Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

A CÚSPIDE DOS SOÑOS
Na cúspide dos soños.
Treme a fráxil sensación,un éstrano
sentimento.
O exacto degaro.
Tal e como un o concibe.
Tal e como un o fai pra si.
Un antollo dunha mente sedenta.
Un ente asfixiado.
Trémulo na vida desconfecioada.
No excenso tempo.
Como sinxelo artiluxio produto dunha
sociedade egocéntrica e avara.
Non mora na faciana un ínfimo sorriso.
Xa un non soña voar.
Silandeiro o recordo dunha mocidade
doime no peito.
Cálido aroma fror de primaveira.
O son do silencio nas carballeiras.
Bate o vento o pé do camiño pero o
lonxe xurdira unha espranza.
Neste caos Non existe.
Neste alento das mentiras
cuspidas a o vento por unha mafia de
político banqueiros.
So se escoita o eco dunha sociedade
inerte.
Bate o vento no camiño pero o lonxe
xurde unha espranza un novo
comezo