Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

marcelino2

Marcelino Liste.

Un cura comvativo.

 

Prezada/o amiga/o:

Lembro que o prazo para presentar candidaturas para o Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade, instituído polo club de opinión Foro Cívico, remata o martes, 5 de decembro.
Poderán presentar a súa proposta entidades ou persoas da comarca da Coruña, que irá acompañada do nome da entidade ou da persoa que se propón para a disitinción, así como dos datos (enderezo, teléfono, correo electrónico), historial e actividades desenvolvidas nos últimos anos. Pode entregarse a documentación en : forocivicocoruna@gmail.com ou en sobre pechado na Concellaría de Cultura do concello da Coruña: Avenida da Mariña 18, A Coruña.
Esperamos a vosa participación porque sabemos que hai moitas persoas e entidades merecedoras desta distinción. O premio conta coa colaboración da Consellaría de Cultura do concello da Coruña e da Deputación da Coruña e será entregado nunha cea no Club do Mar o venres, 15 de decembro.
(Foto Marcelino Liste cortesía da laopinioncoruna.es/ foto portada cortesía do idealgallego.com)