REBELIOM DO INFRAMUNDO PUBLICA “VENDETTA”
A xira do terceiro disco dos galegos Rebeliom do Inframundo, viuse truncada pola pandemia pouco antes de comezar a descarga festivaleira e despois de colgar o cartaz de entradas esgotadas en practicamente toda a sua xira ; aínda así os galegos non podían facelo de outra maneira e voltaron a enfrascarse a bordo dun novo proceso creativo que comezan a presentar con “VENDETTA”, primeiro adianto en forma de sinxelo que verá a luz o día 6 de Decembro acompañado dun traballo audiovisual do vigués, Sergio “Steel” Cora coa colaboración de Galunk Producións e da Sala Doppler (Vigo).
A banda de rap galega volta con máis forza que nunca con este adianto do seu vindeiro traballo do que se fan partícipes as tres voces que conforman a banda Nervo, Malvares de Moscoso e Frank, acompañados dos scratchs de DJ.Pol e os efectos de Mowmentss, todo isto sobre unha intrumental do productor Malakkor. As reivindicacións sociais e lingüísticas (“Castelao, Rosalía de Castro, Carvalho Calero ou Manuel María / Vou curar esta ferida”), xunto a continua experimentación nos seus ritmos, xa forman parte do ADN da banda. “Vendetta” é outro paso máis cara a evolución de unha Rebeliom que busca sempre novos camiños nos que berrar ben alto o seu potente mensaxe.
Sen posibilidade de xirar, o grupo atópase centrado nunha tormenta creativa demostrando que contra todo, a Rebeliom do Inframundo está moi lonxe de descubrir cal é o seu límite creativo.
Rebeliom do Inframundo – VENDETTA (prod. Malakkor)
REBELIOM DO INFRAMUNDO NO WWW.EMPUJE.NET
WWW.EMPUJE.NET:
Rebelióm do Inframundo
24 xullo 2019, Parque de Belvís (Santiago).