscalía Anticorrupción. Les resumo los datos, que hablan por sí solos.

El 18 de enero de 2013, El Mundo publicó la primera información sobre los papeles de Bárcenas: sobre esa contabilidad en negro con los sobresueldos del PP. Ese mismo día, María Dolores de Cospedal habló con el comisario Villarejo y le encargó que interviniera a favor del partido. “La libretita (de Bárcenas) sería mejor poderla parar”, le pidió Cospedal a Villarejo.

La “libretita” eran los famosos papeles de Barcenas: las pruebas de la caja B. Y quien encargaba al comisario que lo parase no solo era entonces la presidenta de Castilla-La Mancha. También era la número dos del PP.

Villarejo, como siempre hacía, grabó esa conversación. Un audio que no se ha conocido hasta hace muy poco: hasta este mes de mayo, cuando lo publicó El País. Es una grabación –como muchas otras– que, hasta ahora, no formaba parte del sumario judicial porque el Centro Criptológico Nacional (que depende del CNI) asegura que ha sido incapaz de descifrar las grabaciones de Villarejo al completo.

*** Ignacio Escolar. elDiario.es, 13-9-2022.

Vexamos un dos procedementos de Iberdrola, dirixida por Galán, para ter uns beneficios de 21,2 millóns de euros coa manipulación dos prezos eléctricos. A Fiscalía Especial contra a Corrupción e a Criminalidade propuña a apertura de xuízo oral contra Iberdrola Generación e catro dos ex directivos da compañía por provocar unha suba dos prezos eléctricos no mercado maiorista entre o 30 de novembro e o 23 de decembro de 2013, que ocasionou un prexuízo contra os consumidores máis de 107 millóns de euros, que explicaba así a Fiscalía****:

Con la finalidad de provocar una subida del precio de la energía eléctrica y perjudicar a los consumidores, ideó y puso en funcionamiento un sistema para incrementar el precio de la energía que vendía en el mercado mayorista diario. Para ello, “aumentó, sin causa legítima que los jutificara, el precio en las ofertas de energía eléctrica correspondiente a sus centrales hidráulicas de Duero, Sil y Tajo, a un nivel por encima del precio de mercado diario que impedía casar las operaciones”. Esta situación derivó en que esas plantas “dejaron de producir energía”. Pero como era necesario cubrir la demanda de electricidad entró en mercado la producción procedente de las centrales de ciclo combinado, de coste superior y en un rango de precios también más elevado, “situado entre los 80 y 90 euros por megavatio hora frente a la media de precios de la energía proveniente de las centrales hidráulicas, situado en 45 y 55”.

**** La Voz de Galicia, 28-6-2022.

Un auto de 11 de xullo de 2022 do xuíz Ismael Moreno, titular do Xulgado Central de Instrución nº 2,  acordaba abrir xuízo oral e a Fiscalía solicitaba para os catro directivos dous anos de prisión, con accesoria de inhabilitación especial para emprego ou cargo público na industria ou comercio relacionado coa xeración ou comercialización de enerxía eléctrica  e unha multa de 85 millóns de euros para Iberdrola Generación*****.

*****Nós Diario, 14-7-2022.

4.3. A Xunta premia a Josefina Fernández, conselleira delegada de DomusVi

Josefina Fernández Miguélez era a máxima responsábel da cadea de residencias DomusVi. Funcionaria de Facenda, pouco a pouco foi entrando a dirixir centros de maiores da man de Caixanova, logo Novacaixagalicia. O proceso comezou cando en 2009 o primeiro goberno do PP de Feijóo decide desfacerse das súas accións en Sogaserso (Sociedade Galega de Servizos Sociais), a sociedade creada polo bipartito PSdeG-BNG para a xestión de residencias para xente maior, entre outros puntos*.

Sogaserso estaba participada por CaixaNova e cando o executivo de Feijoo decidiu renunciar á súa participación do 45% dentro da sociedade, a antiga caixa de aforros, quedou co 100% deixando a xestión dos centros vinculados á empresa Geriatros. Neses momentos Fernández Miguélez dirixía un centro de maiores no concello de Cabanas.

Despois da fusión das caixas de aforros, en 2010 as caixas non participarían no concurso de asignación de residencias. Geriatros quedou con todo o paquete, con todo a Xunta declarou no seu momento que “as prazas seguirán tendo carácter público aínda que saia de Sogaserso”. Unha condición era que non houbese socios privados. Segundo a que era a conselleira de Benestar no momento, Beatriz Mato “non nos gusta un sistema privado onde a Xunta estea en minoría accionarial, para iso preferimos que as caixas asuman a xestión”. O prezo da adxudicación das residencias foi case de 30 millóns de euros.

“A conselleira delegada de DomusVi, Josefína Fernández, está moi vinculada ao PP” sinalan desde a Fundación ASFAREBA. “Dixo que está en residencias da man de Corina Porro, as dúas son dunha mesma xeración, son moi amigas”. A residencia de DomusVi en Barreiro, Vigo, “foi concesión municipal cando Porro era alcaldesa, que a concedeu a CaixaGalicia promovendo esta residencia en 2006”.

Tamén desde ASFAREBA apuntan que Fernández Miguélez, “comezou dirixindo unha residencia en Cabanas en Ferrol e agora está na sede central en Vigo. A asociación de Traballadoras de Residencias de Galicia, TReGa, sinalan que Fernández “é moi amiga de Feijóo” ademais de que baixo a súa dirección o nepotismo é unha práctica moi habitual.

* Moncho Mariño. Galicia Confidencial 12-3-2020.

DomusVi está controlada polo fondo de investimento Intermediate Capital Group (ICG) desde 2017, segundo publicaba Manuel Rico en Infolibre en xullo de 2020. A compra da maioría da empresa realizouse a través dun complexo sistema en rede que pasaba por Luxenburgo e terminaba na Illa de Jersey.

O Grupo informaba na memoria de 2019 que tiña 202 residencias e centros de día en toda España, con 22.527 traballadoras/es, que atendían a 36.577 persoas. Ten unha estreita relación cos poderes públicos e, como recollen os seus balances, en 2019 máis da metade das súas prazas (51,59%) dependían dalgún concerto coas administracións**.

Após a morte de máis de 1.700 persoas nos seus centros durante a pandemia, Josefina Fernández, conselleira delegada, manifestaba que o seu modelo de xestión permitiu “hacer frente a la pandemia en las mejores condiciones posibles” e que estaba “más orgullosa que nunca”. Até finais de setembro de 2020, 140 persoas perderon a vida por COVI-19 nalgunha das 37 residencias en Galiza.

Durante a pandemia a Xunta tivo que intervir centros de DomusVi, como os de Vigo, Cangas e Outeiro do Rei; nesta última houbo máis de 100 contaxios nun día en setembro de 2020. Na residencia de San Lázaro (Santiago) as familias denunciaba que perderon a vida unha de cada tres persoas usuarias e o persoal denunciaba ante a Xunta que a empresa non cumpría os ratios por usuario que esixían os pregos públicos.

** Gonzalo Cortizo. eldiario.es, 29-9-2020.

Con case 2.000 mortos nas súas residencias en toda España, Josefina Fernández comparecía no Parlamento Galego o 13 de novembro de 2020, facendo unha defensa da súa xestión ***. Alberto Pazos, deputado do PP, xustificaba esas mortes en DomusVI: atende a máis de 36.000 persoas en residencias e centros de día de toda España, “están máis expostos ao virus, a maior número de prazas, máis risco, é lóxico”. BNG e PSOE protestaban pola falta de resposta ás súas preguntas. Pablo Arangüena (PSOE) quería saber se Josefina Fernández tiña algunha titulación que a acredite para dirixir os coidados de decenas de miles de persoas en residencias para maiores de toda España.

Fernández cargaba contra o modelo público porque “traería caos, pérdida de recursos y consecuencias de alcance impredecible”, descargando toda a responsabilidade das mortes nos “graves errores de gestión de la Administración en la primera ola”, é dicir, o goberno de Pedro Sánchez. Non faltaron as loas ao presidente Feijoo: “No me avergüenza decir que Galicia lo hizo bien”.

Arangüena destacaba que en Galiza o 32% dos contaxios producíronse nas residencias de DomusVi, pero Fernández responsabilizaba ás familias: “Nos costó mucho que las familias entendieran que no podían entrar [en los centros], y es cierto que algunas familias no lo entendieron y ahí es donde hubo más contagios”. Olalla Rodil, deputada do BNG, subliñaba que, despois de Madrid, Galiza era quen máis aporta aos multimillonarios beneficios de DomusVi e, por outra parte, o 52% dos seus centros benefícianse do diñeiro público a través de concertos coas administracións, e acaba así: “Fai da vellez un negocio”.

*** Paola Obelleiro. eldiario.es, 13-11-2020.

Josefina Fernández, fundadora de DomusVi, recibía a Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Vigo en 2016, que entregaba Feijoo. E a finais de 2019 recibía o Premio Galicia Global  da Consellería de Economía pola expansión do grupo DomusVi por diferentes países, mercando residencias sobre todo en América Latina. O acto estivo presidido polo conselleiro Francisco Conde, actualmente Vicepresidente da Xunta, e Manuel Fernández Pellicer, presidente de Asociación Española de Directivos.

Josefina Fernández deixaba a empresa en abril de 2023,  despois de 23 anos de ocupar distintos cargos directivos e a presidencia institucional desde finais de 2021. Foi moi significada a súa oposición a que a Xunta fixese pública as persoas falecidas con coronavirus en cada unha das residencias da súa empresa.

 

  1. O FINANCIAMENTO ILEGAL DO PP

5.1. Doazóns de contrabandistas e narcotraficantes

A militancia en AP, despois PP, de significados contrabandistas e narcotraficantes era de dominico público, e así foi publicado nos medios de comunicación. Tamén coñecemos que as súas doazóns ao partido chegaron a 1.000 millóns de pesetas entre 1980 e 1990. Entre os contribuíntes estaban: José Ramón Barral “Nené” (alcalde de Ribadumia polo PP entre 1983 e 2001), Luis Falcón “Falconetti”, José M. Prado Bugallo “Sito Miñanco”, Manuel Lorenzo “Ferrazo”, Marcial Dorado, Manuel Carballo Jueguen, Manuel Nieto, José Luis Vilela, Vicente Otero “Terito” (significado militante do PP en Cambados), Alfredo Bea Gondar (alcalde de O Grove polo PP) ou Pablo Vioque (secretario da Cámara de Comercio de Vilagarcía). Todos eles reuníanse con frecuencia en Pontevedra con Mariano Rajoy que era, daquela, presidente provincial do PP*. Despois das detencións de Pablo Vioque, antigo líder do PP en Vilagarcía e preso por narcotráfico (faleceu en 2008), e “Nené” Barral entre maio e xuño de 2001, era unha evidencia a relación entre os negocios desas persoas, a corrupción política e o financiamento ilegal do PP. Mais Feijoo non sabía nada.

* Novas de Galiza, xaneiro de 2011.

Rafael Louzán, que chegou a presidir a Deputación de Pontevedra polo PP, entrou en política da man de “Nené” e ambos os dous tiñan intereses en varias empresas. Nené Barral e as súas tres fillas eran imputadas en xullo de 2013 por un suposto branqueo de diñeiro procedentes do contrabando e evasión fiscal. A Fiscalía solicitaba para eles un total de oito anos de prisión, un millón de euros de multa e o pago solidario dunha indemnización de 458.032 euros ao Estado. Parece ser que Barral puido desviar dous millóns de euros ás Illas Virxes, China e Chile. Ten pendente unha causa desde hai máis de vinte anos relacionada cun alixo de medio millón de paquetes de tabaco de contrabando, que descubriu a policía en contedores do porto de Vigo. Está acusado de asociación ilícita, contrabando, revelación de secretos por funcionario público e suborno. O xuízo estaba sinalado para o 15 de decembro de 2022 e a fiscalía solicitaba unha condena de dez anos e medio de prisión. Nené estaba moi ben relacionado e contaba como colaboradores con dous axentes da Garda Civil e tres de Vixiancia Aduaneira, que acabaron tamén imputados.

Na campaña para as eleccións do Parlamento Galego de 1990, cando Manuel Fraga chega á presidencia da Xunta, o PP entregaba un bono coa foto de Fraga ás persoas que facían unha doazón de diñeiro ilícito, como recibo da súa contribución. “Don Manuel” reuníase con eles no restaurante Rosita de Cambados e no Altamira de Vilagarcía, onde os contrabandistas recibían os bonos e despois o tesoureiro do PP, Rosendo Naseiro, pasaba a recoller o diñeiro das doazóns (nesa época saía á luz pública o chamado “Caso Naseiro” sobre financiamento ilegal do PP, que se iniciaba por un pinchazo telefónico da policía nunha operación de narcotráfico). Vicente Otero foi un dos máis eficaces e colocou bonos por un importe superior a trinta millóns de pesetas. Este contrabandista sería condecorado polo partido coa insignia de ouro e brillantes do PP, segundo publicaba Novas da Galiza. Terán algo que ver todos eses cartos cos ingresos procedentes de Galiza, que figuran nos papeis de Bárcenas? Mais Feijóo non sabía nada.

O narcotraficante Laureano Oubiña nunha entrevista no cárcere declaraba: “A finales de los años setenta, cuando pasamos a la democracia que dicen que vivimos, ayudé a financiar a Alianza Popular, del señor Fraga, y a UCD, del señor Suárez. E igual que yo lo hicieron muchos empresarios más que estábamos metidos en el contrabando de tabaco”**. Nin Fraga, nin o PP presentaron unha denuncia no xulgado por estas gravísimas acusacións. Mais Feijoo non sabía nada.

** Vanity Fair, xaneiro de 2011.

5.2. Empresas que financian o PP galego

A caída dunha das pontes da A-6  situada no tramo entre Castro Lamas, no concello berciano de Veiga de Valcarce, e Noceda, no concello galego de Pedrafita do Cebreiro, puxo outra vez enriba da mesa a vinculación entre as empresas construtoras e o financiamento irregular dos partidos políticos*.

Fomento de Construcións e Contratas (FCC) é o resultado da fusión en 1992 de Construcións e Contratas (1944) e Fomento de Obras e Construcións (1900). FCC é titular de 66% da unión temporal de empresas (UTE) que ergueu a ponte da A-6 sinistrada. É unha das empresas citadas por Luis Bárcenas, antigo tesoureiro do PP,por doazóns, supostamente ilegais, ao PP de Galiza. Nesta caso tratábase dunha achega de 108.000 euros, por parte dunha compañía presidida naquela altura  por José Mayor Oreja, irmán de Jaime, ministro de Interior de Aznar.

Actividades de Construción e Servizos S.A. (ACS), que dispuña de 33% da UTE construtora da ponte caída, tamén aparecía nos papeis de Bárcenas cunha doazón de 60.100 euros ao PP da Galiza. Os principais accionistas de ACSA son Florentino Pérez (presidente do Real Madrid), a familia March e os “Albertos” (Alberto Alcocer e Alberto Cortina).

Os datos sobre a contribución de FCC e ACS estaban recollidos nun informe elaborado en 2006 por Modesto Fernández, xerente do PP galego. O documento, cuxo contido impactou ao xuíz Ruz, recolleu achegas por unha contía de 1.888.275 euros, procedentes de 19 grupos empresariais.

* Xacobe Ferreiro. Nós Diario, 20-6-2022.

O empresario José Mayor Oreja, ex presidente de FCC Construción**, filial de Fomento de Construcións e Contratas, recoñecía ante o xuíz Pablo Ruz que, fóra dos papeis de Bárcenas, realizou dúas doazóns ao PP por importe de 60.000 euros a través de Promociones Teide y BBR, sociedades filiais participadas ao 100% por FCC que non eran adxudicatarias de contratos coa Administración. Aseguraba que realizou estes pagos aconsellado polos servizos xurídicos da construtora.

** El País, 28-5-2013.

No seu libro Florentino Pérez, el poder del palco (Akal, 2022), Fonsi Loaiza explica as conexións de Florentino Pérez con Alberto Núñez Feijoo: “Son amigos íntimos, presentan libros xuntos e todos os veráns cítanse na marisquería máis luxosa de Galiza”.

Entre as doazóns ao PP das empresas que figuraban nos papeis de Bárcenas,*** hai que destacar as anotacións de Juan Miguel Villar Mir (OHL) con 530.000 euros; Luis del Rivero (Sacyr) cun total de 380.000 euros; José Mayor Oreja (FCC), irmán de Jaime, con 165.000 euros. Nos anos que realizaron esas entregas, as citadas construtoras tiñan 6.600 millóns de euros en obras de administracións públicas. Tamén Mercadona entregaría 240.000 euros. Os pagos concéntranse, curiosamente, en 2004 e 2008, que foron anos de eleccións xerais. Os hospitais de Coslada, Parla, Sureste, Torrejón e Vallecas, da Comunidade de Madrid, foron construídos por Sacyr, FCC, OHL e Ploder, empresas que aparecían con doazóns ao PP nos citados papeis. Que casualidade!

 

Aparecen tamén con doazóns empresarios vinculados á trama Gürtel (Alfonso García Pozuelo, Pablo Crespo) e Juan Cotino (membro do Opus Dei, foi director xeral da Policía con Jaime Mayor Oreja e presidente das Cortes da Comunidade Valencianas), que o 14 de marzo de 2004 fixo unha doazón de 200.000 euros de parte de Sedesa. Un sobriño, Vicente Cotino, é responsábel de Sedesa, empresa valenciana de servizos, que recibiu ese ano adxudicacións de obras por un importe de máis de 60 millóns de euros (44 do concello de Valencia e 16 da Comunidade Valenciana), triplicando a facturación á Administración, que foi de 18 e 19 millóns de euros en 2002 e 2003. Até 2011 Sedesa recibiu 273 millóns de euros de contratos coas administracións controladas polo PP, segundo un informe da Unidade de Delincuencia Económica e Financeira (UDEF). Vicente Cotino está imputado tamén na trama Gürtel, xa que o grupo Sedesa habería abonado 150.000 euros a Orange Market, tapadeira da Gürtel en Valencia, por proxectos inexistentes, segundo a UDEF.

 

*** Libro do autor Indecencias e corruptelas. Corsárias Editora, 2015.

 

Por outra parte, a corrupción e a actuación ilegal parece estar moi estendida entre as construtoras. A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) multaba as seis principais construtoras –Acciona, Dragados (ACS), Ferrovial, FCC, OHLA e Sacyr– con 203,6 millóns de euros por concertar miles de licitacións públicas destinadas á edificación e obra civil de infraestruturas, como hospitais, estrada ou aeroportos. Como é posíbel esta falta de control e impunidade durante 25 anos, entre 1992 e 2017? O xornalista Ramón Muñoz explicaba como operaban****:

El modus operandi del grupo (denominado G7 porque en principio estaba integrado por siete empresas) consistía en mantener reuniones semanales para analizar las licitaciones de obra pública que se habían publicado en diferentes plataformas de contratación del Estado. En esas citas, las empresas acordaban los concursos en que iban a compartir —entre todas o en un subgrupo— una parte o la totalidad de los trabajos que compondrían las ofertas técnicas de las licitaciones. Las empresas también intercambiaban información comercial sensible (diferente de la necesaria para compartir los trabajos), como su intención de concurrir o no a licitaciones, o la de formar UTEs (Unión Temporal de Empresas) y los miembros que las integrarían para asegurarse las adjudicaciones. Para evitar sospechas, “los trabajos se encargaban conjuntamente por los miembros del grupo a empresas externas”.

Entre las Administraciones Públicas afectadas figuran fundamentalmente las pertenecientes al Ministerio de Fomento (actual Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana) junto con sus organismos y entidades públicas empresariales dependientes. La multa total será repartida entre las seis compañías: Acciona (29,4 millones), Dragados (57,1 millones), FCC (40,4 millones), Ferrovial (38,5 millones), Obrascón Huarte Lain (21,5 millones) y Sacyr (16,7 millones).

Muchas de estas empresas ya han recibido multas millonarias por pactar contratos en otros ámbitos como la obra ferroviaria, la conservación de carreteras o los residuos urbanos. Por ejemplo, ACS, FCC, Acciona o Sacyr, junto a otras empresas, fueron multados con 61 millones en 2021 por alterar el resultado de licitaciones de los servicios de conservación de la Red de Carreteras del Estado para hacerse con contratos por más de 500 millones de euros. Y en 2019, la CNMC sancionó con 118 millones a 15 empresas por repartirse concursos públicos de Adif por valor de más de 1.000 millones, entre las que estaban filiales de Sacyr, OHLA y ACS.

**** El País, 7-7-2022.

5.3. A época de Feijoo na COTOP

Xacobe Ferreiro concreta tamén as doazóns ao PP de empresas galegas ligadas á construción e á obra civil. Na súa maior parte compañías cunha importante facturación coa Xunta da Galiza, nos últimos anos de Fraga á fronte da Xunta e de Alberto Núñez Feijoo, como máximo responsábel da Consellaría  de Ordenación do Territorio e Obras Públicas (COTOP)*****.

COPASA, empresa ourensá, situouse con 380.245 euros en 2006 como primeiro doante do PP. Malia que os responsábeis da compañía negaron ao xornal El País ás doazóns recollidas nos papeis de Bárcenas, as dúbidas sobre a súa operativa seguen sen resolverse. A isto ten contribuído que a empresa aparecera como un dos grandes beneficiados nos contratos da Xunta, significándose as adxudicacións do Goberno Fraga ou as concesións de Núñez Feijoo.

C.R.C. Ramón Carro foi outras das compañías adxudicatarias de obras de construción e mantemento de autoestradas que apareceron no informe de Modesto Fernández. Precisamente esta empresa con sede en Ordes, aportou ao PP 33.000 euros, adxudicándolle dentro dunha UTE en 2011 a construción e xestión da autovía da Costa da Morte.

Como recolle Xacobe Ferreiro, no informe de 2006 de Modesto Fernández, xerente do PP, aparecen outras empresas de obra civil a maioría con contratos na época de Manuel Fraga coa COTOP, dirixida, daquela, por Feijoo: Teconsa, propiedade do grupo berciano Martínez Núñez, cunha doazón de 120.000 euros; a ourensá, Extraco con 18.000 euros, Seixo con 30.000 euros e a vasca Bruesa con 80.000 euros. Esta última compañía, é propiedade do empresario galego emigrado en Euskadi, Antonio Pinal, a quen Xustiza acusa de ter agasallado ao PP a súa sede de Donostia.

O conglomerado de empresas que participaron nas obras dos diversos edificios da Cidade da Cultura ocuparon un lugar de relevo no informe do xerente do PP. Ademais da xa citada COPASA, NECSO, unha filial da madrileña Acciona, aportou aos populares 100.000 euros e fixo parte da UTE para construción do Teatro da Música, unha obra por un total de 77 millóns de euros, adxudicada en xuño de 2005, dous días antes da celebracións das eleccións, polo Goberno da Xunta en funcións, onde se sentaba Núñez Feijoo e que, finalmente, non foi construído.

O Grupo Campo, empresa familiar participada polo antigo alcalde do PP de Ortigueira, Antonio Campo, resultou tamén con importantes contratos na Cidade da Cultura achegando, segundo Fernández, 200.000 euros á caixa dos populares galegos.

***** Nós Diario, 24-8-2021.

5.4. As confesións de Pablo Crespo que confirman a existencia da caixa B do PP

Pablo Crespo, que foi secretario de Organización do PP de Galicia de 1995 até 1999 e despois presidente de Special Events, a principal empresa investigada na Gürtel, confirmaba a existencia da caixa B do PP* para pagar sobresoldos en negro e as campañas electorais, e que tanto Cuíña como Fraga coñecían o financiamento ilegal do PP en Galiza.

O enlace, conseguidor ou valedor de Gerardo Crespo en Madrid era Francisco Ramón de Lucas Blanco “Pachi”, unha persoa próxima a Feijoo e que conseguía para Crespo contactos, contratos e até entrevistas con ministros. Como declaraba o mesmo Crespo: “Yo le pagaba a Pachi, sí. No estaba en nómina, le pagaba 3.000 euros al mes en plan comisiones…Me conseguía contratos”. Eses pagos a Crespo eran considerados como “prioritarios”. Sobre este conseguidor, dicía Crespo: “Es de Pontevedra, tiene un chalé en Beluso y es amigo de Feijoo, su mejor amigo. Está siempre con él todas las campañas”. Por outra parte, o PP pagou 25.583 euros nas eleccións de 2009 á empresa Disart 4 SL, que presidía Pachi Lucas. Estas relacións privilexiadas con Feijoo eran recollidas nun SMS que Pachi enviaba a Crespo o 22 de maio de 2012 e que figura no sumario: “Comendo en Beluso, presidente, mar…!Todo ben”. Nunha fotografía de agosto de 2011 aparece Pachi Lucas na feira de touros de Pontevedra con Feijoo, Rajoy, Alfonso Rueda e Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra. Mais Feijoo non sabía nada.

* Ana Pardo de Vera. Público, 20-4-2015.

5.5. Feijoo, a trama Gürtel e o financiamento ilegal do PP de Galiza

Alfonso Pérez, “El Bigotes”, e Pablo Crespo crearon en Galiza Orange Market, unha das empresas da trama Gürtel, na década dos noventa; despois trasladaron á Comunidade Valenciana a sede social e a maior parte da actividade desta empresa. O pai de Pablo Crespo era Manuel Crespo Alfaya, significado franquista, Secretario en Pontevedra de Falange Española Tradicionalista y de las J.O.N.S, fundador de AP nesa cidade, despois militante do PP, Xefe do Gabinete Técnico de Mariano Rajoy cando este foi vicepresidente da Xunta.

O PP de Galiza pagou “en B”, é dicir, en diñeiro negro, máis da metade dos actos celebrados entre 1996 e 1999, período no que Fraga era o líder e Crespo secretario de Organización do PP galego; e a muller de Correa asesorou ao PP de Pontevedra en 2001. Segundo a documentación atopada pola policía na caixa de seguridade que Crespo tiña nunha entidade de Pontevedra, foron facturados 3,2 millóns de euros ao PP de Galiza en diñeiro negro.

Como recollía o xornalista Pablo G. Quintas*:

A trama Gürtel organizou a campaña do PP de Galiza das eleccións autonómicas de 1997, facturando 900.000 euros, segundo os datos que figuraban nun pen drive que tiña José Luis Izquierdo, un dos contábeis da trama. O PP fixo o pago en varios prazos e a demora no cobro fixo que “El Bigotes” enviase varias cartas a Manuel Fraga, Mariano Rajoy e Javier Arenas. Tamén había altos cargos implicados por contratos e cobros “en negro”. Arturo González Gil, da Xunta Directiva do PP de Ourense e vogal na emigración do Comité Executivo, figuraba no sumario como contacto da sede en Arxentina e no ano 2004 recibiu 1.620 euros “en negro”, por actividades do PP nese país, procedentes da caixa B dun piso na rúa Serrano de Madrid. Tamén Rafael Louzán, presidente do PP de Pontevedra e da deputación provincial, contratou en 2001 os servizos de Special Events, outra das empresas da trama Gürtel. Fraga dicía que non sabía nada de todo isto, pero das conversas que tivo Crespo desde a prisión cos seus avogados, grabadas pola policía, despréndese unha posíbel financiación ilegal do PP de Galiza. Crespo afirmaba que os seus “superiores” tiñan copia de todos os movementos efectuados pola rede en Galiza entre abril de 1996 e 1999. Correa tamén afirmaba que visitou a “Don Manuel” para organizarlle as campañas electorais en Galiza.

* Xornal de Galicia, 23-11-2009.

O sumario da Gürtel recolle que dos 12 millóns de euros que o PP habería pagado en diñeiro negro para organizar actos electorais en distintas comunidades autónomas, 5,9 millóns de euros poderían corresponder a Galiza**; ademais, os gastos non xustificados do PP de Galicia entre 1996 e 1999 ascenden a 584.58 euros. Un informe policial sinalaba que o 47% dos actos electorais do PP de Galicia terían sido financiados con “recursos ajenos a los circuitos financieros, que pueden proceder de terceros que financian los actos del partido con dinero ajeno a los circuitos económicos”.

** Xornal de Galicia, 5-4-2010.

A trama Gürtel continuou actuando en Galiza despois de cesar Pablo Crespo en 1999 como responsábel de Organización, e cobrou diñeiro do PP polos actos celebrados en Galiza, cando Alberto Núñez Feijoo xa era conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e membro do Comité de Dirección do PP da provincia de Ourense. Segundo ese sumario, Gerardo Galeote, eurodeputado do PP, ingresaba 20.000 euros para esta rede o 13 de marzo de 2003***

*** Xornal de Galicia, 9-10-2009.

A pesar de todos estes datos e evidencias sobre o financiamento ilegal do PP, Rajoy sempre alimentou a teoría da conspiración contra o seu partido: “La Gürtel no es una trama del PP, es una trama contra el PP”.

5.5.1. Noticias publicadas sobre o financiamento ilegal do PP

Estas son algunhas das noticias publicadas en diversos medios de comunicación relacionadas co financiamento ilegal do PP de Galiza, a trama Gürtel e o papel de Alberto Núñez Feijoo:

– El PP gallego pagó en dinero negro 3,2 millones de euros (Manuel Rico en Público, 4-10-2009).

http://www.publico.es/actualidad/pp-gallego-pago-dinero-negro.html

– Una conversación grabada en la cárcel apunta a la financiación ilegal del PP gallego (El País, 6-10-2009).

http://elpais.com/elpais/2009/10/06/actualidad/1254817032_850215.html

– Correa entregó a Bárcenas 131.570 euros por las elecciones gallegas (Gonzalo Bareño, E. Clemente en La Voz de Galicia, 9-10-2009).

http://www.lavozdegalicia.es/espana/2009/10/09/0003_8025066.htm

– La Gürtel intervino en las gallegas de 2001 (Fernando Varela en Público, 9-10-2009).

http://www.publico.es/actualidad/guertel-intervino-gallegas-2001.html

– El PP gallego pagó en negro más del 50% de sus actos en la etapa de Pablo Crespo (20 Minutos, 6-4-2010).

http://www.20minutos.es/noticia/670145/0/pp-gallego/negro/crespo/

– La Xunta de Fraga pagó a la Gürtel por un estudio del que no hay constancia (J.A. Hernández e Pablo López en El País, 6-6-2010).

http://elpais.com/diario/2010/06/06/galicia/1275819489_850215.html

– Portos de Galicia era el “Consulado de Gürtel”, denuncia el PSdeG (Alicia Gutiérrez en Público, 10-9-2010).

http://www.publico.es/espana/portos-galicia-consulado-guertel-denuncia.html

– Feijóo contrata a una firma  que se coordinaba con la Gürtel (Pere Rusiñol, en Público, 8-10-2010).

http://www.publico.es/espana/feijoo-contrata-firma-coordinaba-guertel.html

– Los contratos del PP de Feijóo con la trama Gürtel, al descubierto (Marcos Paradinas, El Plural, 13-6-2013).

http://www.elplural.com/2013/06/13/los-contratos-del-pp-de-feijoo-con-la-trama-gurtel-al-descubierto

– El PP teme que la conexión gallega de la trama Gürtel acabe salpicando a Feijóo (Federico Castaño en Voz Pópuli, 5-7-2013).

http://vozpopuli.com/actualidad/27718-el-pp-teme-que-la-conexion-gallega-de-la-trama-gurtel-acabe-salpicando-a-feijoo

– La Xunta admite 2.500 contratos con firmas citadas por Bárcenas (El País, 30-12-2013).

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/30/galicia/1388436504_827309.html

– Nuevos indicios apunta al pago de dinero negro desde Pontevedra (Miguel Ángel Campos na Cadena SER, 5-3-2014).

http://cadenaser.com/ser/2014/03/05/espana/1393980612_850215.html

– Feijóo se desentiende del supuesto pago en negro del PP gallego a Bárcenas (David Reinero en El País, 4-9-2014).

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/09/04/galicia/1409856605_117121.html

5.6. Feijoo nunca sabe nada da corrupción e non é responsábel de nada

Alberto Núñez Feijoo non sabía nada da corrupción cando non era militante do PP; tampouco sabía nada cando era o conselleiro responsábel da COTOP, e como Presidente da Xunta non sabía que dicir ou calaba cando as preguntas dos xornalistas eran comprometidas. Por outra banda, Feijoo non quere asumir ningunha responsabilidade política sobre a corrupción do seu partido e contesta con frecuencia: “Non sabía nada”.

Pablo Crespo, responsábel de organización en Galiza do PP até 1999, é un dos principais implicados na trama Gürtel. Cando Crespo abandona esa responsabilidade (por certo, despedido con honores), Feijoo, que era conselleiro de Política Territorial, mantivo a Crespo no consello de administración de Portos de Galicia até decembro de 2005, sendo Carlos Negreira Presidente dese organismo. O xefe de contabilidade de Portos de Galiza, Victoriano Lago, tivo relación con Pablo Crespo a través dunha empresa situada no paraíso fiscal de Illa de Nevis. Entre 1999 e 2005 Portos adxudicaba catro contratos, entre setembro de 2004 e xullo de 2005, a Constructora Hispánica por importe de 13 millóns de euros, cuxo ex–presidente, Alfonso García Pozuelo, está imputado no caso Gürtel. Mais Feijoo non sabía nada.

Feijoo xustificaba a súa ignorancia porque en 1999 non militaba no PP (“El señor Crespo, cuando yo llegué al PP, llevaba muchos años desaparecido de allí”), mais a rede de empresas Gürtel seguiu actuando en Galiza durante moitos anos despois desa data. Feijoo, que era conselleiro de Política Territorial en 2003, adxudicou por 21 millóns de euros a Constructora Hispánica, en xullo de 2005, o inicio da autovía entre Sarria e a A-6, dentro do Plan Galiza. Cando xa era presidente do PP de Galiza, a empresa SWAT SL, vinculada á trama Gürtel, foi a responsábel da marca Feijóo09 da campaña electoral das eleccións autonómicas de 2009. Mais Feijoo non sabía nada.

Na campaña electoral das eleccións galegas de 2005, cando Feijoo era vicepresidente da Xunta, o PP recibiu case dous millóns de euros en doazóns de empresas, a maioría construtoras, que tiñan adxudicacións de obras da administración galega. Mais Feijoo non sabía nada.

Por outra parte, cando se presenta algún caso de corrupción, Feijoo declara que hai que esperar a que os veciños falen nas eleccións, como se a corrupción puidese ser legalizada ou xustificada nas urnas. Así, cando se desata a chamada Operación Campeón na que eran detidos o director xeral e subdirector do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), por presunto fraude en subvencións públicas, Núñez Feijoo negábase a dar explicacións, co argumento de que “a mí me llegan los principios éticos y la supremacía moral que me dan los gallegos con sus votos”. Noutras palabras, os votos que reciben exculpan aos dirixentes políticos de todo delito de corrupción. Esta é a orixinal forma de entender no PP a democracia e o mandato das urnas: se teño o voto da cidadanía recibo a absolución, independentemente do que decidan os tribunais de xustiza.

En última instancia, e para acabar coa corrupción, os dirixentes do PP solicitan a intervención divina, como se os seres humanos non puidésemos facer nada. Elena Candia participaba o 14 de xuño de 2015 na ofrenda do Antigo Reino de Galicia, cando era alcaldesa do PP de Mondoñedo, e pedía ao Santísimo Señor Sacramentado “ser fuertes e inflexibles con los que siguen haciendo una política corrupta”. É impresionante a pouca vergoña dalgúns dirixentes políticos do PP! Candia, presidenta provincial do PP, presentábase como candidata á alcaldía de Lugo nas elección municipais de 29 de maio de 2023.

O grave das prácticas corruptas é que son asumidas por cargos públicos do PP como unha cousa normal. Explicábao moi ben Argimiro Marnotes, alcalde do PP de O Carballiño, imputado por tráfico de influencias e revelación de secreto na Operación Pokémon*: “Vendex se portó bien, me pagó religiosamente un trabajo que le hice [o alcalde fixo para esta empresa, como aparellador, a nave do depósito da ORA en Ourense] y por agradecimiento le encargué el césped de mi finca, que la empresa no me cobró”. Esta é a súa filosofía: “Me gusta dar trabajo a quien me lo dio”.

* Cristina Huete. El País, 25-2-2013.

 

Manuel Monge González

Edicións Laiovento (colección Fóra de Serie), xuño 2023

 

 

FEIJÓO

Biografía dun farsante

(Non autorizada)

 

 

ÍNDICE

LIMIAR

  1. Feijoo é un “marxista” (de Groucho Marx) convencido

1.1. Quen debe gobernar?

1.2. “A contradición como arte de facer política”

1.3. A mentira como método. Balance de 2022

  1. A biografía oculta
  2. Favorecer a familia e amigos

3.1. A familia é o primeiro

3.2. Recolocación de cargos públicos

  1. Amizades perigosas

4.1. As relacións de Feijoo con Marcial Dorado

4.1.1. De contrabandista a narcotraficante

4.1.2. Os contratos de Marcial Dorado coa Xunta

4.2. Aperta de Feijoo e Sánchez Galán, presidente de Iberdrola

4.3. A Xunta premia a Josefina Fernández, Directora Executiva de DomusVi

  1. O financiamento ilegal do PP

5.1. Doazóns de contrabandistas e narcotraficantes

5.2. Empresas que financian o PP galego

5.3. A época de Feijoo na COTOP

5.4. As confesións de Pablo Crespo que confirman a existencia da caixa B do PP

5.5. Feijoo, a trama Gürtel e o financiamento ilegal do PP de Galiza

5.5.1. Noticias publicadas sobre o financiamento ilegal do PP

5.6. Feijoo nunca sabe nada da corrupción e non é responsábel de nada

  1. A Xunta de Feijoo vende as caixas galegas a un banco venezolano a prezo de saldo

6.1. Fracasa a fusión das caixas galegas

6.2. Nacemento e agonía de Novagalicia Banco

6.3. Así foi o regaliño a Banesco

6.4. “Se este banco é galego que o demo me leve”

6.5. Abanca compra outros bancos e ten grandes beneficios

6.6. O noso aforro tamén emigra. Por unha Banca Pública Galega

  1. “Galicia, Galicia, Galicia”, pero Feijoo marcha para Madrid

7.1. O relevo: Alfonso Rueda, de dereitas de toda a vida

7.2. A Galiza que recibe Rueda de Feijoo

  1. Enerxía eólica si, pero non así

8.1. Goberno PSdeG-BNG

8.2. Galiza podería ser unha potencia eólica

8.3. Non se respecta a Rede Natura, nin as reservas da biosfera

8.4. Un gran negocio

8.5. Os beneficios da enerxía eólica tamén “emigran”

8.6. A Xunta favorece a empresas “amigas”.

8.7. Denuncia da infracción continuada das directivas comunitarias

8.8. Opinións sobre o futuro da enerxía eólica

8.9. Mobilización cívica por un novo modelo eólico

8.10. O exemplo de Muras

8.11. A enerxía eólica mariña que vén

8.11.1. Plan de Ordenación de Espazos Marítimos (POEM)

8.12. Escurantismo do PP

  1. Queremos unha tarifa eléctrica galega

9.1. Por que os intereses das eléctricas están protexidos polos gobernos?

  1. Un “pufo de record”: Feijoo triplica a débeda de Galiza

10.1. “Chiringuitos” da Xunta sen control

10.2. Galiza necesita un novo sistema de financiamento

  1. O mito do bo xestor. Que fixo realmente Feijoo?
  2. É Feijoo un moderado?
  3. Gobernar con Vox cando sexa necesario

13.1. Así son os compañeiros de goberno de Feijoo

13.2. Os falanxistas Javier Ortega y Jorge Buxadé

13.3. Agresións aos dereitos das mulleres

13.4. A dereita unida na Cibeles de Madrid

13.5 Feijoo e a “rexeneración democrática”

  1. Aforro enerxético: Ayuso decide e Feijoo cala
  2. Incendios nunca máis

15.1. A mangueira de Feijoo para apagar lumes

  1. Sempre co capital, sempre cos ricos

16.1. O exemplo de Madrid

16.2. Aznar apoia a política de Feijoo e quere máis ricos

16.3. Argumentos para favorecer os ricos

16.4. A Xunta de Rueda tamén segue a política fiscal que decide o PP en Madrid

16.5. Que vén o comunismo!

16.6. Pobriños os ricos

16.7. Feijoo en contra da subida de impostos a empresas enerxéticas e banca

16.8. Eliminación do imposto de Patrimonio para favorecer os ricos

16.9. Fracasou a receita máxica de baixar os impostos para combater a recesión

16.10. Capitalismo “despiadado”

16.11. A loita de clases existe

  1. O PP Actúa como unha “organización criminal”

17.1. “O PP non é un partido, é unha mafia”

17.1.1. Operación Lezo

17.1.2. Control do aparato xudicial

17.1.3. A UCO investiga o financiamento ilegal do PP

17.1.4. Dimisión do Fiscal Anticorrupción

17.2. Documentación sobre a corrupción do PP

17.3. O ex ministro Fernández Díaz e o caso Kitchen

  1. Envellecemento e perda de poboación. Unha mocidade sen futuro
  2. As pensións máis baixas do Estado. Máis de 400.000 pensionistas galegas/os viven na pobreza

19.1. A reforma das pensións

  1. Aumento da desigualdade

20.1. Poboación en risco de pobreza

20.2. O 20% das persoas asalariadas non chega a mileuristas

20.3. Un de cada tres nenos/as están en risco de pobreza

  1. Servizos sociais baixo mínimos

21.1. A Unión Europea suspende á Xunta en calidade de servizos

21.2. Esquecemento das persoas dependentes

21.3. Galiza está na cola de residencias para maiores

21.4. Privatización da xestión das residencias de maiores

  1. Pésima xestión da pandemia da Covid-19

22.1. Falecementos pola Covid-19 nas residencias privadas de Galiza

22.2. O caso da DomusVi

22.3. Adxudicación de contratos sen publicidade

22.4. As familias acusan a Xunta de falsear o número de falecidos por COVID

  1. Recortes no ensino público e máis axudas para o privado

23.1. A educación que deixa Feijoo

23.2. Mobilización contra os recortes e en defensa do ensino público

23.3. Autorización ilegal da universidade privada promovida por Abanca

  1. Continúa a agresión contra a lingua galega

24.1. Rotura do consenso

24.2. Consello de Europa e Real Academia Galega denuncian a política da Xunta de Feijoo

24.3. Mobilización cívica promovida por Queremos Galego

   24.4. Enquisa do INE

  1. Desmantelamento do sistema sanitario galego

25.1. Balance do goberno de Feijoo

25.2. Datos do desmantelamento. O legado sanitario de Feijoo: camas hospitalarias, prazas de UCI, persoal médico, listas de agarda, recortes orzamentarios en Atención Primaria, compra de medicamentos, falta de pediatras, número de enfermeiros, abandono da saúde mental, colapso do servizo de urxencias

25.3. Privatización da sanidade pública

25.3.1. Irmáns como xerentes do Sergas e da patronal privada

25.4. Represión do persoal sanitario

25.5. Opinións e propostas

25.6. A mobilización cívica

25.7. Mobilización de sectores relacionados coa sanidade

25.8. Folga de Médicos de Atención Primaria

25.9. Gran apoio á Iniciativa Lexislativa Popular

  1. Orzamentos da Xunta para 2023: máis do mesmo
  2. Galiza esquecida nos Orzamentos do Estado para 2023
  3. Ence. Coidemos as nosas rías
  4. Utilización partidista das vítimas do terrorismo de ETA

29.1. O PP non sabe vivir sen ETA e Feijoo tampouco

  1. O PP quere controlar o CXPX e o TC cando goberna e tamén cando está na oposición

30.1. Composición do CXPX e TC

30.2. Ignacio Cosidó explica “una jugada estupenda”

  1. Feijoo lidera un “golpe de Estado” cos xuíces designados polo PP

31.1. O PP bloquea o CXPX

31.2. Opinións

31.3. Titulares e editoriais

31.4. Antecedentes das reformas “expres” e da utilización das emendas dunha lei para cambiar outra

31.5. Outras decisións políticas do TC

31.6. Contradicións do PSOE

31.7. O silencio de Felipe VI

31.8. Auto do Tribunal Constitucional

31.9. Desenlace: o PP perde o control do TC

  1. Reforma dos delitos de sedición e malversación no código penal

32.1. Antecedentes

32.2. Contido da reforma do Código Penal

  1. “Payusadas” e “Feijoadas”

33.1. “Payusadas”

33.1.1. As mentira de Ayuso

33.2. “Feijoadas”

33.2.1. As mentiras de Feijoo

33.3. O debate no Senado e a política do medo

33.4. O negacionismo de Ayuso e Feijoo

  1. O PP de Feijoo quere derrogar a Lei de Memoria Democrática

34.1. Avances na Lei de Memoria Democrática e temas pendentes

34.2. As raíces franquistas do PP

34.3. Dirixentes do PP promoveron a Fundación Francisco Franco

34.4. Desprezo ás vítimas do franquismo

34.5. A exhumación de Queipo de Llano

  1. Feijoo está blindado

35.1. “Cloacas, a peste do xornalismo”

35.2. Axudas para a prensa escrita con criterios arbitrarios

35.3. Contratos da Xunta, cando estaba en funcións, cos medios de Madrid

  1. Manipulación dos medios de comunicación públicos, sempre ao servizo do PP

36.1. Represión do persoal da CRTVG e actuación ilegal

36.2. Mobilización contra a manipulación informativa. Defende a Galega

  1. Eleccións municipais de 28 de maio de 2023

   37.1. O triángulo da corrupción: Baltar, Jácome e Feijoo

  1. Convocatoria de eleccións xerais o 23 de xullo de 2023

   38.1. Os avances que quere eliminar o PP de Feijoo

38.2. Nin falar, nin negociar con Bildu?

38.3. Agora Galiza, con voz propia

  1. Vox non vai regalar o voto e quere gobernar co PP
  2. Despois das eleccións: acabemos coa monarquía e os restos do franquismo