Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Este xoves 30 de novembro, ás 21:00 horas no Centro Social Gomes Gaioso @csgomesgaioso Coruña leremos poemas de artistas Palestinas. ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀ ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀ ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀ ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀
Replicamos con moito agarimo e ilusión esta proposta de recital iniciada no vello cárcere de Lugo por @ametencias e levada a Compostela por @faiadiaz no @pubmodusvivendi. En ambos recitáis persoas de diversos ámbitos deron voz as palabras das nosas compañeiras palestinas como faremos nós grazas a este proyecto que xenerosamente espándese coa vontade de que siga medrando. ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀ ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀ ⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀
As poetas que serán lidas son as seguintes, atopade tamén o nome das personas que se encargaron de traducir os poemas ó galego:
Mahmud Darwish (Xerardo Quintiá); Moored Barghouti (Sara Plaza); Rafeef Ziadah (María Corral); Mosab Abu Toha (Nieves Neira); Hiba Kamal Abu Nada (María Grandío); Fadwa Tuqan (Marica Campo); Noor Hindi (Jesús Castro @exantheo ); Muin Basisu (Brenda Móndelo @brendalborada ). Empregaremos tamén o cartaz debuxado por Sara Plaza e deseño de @heicastrostudio

Este acto, que non está organizado por ningún colectivo, se segue a expandir por vontade popular grazas a forza ante a indignación polo xenocidio que está a ter lugar na Palestina ocupada.

Agardámosvos!