SEOANE

QUERES QUE HAXA UN DIARIO EN LINGUA GALEGA? DE TÍ DEPENDE.Venres 25 de maio 20 h fundación luís Seoane (A Cruña)

Publicado el 20 mayo, 2018 | Noticias, Prensa

Necesitamos un diario que defenda os intereses galegos e estea escrito na lingua propia de Galiza? Seguramente todas digamos a berros que SI, que máis pronto que tarde, que veña xa… Pois con esa idea anda Sermos Galiza, só precisa 3.000 subscritor@s, 3.000 persoas que se comprometan para que en xaneiro de 2019 poidamos ter O DIARIO GALEGO. Este venres 25 maio acompañarei a Antón Reixa e Xoán Costa para falar dese proxecto. Ás 20h na Fundación Luís Seoane.

25 MAIO

Ti contas: presentación do proxecto “O Diario Galego”

20.00 h

O venres día 25 de maio, ás 20 h, preséntase na Coruña, na Fundación Luís Seoane, o proxecto para a saída de O Diario Galegoen 2019.

Nestes momentos Galiza non conta con ningún diario na nosa lingua e para facelo posíbel son necesarias un mínimo de 3 mil subscricións. A empresa editora é Sermos Galiza, que hai seis anos lanzou o diario dixital e mais o semanario en papel, o único que hai nos quiosques en lingua galega. E para acometer esta empresa ti contas, necesitamos moitas maus para facelo realidade.

O DIARIO GALEGO defenderá os intereses galegos e estará escrito na lingua propia de Galiza. Será un medio de comunicación nacional, profesional e colaborativo que proporcionará información xeral.

Contaremos nesta presentación con María Xosé Bravo, presidenta da AC Alexandre BóvedaAntón Reixa, músico e cineasta e Xoán Costa, presidente de Sermos Galiza.

Máis información en O diario galego.

 

 

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *