Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

PUNK NOT DEAD – Documental By Susan Dynner (escrita en castelán)

“Punk’s not dead” é ​​un documental dirixido por Susan Dynner que repasa os trinta anos do movemento punk.

Nos Estados Unidos estreouse “Punk’s not dead”, o documental definitivo sobre 30 anos do movemento punk.

O filme inclúe fragmentos de directos e entrevistas coas principais bandas do xénero, desde Sex Pistols, The Ramones e Buzzcocks, ata Green Day, The Offspring e Bad Religion, entre outros.

Susan Dynner, directora e produtora da película, tivo a idea de filmar iste filme despois de ollar un anuncio do festival punk “Inland Invasion” que patrocinaba unha recoñecida marca de jeans. Susan medrou co movemento punk de Washington DC, fotografando a bandas lendarias coma Black Flag, The UK Subs, GBH, Minor Threat, The Exploited, Circle Jerks, entre moitas outras.

“As bandas de pop-punk de hoxe aparecen na televisión e a palabra ‘punk’ converteuse nun concepto pra vender de todo, dende carros ata vodka, segue existindo o verdadeiro espírito punk inconformista dentro da cultura de consumo atual?”, isa é unha das perguntas que Susan fai e desenvolve durante o filme.