Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

silvia

Silvia Pardo Galdo

Em homenagem a Paco Souto:

A cavalo, na crista infinita da onda.
Segando com as maus, a escuma branca.
Enumerando cos olhos,
a Grande, a Chica, e a Malante.
O cormorão velho, que não da torna.
As nuvens, a montar repichoca no ceu.
E agora…?
Detem—se o tempo todo.
Esmorece o amor,
na salgada fragrância da mar brava.
O latejar emudece,
e na praia quedamos todas,
remando o desalento.

Silvia Pardo

—————————————————————————

La imagen puede contener: océano, agua, exterior y naturaleza

Isabel Risco Valdivieso

isabel

Da terra ao mar, do mar á terra, a xente imprescindíbel, boa e xenerosa, alegre e combatiba, sempre ficará entre nos! A súa pegada é indestructíbel, non hai forza da natureza que a leve, a súa construción colectiva e en positivo deixa semente auténtica e verdadeira que agroma e medra coa mesma forza dun furacan, que aínda que o intente, nunca conseguirá arrincárnola! Compañeiro, poeta, percebeiro, ferreiro dun mundo mellor segues existindo entre nós, porque seguimos precisando dos teus folgos, da tua forza e da tua enerxía positiva!