• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


codax

 Onte celebramos a gala de entrega dos IV Premios Martín Códax da Música e dende a Xunta Directiva de Músicos Ao Vivo non podemos máis que estar felices e inmensamente agradecidxs a todas e cada unha das persoas que participiron nesta gran festa da música galega. Dende o público que ateigou oPazo da Cultura de Pontevedra até, unha por unha, todas as persoas que traballaron onte para que a gala fose un éxito: produción, audiovisual, comunicación, patrocinadores, actores, actrices, músicxs, técnicxs, coordinación, e un longuísimo etcétera. 
Onte non foi unha gala máis. Onte máis ca nunca foi patente a vontade dxs músicxs de seguir adiante, compartindo a nosa paixón e traballando xuntxs para acadar as melloras que precisamos.
Seguimos adiante con folgos renovados. Grazas a todxs!