Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

Maquinarias Teatro.

PREME NA LIGAZÓN:

https://www.verkami.com/projects/33258-que-din-as-rumorosas-de-maquinarias-teatro-unha-comedia-coral-sobre-como-ser-artistae-muller?fbclid=IwAR3xPM070MT2dUevUbzX9hwLAhf0bLG5gqpr7qDy__eVhKw2yAFZNdlJB3o

 

QUE DIN AS RUMOROSAS. Maquinarias Teatro. Unha comedia coral sobre como ser artista… e muller

5 actrices e 1 bailarina navegan xunto a outras 6 artistas galegas nun cruceiro atemporal no que destaparán os seus segredos máis íntimos.

 

OLLA O VIDEO DE MAQUINARIAS TEATRO

QUE DIN AS RUMOROSAS

É unha comedia de creación colectiva na que 5 actrices e 1 bailarina sobreviven titanicamente ao día a día de ser muller… e artista.

Contra vento e marea, as 6 intérpretes navegan xuntas con outras 6 artistas galegas nun exótico cruceiro atemporal no que destaparán, a xeito de “Varietés”, os seus segredos máis íntimos, as alegrías e sinsabores do crear, para rir delas mesmas e, sobre todo, da estrutura patriarcal do sistema artístico.

Neste cóctel de humor e amor, as 6 intérpretes, súper polifacéticas todas, interpretarán, cantarán e bailarán para falar da ARTE COMO CAMIÑO INEVITABLE.

Cantas de vós non escoitastes unha e mil veces: “Nena, a Arte non dá cartos”, “Mellor prepárate unha oposición”, “Quen coidará da casa se ti estás fóra todo o día…?”

Cantos momentos de estrés, dúbidas, soidades, incomprensión, “porca miseria” e “terra, trágame…?”

E cantas de vós, a pesares de todo isto, non puidestes deixar de seguir ese CAMIÑO?

Nós, queridas, tampouco. Queremos navegar a través desas augas descoñecidas e apaixoantes. E para chegar a bo porto, precisamos de mans que remen ao noso lado…As vosas.

Acompañádesnos na travesía?

https://www.facebook.com/MaquinariasTeatro