Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
RADIO BARRIO, proxecto de Cultura de Barrio, chega ao Centro Cívico de Monte Alto.
* O proxecto está dirixido a artistas de calquera disciplina que desexen experimentar coa radio.
* Os sábados 22 e 29 de abril pola mañá será a convocatoria
* O día 29 realizarase un Programa en directo aberto ao público.
 
A Radio Comunitaria CUAC FM convoca a artistas da cidade da Coruña que desexen participar na prepración e execución dun programa de radio experimental. Radio Barrio é un proxecto enmarcado dentro das actividades de Cultura de Barrio convocado polo Concello da Coruña e pretende poñer en contacto a artistas de diversas disciplinas que interactúen coa radio como medio para facelo.
Este sábado 22 de 11:30 a 13:30 no Centro Cívico de Monte Alto será a fase de formación e posta en común de ideas das persoas participantes, para elaborar un programa de radio que se vivirá en directo no Salón de Actos do mesmo espazo o sábado 29 e xa aberto ao público.
As inscripcións son gratuitas e poden facerse a través do correo comunicacion@cuacfm.org que tamén está dispoñible para resolver dúbidas.