Somos membros da Plataforma “Coruña Contra a Guerra”, integrada na “Rede Galega de Apoio ás persoas Refuxiadas”. A nosa Plataforma engloba a diversos axentes sociais, entre os que se atopan desde ONG’s e asociacións ata cidadáns preocupados polos efectos das guerras e, en particular, polas persoas que sofren as súas consecuencias. Co fin de visibilizar a situación destas persoas que deben abandonar os seus fogares sen que se respecten os seus DDHH nin o dereito internacional humanitario, na Coruña estamos a organizar unha serie de actos englobados no proxecto ACAMPA.
Convocámosvos a unha xuntanza para presentarvos este proxecto ACAMPA o día 19 de decembro ás 19:00 hrs no centro cívico Cidade Vella, rua Veeduria, 2.
Grazas pola vosa asistencia
Grupo Organizacions Sociais de CCG