Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

A Fundación Moncho Reboiras e a Confederación Intersindical Galega (CIG) veñen de publicar o libro “O nacionalismo galego na década dos 70”.

Un volume coordinado por Suso Seixo e Uxío-Breogán Diéguez, co que se pon en valor o esforzo militante que representou a articulación do frontismo nacionalista no devandito período. Esta obra pon en valor o enorme traballo de teorización e autoorganización ao que deu lugar o nacionalismo galego desde a segunda metade da década dos 60 do pasado século e que cristalizou na década dos anos setenta, dando lugar a unha forte mobilización social.
Contaremos coa presenza de Suso Seixo, Lois Diéguez e Pilar García Negro, coautores do libro.
Estades convidadas!
Data: Mércores, 30 Outubro 2024
Hora: 19:30
Lugar: AC Alexandre Bóveda – Rúa Santo André, 36 – 1º – 15003 A Coruña
Tipo de evento: Palestra
Inscrición necesaria
PREME A LIGAZOM PRA A INSCRICION