Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Data: Venres 11 de agosto, de 11:00h e as 13:00h, Lugar: Carpa da Rúa da BD (Viñetas desde o Atlántico)

Nas últimas dúas edicións da Feira do Cómic, Amnistía Internacional colaborou con Alita e outras librerías con presenza na feira, na elaboración dunha listaxe de recomendacións de cómics de temática social, co obxectivo de:

Dar a coñecer o traballo de Amnistía Internacional a través dun espazo innovador e orixinal como pode ser a Feira do Cómic.

Achegar realidades e problemáticas sociais de persoas e países que parecen moi afastados dunha maneira lúdica e atrayente como pode ser a través do cómic.

Promocionar a cultura local e desenvolver novos lazos de colaboración entre as organizacións sociais e os focos de cultura.

 

Este ano pensamos en ir máis aló: Alita tivo a idea de realizar conxuntamente con Amnistía Internacional un pequeno fanzine, como un obsequio, máis personalizado e innovador. Tivemos a sorte de contar desde o minuto un coa colaboración desinteresada de excelentes artistas da banda deseñada, é un privilexio para nós contar cun elenco tan especial.

 

Como sabedes, entre os días 7 e 13 de agosto terá lugar na Coruña o Salon Internacional do Comic, e queremos invitarte a participar na presentación e firma dos exemplares do fanzine “Nai dos Desterrados”, da man dos propios autores e autoras ,que o grupo de Amnistía Internacional na Coruña ven de editar.

 

Neste fanzine contamos coa colaboración de A. Almau, Kike J. Díaz, José Domingo (creador da portada), Paula Esteban, Pepe Mansilla, Ana Moreiras, Miguel Porto, Luis Yang e Yupiyeyo (María Álvarez), que de forma totalmente altruista decidiron colaborar con nos nesta primeira edición do Fancine.

 

Agardamos que esta actividade sexa do teu interese e por iso esperamoste o venres na presentación.

Grazas por contribuír a defender os dereitos humanos en todo o mundo.