• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


Desuso en tránsito,
menhir, pano de luz,
memoria rota.

Os nosos soños
apozados nas pedras
visten a chuvia.

Pisar arume,
ver un tollemerendas,
ulir a infancia.

A tarde di
que a estampa do equilibrio
é polimorfa.

Desde as ruínas
vense desacougantes
planos de luz.

Cantan os canos
orfos das lavandeiras
o son das augas.