porque me traspasou teu mirar gacio
de urente pracer
na noite tordeante,
nese tempo gafo que me roera
namentres o turdio vento
tragaba os rescaldos das lágrimas.
porque o bisbeo das formigas
enunciaba o teu verdadeiro nome,
como a á dunha avespa
rozando o meu pómulo,
ou a presenza escintilante no fuscallo
na serodia illa da miña feezA.