• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Pompas no aire
migallas de cantos
sorriso abrandados sobre almofadas
partidas por cada raio
explosión de brincos
e fiúscas en cada mirar.

O monstro xa está a deambular
co ollar carbonizado
as garras levaas mancadas
e o camiño achégase ao fin.

Que decir dun que é estraño
e tantas veces familiar.
A miña cova foi o seu refuxio,
os meus prantos as súas ganas
e cada temor unha bala de ardor.

O letreiro anda en cores
que agarda acortarlle o paso,
eu veloz coma unha lebre
fuxo polo rego contrario.

#TaniaYáñezCastro#