Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
Segundo o Dicionario Etimolóxico Castelán en Liña (DECEL) de Chile, a verba “facha” (figura, aspeto) vén do italiano “faccia” (cara) e iste do latín “facies” (aspeto, faciana, cara, superficie feita, cicelada ou traballada) de onde temos “face” e “faceta”. Algúns o relacionan con “fascista”, mais isto é un erro. “Fascismo” vén do italiano “fasio” (feixe, fato).
Entón, “facha”, podería considerarse coma abreviatura de “fachada”. É, por definición, un termo pexorativo. Ao referirse a “fachada”, fai pensar en algo que por diante é grandioso, mais por detrás é insignificante. De aí a frase: “Esa casa non vale nada; é todo fachada”.
Pra min, un “facha” non significa un home cun determinado pensamento político. Aos “fachas” non lles interesa a política (entre outras cousas porque non saben coma facela; a boa, enténdese). Creo que un “facha” é un home (de dereitas ou esquerdas) que pensa que “as cousas hai que facelas así, e só así”; deixarse de contemplacións, boismo e respecto aos demais. Pra un “facha”, o común dos mortais é parvo e hai que dicirlle o que ten que facer, porque si non, non fai nada.
Aos “fachas” distíngueselles, principalmente, porque só aparecen cando as cousas van mal. Din ter a solución inmediata a todos os problemas, e o seu lema é a liña recta coma medida racional taboarrasista. Tamén é unha forma de medrar en sociedade, tanto pra algúns individuos das clases altas, coma das medias ou as baixas.
Mais non nos enganemos; un “facha” é só iso… “fachada”: nen se cre o que di, nen pretende solucionar nada.
Uns dirán que toda a culpa téñena os migrantes; outros que a teñen os ricos. O caso é botar lenha ao lume e alporizar. Ou sexa, populismo e do barateiro.
O problema de pensar coma eu é que che convertes en branco doado dos que che consideran “morno” ou “mediocre”. Algúns de esquerdas chegarán a dicir que “parvo” (referendando ao famoso antigo significado grego do que non entende de política) é o que che define. Os máis obtusos das dereitas chamaranche “anarquista”, por non achegar solucións. Ben… calculando a media pódese dicir que estamos no medio do asunto; ou sexa, en terra de ninguén. En tempos de crises os pacificadores son os primeiros en arder na fogueira.

Aos poderosos gústalles “xogar” coas crises. A historia amosa que moitas son provocadas. Engadidas as reais teñen a súa porcentaxe disto. O problema é que chega un momento en que a xente se farta de todo. Entón deixa de votar, de ollar as noticias, de comentar nada cos amigos, de protestar nas rúas. E aí é onde a cagamos.

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).

 

Iste video é engadido por Rubém Novo.

Foro sobor nacionalismo / Santiago Abascal e Jaime Mayor

Ollaremos a Eta no goberno vasco?

Foro sobre nacionalismo | Santiago Abascal y Jaime Mayor | ¿Veremos a Eta en el gobierno vasco?

 

Jaime Mayor Oreja fala da: “Formación do espirito nacional de Espanha”

Minutos 1:10:40 – 1:12:33.

Foto cabeceira Jaime Mayor Oreja da man de https://www.20minutos.es/ escollida por Rubém Novo.

Fotográfo: Jorge Paris Hernandez.