• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


 

THE BEATLES: O grupo xa estaba na realidade disolto; non se aturaban nen un minuto máis. Amais non facían directos dende o 66. De ires, Lennon negaríase a tocar; só faríao coa Plastic Ono Band, con Yoko Ono.

THE ROLLING STONES: non foron porque a banda estaba a refacerse despois de expulsar a Brian Jones (que un mes despois falecería). Amais Jagger tiña un compromiso contractual pra facer unha película en Australia.

LED ZEPPELIN: Só tiñan un disco e estaban en pleno des pegamento. O seu manager, Peter Grant, denegou o convite porque non quería que fosen eclipsados por ninguén.

THE BYRDS: Estaban de xira nese momento e podían acudir, mais corría a azueira de que ás bandas non se lles pagaba. Así que refusaron a proposta.

JONI MITCHELL: Nese mesmo momento tiña convida  unha actuación televisada no Dick Cavett Show. O seu manager, David Geffen, aconselloulle que era mellor pra a súa promoción saír na tele que acudir a un festival de matados.

JEFF BECK GROUP: A banda estaba no seu apoxeo con Rod Steward e Ron Wood no grupo. Estaban de xira por EE.UU. e pensaban acudir mais, no derradeiro momento, unha chamada advertiu a Jeff de que a súa muller estáballa sedo infiel co xardineiro. Así que nen Woodstock nen nada. Colleu o avión e voltou ao seu lar. Ao remate todo foi unha falsa alarma.

THE DOORS: Estaban nas súas horas máis baixas no que a creatividade refírese. Jim Morrison tamén estaba leado cun problema xudicial por exhibicionismo: acusábaselle de amosar o seu membro viril nas táboas. Logo declararon que pensaban que ninguén ía ir a un lugar tan afastado (a 200 millas de Nova York), e que lles parecía que o festival non tería repercusión.

JETHRO TULL: Só sacaran dous álbums e aínda non os coñecía ninguén. Anderson preferiu non acudir porque considerou que o máis oportuno era organizar ben o que quería facer coa banda no futuro.

BOB DYLAN: Isto merece unha mención aparte. Nesta época Dylan abandoara a escena e os estudos. En realidade todo o festival deseñouse pra que il acudise. Un festival de hippies sen Bob Dylan? Veña xa! O factor fundamental era a localización. E é que Dylan —escapando da fama— foise a vivir coa súa familia a unha casa de campo nesta mesma localidade, Woodstock. Endexamais se soubo o motivo exacto da súa negativa. Persoalmente creo que non acudiu pensando que o evento non ía ter a transcendencia que tivo, xa que pouco despois, vendo coma se desenvolveu todo, foi ao de Isle of Wight. Os que si foron foi The Band, o seu grupo. O cartel colocáraos coma colofón do festival: os últimos do terceiro día (talvez pensando que ao final o seu xefe dignaríase a ir), mais —segundo contou na súa autobiografía Robbie Robertson— Jimi Hendrix chegou arrasando e adxudicouse o posto. Con iso converteuse na gran estrela do festival máis importante da historia da música popular.

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo).