Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

Militantes e simpatizantes do BNG tiveron esta mañá presenza na manfiestación da CIG que percorreU as rúas da cidade en contra dunha nova reforma laboral, desta volta da man do Goberno do PSOE e Unidas Podemos, que mantén os aspectos máis lesivos da lexislación do PP e volve favorecer os intereses do capital.

 

Na manifestación estiveron presentes o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera, e a nosa deputada no Parlamento galego Mercedes Queixas.

O BNG portou unha faixa propia na que se podía ler a lenda: “En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos”.

Moi concorrida manifestación a que está a percorrer as rúas da nosa cidade esta solleira mañá de domingo contra a reforma laboral do Goberno PSOE-UP, unha modificación lexislativa que mantén a esencia da lei promovida polo Goberno Raxoi. Unha reforma, por tanto, moito máis favorábel ao capital que ao traballo. Temos presenza na marcha cunha faixa propia, sostida, entre outrxs, por Mercedes Queixas e Francisco Jorquera.
VIDEO DA MANIFESTACIÓN
PREME NA LIGAZÓN: