Formulario de acceso protexido por Login Lockdown
#PurpleRei é un proxecto musical que xorde na Coruña en abril de 2021 da man de Sergio Zearreta (cantante), Miguel Queixas (batería), Miguel Thomas (guitarra), Antón Torroncho (baixo) e María Galdón (cantante).
O propósito de PURPLE REI é facer adaptacións ceives dos grandes temas de Prince en galego. O repertorio do artista de Minneápolis, principalmente o da década dos 80, serve coma base pra ista reinterpretación, que fusiona estilos coma o pop, o rock, o funk, o blues ou o R’n’B. O criterio na tradución das escritas é o de achegarnos no posibel á literalidade do seu senso. Unha sincera e orixinal homenaxe a un dos artistas musicais máis completos do século vinte.
PURPLE REI verá a lus na sala Garufa Club de A Coruña o vindeiro 21 de abril de 2022.