lolo3

POEMAS DE LOLO VILLAVERDE DOMINGUÉZ (3)

Publicado el 8 noviembre, 2016 | Literatura
Lolo Villaverde Dominguéz
Lolo Villaverde Dominguéz Aí volta o Maio!

Tanxindo nosas verbas
nunha reviravolta da vida
dinme conta………
Cantos aldraxes e inxurias
cometidos ca nosa lingua,
unha mágoa inesquecibel
enche a miña ialma por sempre
e abraiado quedo,
tanta e a perversidade acaecida
polos máis necios,
que por moitas voltas que lle dou na testa ?
Non entendo!
Galiza ceibe e libertaria
erguete nos teus cimentos
dende o agarimo te soño
nos meus adentros berro,
Galiza eres ti
ese ente imperecedeiro
ese sentimento tanxido
que embriaga no peito
ese cariño fundido ao terreo,
que aflixido na ialma me deixa
cando o lar detrás
do meu futuro destiño deixo
e pasmado quedo!
Temblame ata o alento
o pensar que me vou lonxe
a un lugar alleo
o saber que non vou poder escoitar
de novo as cantigas
coas que meu Avó
arrolàbame de pequeno.
Meu amado pobo!
Dígocho dende o mais tenro
recolle a túa voz,
espallémola ata fenecer no intento
e que en pé
da igualdade e liberdade
dos seres humanos,
podamos loitar e obrar nelo.

Lolo Villaverde Dominguéz

O TEMPO

E saltou
e botou polo ar a rabiar,
a ningures
ao vacio infinito
no Ceo estrelado,
e se foi
coma gato escaldado
sen mirar atras
ollando no vento
escolmado na choiva
paseniño e sen tapuxos
abaneandose coma furacán
embravecido
nese intre resoplou no seu alento
e pasou, e pasou, e pasou
que no devir da historia
sabes que,
fíxose………………………..O tempo.

Algo intanxibel, efímero,
cheo de mostalxias e ledizas
de tristuras e amarguras,
de vivencias infinitas
que enchen ialmas podrecidas
que coma motas do Polvo Estelar
viaxan polos mares do Universo
e caen nun vacío Estrelado
coma algo maxestuoso, inquedo…..
Tamén lísonxeiro
e un arrugado na testa da vida,
coma arte de biribirloque,
na imensidad dos átomos
fraguouse……………………..O tempo.

Tempo da ensidia..
Tempo da baixeza.
Tempo de caricias,
de amores vividos e perdidos.
Tempo que acompaña as ialmas.
Tempo…….A.donde foi parar
que nin siquera o vexo,
e no Tempo perdéronse tantas
cousas
e agarimamos tantas outras
que lle pido por un intre que se
pare
que quero ollalo perto,
pero inexorabel non sei porque……
Ou o sei
non me escoita.
O Tempo segue a seú ritmo
e nos perdidos no mesmo………..
Viaxarei sempre contigo
aínda que non pares
e pases de todo, coma de min
vivir contigo sempre quero……..
Silandeiro Tempo.
Tempo do meu vivir e morrer
Tempo no meu alento.

PD: Estas verbas son meu agasallo neste intre importantisimo coma e un 17de Maio calqueira, que non morran xamais nosas verbas, con agarimo para todos vos.

Lolo: 16/5/2016

Lolo Villaverde Dominguéz
Lolo Villaverde Dominguéz _Solidaridade cos nosos pobos irmans_

E negome a ser human!
a ser representado
por istos politicos que teñen a chave
da xustiza social e nada fan
por remedialo
deixando morrer no chan
as xentes que o unico queren
coma antano e vivir en paz.

E negome a ser human!
que por doctrinas e colores terreos
ultraxen e vexen as xentes
e lles rouban ata ialma
na miseria mais grande
mentres nese intre a nosa
roda polo chan!.

E negome a ser human!
ante tanto politico podrecido
que non lles importan os demais
soio seús corpos larpeiros
que xamais danse enchidos
cando morren de fame e frio
nosos semellantes nos campos hermos
aos maiores e cativos.

E negome a ser human!
por pechar os ollos
e mirar para outro lado
por non saber remediar
iste caldo de cultivo da inxustiza
na que morren nosos irmans.

E negome a ser human!
e negome a ser human
entre tanta barbarie…….
E negome a ser human.

5/4/2016 Lolo

Lolo Villaverde Dominguéz
Lolo Villaverde Dominguéz A TI MULLER
Coas mans terxas, suaves,
de aceiro, co teu ser cheo de ledizas
para agasallar ao mundo enteiro
con isa figura ergueita
coma un fiuncho inquebrantabel
enriba do campo mesto.
Muller es ti.Maxestuosa, grandiosa
coma copa dun pino.
A ca acougas coa túa entereza
este vivir case funesto.
Sin ti perderia o rumbo ista
amada terra,
gobernada polos mais necios.
Muller quen non sea capaz
de respetar túa laboura,
quen non entenda túa loita
en iste mundo quedo,
que ti en todolos intres nos das
co teu exemplo.
E un malvado, perverso que
non sabe do teu human esforzo,
a loita que fas ti muller no día a día
que e reflexo na miña ialma,
e choro de lediza por chegar a ser
semellante a vos muller
no meu traballo, esforzo e alento.
E hoxe camiñando pola ringleira
da vida,
non podo deixar de agradecervos
vosa loita inhumana nesta terra
imperterrita, guiada en parte por homes necios.
Iste mundo inxusto que o comen
a mans cheas os ricos avarentos,
que matan de fame a unha parte
da humanidade,
coma agradeceros vosa loita terrea
dende antano ao presente
por unha sociedade xusta e bella.
Me rindo a vosos pes… Muller,
quitome a vestimenta
e sombreiro……….
En corpo e ialma espido me quedo,
e desexo dende ise intre
loitar corpo a corpo
con vos ata conseguir a liberdade
de todos nos e o respecto.
! Respecto que ten que ser mutuo
en todolos conceptos
neste planeta imperfecto!.

Lolo

Lolo Villaverde Dominguéz
Lolo Villaverde Dominguéz No reverso das palabras

Xunguidos ca terra nosos ancestros
ateridos de frio ata os miolos nosos pensamentos
e nosas verbas no reverso dos tempos
loitando ante tanta oscuridade
tanxidas con inxurias dos maís necios.

Mil anos perseguidas, ninguneadas, humilladas.

Mil anos escupindo lama nas almas do noso pobo.

Coma sacudirse de tanto tempo
tanta perversidade,
ofrecida as nosas palabras
as cales con ledicia nosos ancestros
mostraban nos seus cantares.

A quen lle interesa que o pobo Galego
non manexe os seus falares,
se as culturas dos mesmos
son parte das riquezas dos seres humans…..
¡ é algo a respetar!.

A quen lle interesa confundirnos tanto tempo
si ao recuperar a nosa lingua
coma seña diferente e de identidade
nos levaria antes a conquistar
ese mundo de ensoño de igualdade e libertade,
que no futuro ha de deparar as nosas sociedades…..
polo ben da humanidade.

E no reverso destas palabras
unha magoa enche a miña ialma
e dime no silencio…….
¡ Loita e non durmas polo ben da nosa fala !.

LOLO 17/5/12

¿Te gusta este artículo? ¡Compártelo!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *