Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
QUE DIN AS RUMOROSAS.
14 xullo VERKAMI 3420€ RECADADOS!
Grazas novas MECENAS: María Inés Pérez González, Remedios Cuba García, Roger de Flor, Sonia!!
Seguimos presentando ás Rhumorosas.
Está con nós CARMEN COTELO, creadora, actriz, paiasa e mestra de teatro no Laboratorio Escénico Coop. na Coruña. Podes vela e escoitala na canle de YouTube de Maquinarias Teatro, aquí:
Apoia o proxecto en VERKAMI: https://vkm.is/rumorosas
Proxecto aberto ata o 30 de xullo. Achegas para todos os petos!

QUE DIN AS RUMOROSAS. Carmen Cotelo. Actriz

Ola!

 

Seguimos sumando remeiras e remeiros!

3420€ acadados do OBXECTIVO 1: 6000€!

Rhumorosamente agradecidas, MECENAS!

 

QUE DIN AS RUMOROSAS

É unha comedia de creación colectiva na que 5 actrices e 1 bailarina sobreviven titanicamente ao día a día de ser muller… e artista.

 

Contra vento e marea, as 6 intérpretes navegan xuntas con outras 6 artistas galegas nun exótico cruceiro atemporal no que destaparán, a xeito de “Varietés”, os seus segredos máis íntimos, as alegrías e sinsabores do crear, para rir delas mesmas e, sobre todo, do sistema.

 

Neste cóctel de humor e amor, as 6 intérpretes, súper polifacéticas todas, interpretarán, cantarán e bailarán para falar da ARTE COMO CAMIÑO INEVITABLE.

 

Apoia o noso proxecto en VERKAMI: https://vkm.is/rumorosas, aberto ata o 30 de xullo. Achegas desde 10€, para todos os petos! Aínda estás a tempo de sumarte ao noso barco!

Apoia a arte galega feita por mulleres galegas…rema con nós e terás a túa recompensa!!!

Se che agrada o noso proxecto, segue a ligazón, aporta, e difunde nas túas redes e entre os teus contactos! Acompaña a difusión da campaña cos hashtag #rumorosas #maquinariasteatro

 

“Así falou Penélope:

Existe a maxia e pode ser de todos.

¿A que tanto novelo e tanta historia?

EU TAMÉN NAVEGAR.”

(Versos de “Penélope”, de Xohana Torres, poeta galega)

 

INTÉRPRETES:

Carmen Cotelo

Caterina Barro

Cristina Mariño

Eugenia Sanmartín

Helga Méndez

Marian Rei

 

PRODUCIÓN E DIRECCIÓN DO PROCESO DE CREACIÓN: Helga Méndez

DIRECCIÓN: Paula Carballeira

ESPAZOS SONOROS E MÚSICAS: Andrés Pazos

ESPAZO ESCÉNICO: Helga Méndez

DRAMATURXIA  COLECTIVA: Carmen Cotelo, Caterina Barro, Cristina Mariño, Eugenia Sanmartín, Helga Méndez, Marian Rei

VÍDEOS PARA DISTRIBUCIÓN: Catu Martínez Vídeo

FOTOGRAFÍA PARA DISTRIBUCIÓN: Carmen Pardo

 

Mais info en:

Facebook: https://www.facebook.com/MaquinariasT…

Instagram: https://www.instagram.com/maquinarias…

Twitter: https://twitter.com/MaquinariasTT

 

GRAZAS POR REMAR CON NÓS!

Podes.

(Foto cabeceira da man de Carmen Cotelo).