• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


A friaxe do mar
agarimaba meu ser e a ialma,
os recondidos paraxes
e as túas hostes esquecidas no tempo por moitos
hoxe viñeron a despertar meus ollos,
canta fermosura xunta!.
Cies! Canto tempo da pirmeira vez a hoxe.
E antonte volvin a ti cos meus brazos abertos,
para asirme con forza a túa beleza,
isa Natureza viva! Que nos sorprende a todos, isos vieiros ludicos e angostos
para andar paseniño, esa boca que se nos abre ao caron dos nosos pes ao descubrir un mundo infinito, isas praias
na beira do portal da nosas casas,
a un palmo das narices,
isas augas critalinas nun mar bravo,
unhas areas de ensoño feitas
de millons de cunchas…………………….
Me faltan verbas para poder describirte.
Cies, Cies pegada na miña ialma de novo deixaches e xuro que nunca mais…
Volverei a esquecerte

——————————————————————————————————————-

E lanzei ao ar dúas frores roxas
unha por que xa non estabas
e outra ….. Perdeuse no tempo vivido
en medio dos nosos amores.

E ollei hoxe duas veces o horizonte
se me fixo vello…..O que vin nunha dilas,
é noutra o vin tan lonxe
que non distinguin o mar da terra
e perdido sentinme nela.

E pensei neses intres por dúas veces,
unha por sentarme a túa beira……..
E outra por marchar no silencio do tempo
o mais lonxe posibel
ata ser un halo de luz no Universo
no medio das tenebres tinieblas
que imbaden iste mundo………..
Ata que as mesmas desaparezan.

———————————————————————————————————————

Hoxe voltei ao lar dos teus soños, te fuches rodeada de barro cas augas do mar no teú ser, é nos meus ollos unhas baguas de lediza e soedade esvarabanme polo rostro que me embargaban ata ialma, soio ca nosa filla me deisaches coma ti querias, hoxe toda unha muller, creceu asiña paseniñamente.

 
———————————————————————————————————————

E saltou polo ar
outro 25 de Xullo
cun Ceo moi nubrado,
e nos coma pobo onde estamos?
perdidos no aturuxo do consumo
facendo das nosas ialmas algo
funesto.

Cantos aldraxes mais
imos consentir nas nosas terras.
Terras de ensoño, de envexa, etc.
Enchida de recursos naturais ata
o infinito.

Por que imos a ningures?
E escapamos dila,
esixamos trocar as cousas ou
cambiémolas
para construir, noso futuro nela,
pois materias primas ten de
abondo
que outras terras para si quixieran
por qué levamos seculos
deixando nas mans dos máis
necios
os nosos destinos
non ollamos o que pasa, estamos
cegos.
As nosas aldeas no deserto das
ialmas,
e nosos paisanos pechados nas
cidades do cemento
para malvivir, facendo das nosas
vidas
algo artificial, mediocre,
perecedeiro.

Armemos os campos de novo con
xeito e ar fresco
ergamos de novo os teitos
fagamos dos nosos campos,
montes, rios e mares
un soño eterno na realidade,
cambiemos estructuras,
funcionamentos o que faga falla
para non sentirnos escravos dilo
e eisi poder vivir de nós mesmos.

Galiza, rica en recursos naturais
polos catro costados.
O pobo ten que ser participe disto
para traballar e beneficiarnos nilo,
xa sei que todo leva seu tempo
pero, xa está ben de esperar
pois, nosas aldeas van quedando
baleiras
e un sin sentido, coma cousas do
Demo,
isto se pode cambiar
poñamos todos os medios
para que se desenrrolen nosas
aldeas, pobos e cidades
para noso proveito
e que Nunca Máis
se vaian nosos paisanos a mundos
alleos
cando nas nosas terras se pode
vivir
sen aldraxes felices e contertos
sen ser escravos do medio.

Outro 25 de Xullo, xa está ben
collamos a vaca polos cornos
rexurxamos das cinzas do olvido
a Nosa Terra.
Fagamos un País novo con esforzo
e traballo,
tamén lúdico e bello,
soio temos que querer facelo.
Xa vai sendo hora que poñamos
a partir de xa, todo noso empeño.

Galiza ceibe e libertaria!
Pola liberacion da Terra….Loitemos
ata a victoria sempre.

Lolo/ 25 de Xullo/2016

TODOS OS POEMAS POR LOLO VILLAVERDE DOMINGUÉZ.

https://www.facebook.com/lolo.villaverdedominguez/timeline