Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Club de Opinión Foro Cívico, integrado no organigrama da AC Alexandre Bóveda, seguindo a súa tradición desde 1992, organiza o primeiro gran debate electoral na cidade de cara ás eleccións do vindeiro 18 de febreiro, que terá lugar o martes, día 30, ás 19:30 h., no salón de actos do Circo de Artesáns e no que revisaranse temas importantes como a nova ordenación urbanística e de usos do porto interior; sanidade, educación e cultura; vivenda e aluguer, así como o capitulo dedicado á economía con especial incidencia sobre cuestións básicas como os sectores en crise. Nazaret Cendán, polo PP; Mercedes Queixas, polo BNG, e Silvia Longueira, polo PSOE, aportarán os principales elementos sobre os que pivotan os seus programas, nun formato que será moderado polo xornalista Antón Luaces.

O Foro Cívico considera que o acto pode aportar en conxunto un primeiro material de reflexión que é interesante contrastar porque afecta á visión que dos temas obxeto de debate ten a cidadanía.
Ricardo Vales
Foto adentros da man do Circo de Artesáns.