Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

O ollo e non o ollo. Estivemos alí (iso o sé) mais non todo o tempo. O raro é que non son consciente de ter estado noutro sitio cando non estaba alí. E cando estaba —aínda que só coma mero espectador e en visitas duns intres— foi nunha posición privilexiada e comprometida… mais inane. Eu tentaba intervir e aquilo non era posibel. Toda a enerxía íalle en respirar. Pode que estivese atado, ou iso me parecía. Cheiraba a pánico (non sigas lendo).

Cando veu Carmen pedinlle por sinais un papel e un bolígrafo. Non tinha e iso retorceume as entranhas, porque pediullo a iles. Logo, cando todo volveuse irremediabel, tratei de escribir mais foi en van. Algo anotouse. Non sé que foi, mais engadiuse a máis cousas que xa había alí escritas. Carmen o leu e se o deu a iles (¡mais que fas, insensata!) e unha vez lido llo gardaron nunha carpeta.

Puido ser tempo despois (antes ou despois eran conceptos inútiles) alguén que sostiña a folla preguntoume se eu escribira aquilo. Lle dixen que si sen saber a que se refería. E cando non podía máis íame. Sinxelamente fechaba os ollos e íame. Mais isa prerrogativa non durou moito porque chegou un momento en —aínda que eu o desexara ferventemente— non me podía ir. Entón volvía a ollar a aquil animal berando. Aquilas estridencias sen respiro que podían ser de calquera ser vivo ante o horror, ante o irremediabel, ante a dor sobor a dor inmensa. O alarido contra a creación e a aniquilación. O primeiro e derradeiros recurso dos órganos fonadores —que niste caso viñan dunha minúscula siringa— parando a hora. Vermello sobor negro (¿coma pode producir semellante son unha siringa?), vermello sobor negro.  acompañabame dende neno e sempre volvía nos piores intres. “Ven ao cinema, ven ao cine, ven ao cinema… iaiá, iá, iá”. Tiñan que trocar de canción ou fechar o fío musical. oíase en todos os lados. Enriba tamén oíase perfectamente. Ao comezo pensei que era unha festa que había nalgun cuarto preto…… e aledeime. Gozo sabendo que hai persoas con motivo para celebrar algo. Logo comprendí que só podían ser ialmas en pena. A festa perpetua é o pior castigo imaxinable. Entón chegaron as conclusións. Os capítulos ibanse pechando ao resolverse moitas dúbidas (pensaba que o libro estabase rematando). A endogamia e a ciencia, que ata entón triunfaran, revelábanse só coma tácticas de paxarinho famento. Unha intelixencia traía outras intelixencias que só eu percibía; iles a intuían e a veneraban coma a un ser divinho. Era coma un algoritmo xerador de algoritmos (qué é máis importante: a poesía ou a filosofía?). Coñecía mellor a que era a súa relixión, que iles mesmos ignoraban (¡qué previsibeis son!). Ao remate todos os problemas eran o mesmo problema de todos: o complexito. E aínda non sé se o branco que asomaba era o cranio ou os miolos. A súa cabeza aberta e a súa incapacidade pra voar. Por iso os seus conxéneres o picoteaban sen piedade: porque estaba enfermo; porque non tiña plumas suficientes pra voar. E era unha besta enorme e negra coma a tinta (pico, plumas, patas). E quixen matalo pra evitarlle sufrir, mais non se deixou. E me fun de alí espantado sen deixar de oílo porque era coma eu (aínda o oio). Vermello sobor negro, vermello sobor negro. E oito pisos.

PEPE CHAS

https://www.facebook.com/profile.php?id=100005977788586

(TRADUCIÓN CEIVE AO GALEGO POR RUBÉM NOVO)