Cando os negros foron tratados coma unha merda nos EE. UU. 2 velocistas americans ergueron o puño no podio nos Xogos Olímpicos de México de 1968 esixindo os dereitos humans dos negros no seu país.
Foron inmediatamente expulsados, remataron as súas carreiras deportivas, recibiron ameazas de morte e remataron coma lavacarros en Texas e o outro coma estibador no porto de Nova Iorque. Foi grazas a persoas valentes coma eles que a segregación racial nos Estados Unidos retrocedeu un pouco.
Máis a historia do branco da foto é menos coñecida e digna dunha película. É australian, chamábase Peter Norman e foi medallista de prata nesa carreira. Pensei que non era consciente do movemento que se montaba detrás del, máis non é así.
Os 2 americanos explicáronlle que ían facer e que pensaba. Norman respondeu: “Creo que todo home ten dereito a beber a mesma auga. Eu creo no que cres ”. E despois sinalou a insignia de loita negra (o autocolante redondo branco que ves na foto) e preguntoulles se tiñan un pra il. Deste xeito amosou a súa solidariedade coa loita dos negros.
As consecuencias pra o australian foron terribels.
Foi condeado. Non só lle foi difícil seguir correndo; tampouco atopou a alguén que lle dese traballo. En varias ocasións convidárono a pedir perdón polo episodio en México, máis il negouse e continuou adestrando só e conseguindo tempos superiores aos seus rivais. Nos catro anos seguintes, rompeu a marca de clasificación de 200 metros trece veces pra ir aos Xogos Olímpicos de Múnic en 1972, máis non foi convocado pra a selección nacional e, por primeira vez na historia dos Xogos, Australia non tinha un velocista nas finais de 100 e 200 metros. Norman tentou adicarse ao fútbol profesional australian máis unha lesión no tendón de Aquiles púxoo ao bordo de perder a perna por gangrena. Fíxose adicto aos analxésicos que lle prescribiron, logo alcohólico, despois recuperouse e comezou a militar no sindicalismo e a traballar nunha carnicería. Usou a súa medalla olímpica pra pechar a porta do seu lar.
Cando se anunciou que Australia organizaría os Xogos no 2000, estaba entusiasmado de ser engadido nas festas. Os organizadores de Sydney convidaron a tódolos medallistas olímpicos australianos a desfilar o día da inauguración, mais Norman non só foi excluído do desfile: nen sequera lle enviaron billetes pra ir ao estadio. Foi o mellor velocista da historia australiana máis non existiu. Mesmo na estatua que se erixira no campus de San José, California, conmemorando o podio de México 68, o segundo posto estaba baleiro.
Cando morreu en 2006, os 2 – ex velocistas americans viaxaron a Melbourne e levaron o cadaleito. A banda que acompañou á procesión tocou “Carros de lume”
David Cabezas C