Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

SILVIA

(Foto cortesía de Silvia Penide)

https://www.facebook.com/soysilviapenide/

Silvia Penide

Non se me ocorre mellor xeito de celebrar o dia da nosa Matria que colgando o pregón que lin onte en #Arteixo
Foi unha das noites máis impresionantes para min da miña carreira…
Grazas a tantísima xente que estivo comigo…
Todavía estou sen palabras… Grazas por tanto agarimo… Sodes unha xente fantástica, xentiña miña…

Velaí vai:

“A miña vida está chea de Arteixo.
Chea de Barrañán, chea de Valcobo…
Aprendín a andar en bicicleta nas súas rúas e a conducir polas estradas do seu mapa.

O meu primeiro bico foi en Meicende.
Case todas as miñas primeiras veces foron aquí.

Crieime no Petón, con Felicidad e Toñé e alimentándome co pan da Panadaría de Oliva.
Aprendendo no seu colexio e facendo a miña primeira pandilla que conservo forxada en paseos polo embalse, campamentos de verán, brindis en Naveira ou bailes no Local.
Con coidados no seu centro de saúde onde aínda sigo acudindo de adulta.

A miña vida está chea dos seus campos de Festas, das súas verbenas, dos seus desfiles de Entroido…
De comidas na casa da miña tia Maricarmen, e do meu tio Miro; o meu querido tio Miro, ó que a vida lle fixo un brutal Xaque Mate demasiado cedo e aínda así, deixounos ese sorriso inmenso, esa vontade de avanzar, de construír…

A miña primeira maqueta graveina en Radio Arteixo da man de Franky.

Que pouco sospeitaba eu que aí comezaba a miña carreira…

Con Víctor Iglesias, profesor de música, músico e amigo aprendín a ser a Silvia Penide que son hoxe enriba dun escenario.

Aprendín a ser Silvia grazas a toda esa suma…

Por iso, sei que é tan importante a veciñanza, o amor á TERRA con maiúsculas.
O amor á xente, o amor entre as persoas.
A confianza.

É tan importante facer piña, coidar o nóso, coidar cada pedra, cada pinga de auga, cada palabra da nosa lingua, cada historia.
Coidar á xente lonxeva que sabe tanto, que conta tanto…
Coidar o pequeno negocio, ese que fai medrar os fíos entre as persoas…
Coidar o entorno, coidar este tesouro que pisamos, que respiramos, cheo de luz, de rincóns, de pasado, de presente, de futuro e de esperanza.
Este tesouro o que chamo orgullosa, fogar.

Moi felices festas, unha aperta moi, moi grande. Grazas, saúde e a bailar!

Que nunca nos falten os bailes!
Que nunca nos falte unha muiñeira!
Que nunca nos falte unha conga!

Moitas Grazas.”