• Músicas Esquecidas
  • Contacto

Login form protected by Login LockDown.


NEU! (1971)
NEU! 2 (1973)
NEU! 3 (1975)

Neu!
O Krautrock (rock alemá dos 70) foi a orixe de moitos estilos musicais. Niste caso falo da música electrónica. Porque o grupo Neu!, con ista triloxía, sentou os cementos de todo un movemento que chega ata nosos días.
Catártico, hipnótico, subliminal, contracultural, imprescendibels.

 

 

 

BEYOND THE BLUE HORIZON (1971).
George Benson
Iste é probablemente o mellor álbum de George Benson. Istá acompañado por Clarence Palmer no Hammond B-3, Jack DeJohnette na batería, Ron Carter no baixo e os percusionistas Michael Cameron e Albert Nicholson. Estreouse no e estreaba il no magnífico selo CTI, onde se lanzarían discos antoloxicos do jazz dos 70.

O lp ten de todo: unha frescamente  revisión de “So what?” de Miles, sorprendentes desenvolvementos das guitarras en “Ode to a Kudu” ou unha experimentación con ritmos Afro-cubano-indios en “Somewhere to the East”.

Nada que ollar co son “cómodo” que adoptou nos anos 80.

 

 

THE SOFT BOYS / ROBYN HITCHCOCK.
Robyn Hitchcock é unha máquina de facer cancións, e, amáis das boas. Comezou en 1979 co seu grupo The Soft Boys e despois continuou ata a actualidade. Se hai algo meritorio na súa carreira, é que endexamáis se pregou a industria discográfica. Outros-coma R.E.M. ou Suzanne Vega -copiou descaradamente o seu estilo e abrocharon de carallo.
Son moreas fanático pra ter que seleccionar os mellores álbums, así que os poño todos (por desgraza, os derradeiros istán no meu disco duro).
Aínda que hai unha clara diferenza no son dos anos 80 do resto, toda a súa obra é dunha integridade inaudita.
Herdeiro directo de Syd Barrett (é o único músico coñecido que puido facer amizade con il ata o día da súa morte) tamén é indubidabel a débeda con Bob Dylan e John Lennon. En definitiva, un cantautor británico ata a médula, que mistura folk, psicodelia, pop e rock coma os mellores clásicos diste país.
Robyn Hitchcock é o noso home en Londres.
SUPER FLY (1972) – Curtis Mayfield.
SHAFT (1971) – Isaac Hayes.
A comezos dos anos 70, as películas comezaron a rodarse só con actores negros. A temática era propia da época nas comunidades que os segregaban: sexo, violencia e drogas. Mais agora os héroes eran da súa mesma raza. Todo iste movemento chamouse Blaxploitation.
Istas son as bandas sonoras de dúas das películas máis famosas. Soul e Funk gran reserva.
CAMEMBERT ELECTRIQUE (1971)
Gong
Daevid Allen, antes de ser o líder de Gong, foi unha das mentes pensantes que creou Soft Machine. Aínda que naceu en Melbourne, nos 60 trasladouse a París, onde coñeceu a William Burroughs (The Soft Machine é o título dunha das súas novelas). Dende alí chimpou a Inglaterra, instalándose en Canterbury, o que o levou a facer amizade con Robert Wyatt, Kevin Ayers e Mike Ratledge. Endexamáis editaron nada xuntos, mais a semente plantouse. Os problemas co seu visado fixeron que tivese que abandonar o país e, en consecuencia, a banda. De volta en París gravou o seu primeiro disco e ao ano seguinte, en 1971, publicou ista marabilla co seu novo grupo. Despois trasladaríase a Deià, na illa de Maiorca, formando unha das máis famosas comunidades anarquistas e rurais do rock europeo.
Psicodelia, rock progresivo, electrónico, experimental… todo istá eiquí tal e coma pareuse na orixe. A súa discografía é extensa e inestimabel, mais Camembert Electrique acadou unha cume difícil de superar.
Unha curiosidade: Robert Wyatt era o fillo do seu caseiro.
ILLINOISE (2005)
Sufjan Stevens
De toda a discografía de Sufjan Stevens creo que non hai ningún lp que poida superar iste. Quizais o seu segredo é que os medios aínda eran precarios e as solucións pasaban por ser intrépidas.
Eiquí todo está ben: as voces, as guitarras, o banxo, os arranxos… Folk, pop, rock. Unha das sete marabillas da primeira década do século.
10/10
THE DREAM SYNDICATE
The days of wine and roses (1982)
Primeiro disco da banda de Os Anxos liderada por Steve Wynn. A fórmula “(Bob Dylan + Velvtet Underground) / 2” endexamáis foi máis precisa. A eterna forza e frescura diste disco só se explica pola brevidade na que foron compostas e gravadas as súas cancións. Todos os cortes parecen a primeira toma. O seu carácter épico vese realzado por iste son sucio e primitivo.
Unha curiosidade: coma “Like a Rolling Stone”, a primeira canción comeza coa batería dando a sincopa dun xeito espléndido. Fluxo constante de enerxía garantido.
SINIESTRO TOTAL
O mellor grupo español (ou galego, ou vigués) da movida isa a que chamaron la Movida. Ao principio parecía que só ían durar dous discos, mais despois, abraiadamente, aprenderon a tocar. Quen di que non saltou nen se ría con iles istá mentindo coma un canalla, por non falar de extractos das súas letras reconvertidos en mantras (sempre que escoito a palabra “millóns” non podo evitar completar a rima). Agora poñen o punto e final a unha historia pola que todo o rock español debería estar máis que agradecido (si, máis que Rosendo).
Siniestro Total: o grupo que derrubou o Tellón de Grelos.
(Tradución ceive ao galego por Rubén Novo)