Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

CHARLIE MARIANO.
Helen 12 Trees (1976)
Cando o jazz comezou a utilizar instrumentos eléctricos a finais dos anos 60, tamén houbo un achegamento ao jazz por parte de moitos músicos de rock. Froito de todas estas experiencias foron colaboracións das que xurdiron discos irrepetibels.
Nesta época, o saxofonista estadounidense Charlie Mariano trasladouse a Colonia e tivo contacto con krautrock, chegando a tocar en varios discos do grupo Embryo. De toda ista fusión e as súas investigacións na música india, en 1976 gravou iste memorabel lp xunto a Zbigniew Seifert ao violín, Jan Hammer aos teclados, Jack Bruce ao baixo, John Marshall á batería e Nippy Noya á percusión. O tema “A danza de Parvati” é pura maxia.
Sandy Denny
(Wimbledon, 6 de xaneiro de 1947 – ibídem, 21 de abril de 1978)
foi unha cantante e compositora inglesa.
Non podes entender o que significa o folk-rock sen coñecer o traballo de Sandy Denny.
A súa carreira discográfica comezou en 1967 gravando a súa colaboración con Alex Champbell e despois con Johnny Silvo. Máis tarde uniuse a The Strawbs (ningún destes álbums aparece na imaxe).
En 1969 entra na Fairport Convention. Durante ise ano gravaran tres discos fundamentais na historia da música. Baseándose na música tradicional de Escocia e Irlanda, Sandy Denny, Richard Thompson, Dave Swarbrick, Simon Nicol, Ian Matthews, Dave Pegg, Ashley Hutchins, Martin Lamble e Dave Mattacks foron os primeiros en ter a brilante idea de engadir instrumentos eléctricos, con adaptacións atualizadas o seu tempo. “What we did in on our holidays”, “Unhalfbricking” e, moi especialmente, “Liege & Lief”, pasaron completamente desapercibidos naquel momento; logo consideraranse os discos que máis influíron na historia do folk-rock. Nunha ocasión un xornalista preguntoulle a Bob Dylan cal era o seu grupo favorito; Fairport foi o elixido.
Despois de deixar a banda co fin de liberar as súas habilidades compositivas, Sandy crea o grupo Fotheringay, co que gravaría un disco. Recentemente publicouse unha segunda parte (que tampouco está na foto) con temas descartados. A este seguíronlle outros dous, xa encabezados co seu nome. Os tres están exquisitamente feitos. Os músicos acompañantes son de primeira categoría, e as composicións parecen que tenhen mil anos. Ista muller non compuxo temas, os descubria.
En 1974 voltou con Fairport pra facer unha xira mundial, da que sairía un novo disco, e o mal producido “Rising for the moon” no estudo.
Retomou a súa carreira en solitario con dous discos máis. A súa intención de ir máis aló do que ata entón fixera levouna a tentar un experimento fracasado no seu achegamento ao mundo do jazz.
Todo o recoñecemento que esta muller merecía, e do que careceu durante a súa curta vida, agora reparouse mal que ben.
Algún pode pensar quen cona é Sandy Denny? Se tes “Led Zeppelin IV” na casa, escoita “The battle of evermore”. Descubrirás que levas toda a vida escoitandola sen darte conta.
ED KUEPPER
Character assassination (1994)
Nado na Alemaña mais de facto australiano, foi o guitarrista de The Saints xunto a Chris Bailey. Da súa ampla discografía, da que non son un experto, destacaría ista marabillosa xoia. É un disco dobre onde cada lp contén as mesmas cancións, agás que nun tocan cunha banda e no outro il en solitario.

Os músicos australianos teñen unha forma moi orixinal de entender a música. Paul Kelly é outro exemplo da cantidade de grandes músicos que saíron desta enorme illa.

 

 

 

CALEXICO

Feast of Wire (2003)

O carto disco da banda de Tucson é quizais un dos mellores da súa discografía. O seu son tex-mex —con trompetas e violíns engadidos— é senta ben a calquera. As súas composicións son cribles. Agardo que sigan publicando discos coma ata agora. 100% recomendado. Entran na primeira escoita.

 

 

 

 

NENO BUARQUE
Personalidade (1987)
Hai un xeito infalible de identificar a boa música brasileira: se cando a escoitas tes a sensación de que andas descalzo pola praia, está ben.
Trátase dunha recompilación de cancións de 1970 a 1984. O holandés Chico Buarque, ademais de un destacado intérprete e compositor, é un gran escritor. Imposible explicar todos os matices da súa voz, a forza interpretativa, a sensibilidade da súa presenza.
Esta música cura.

 

 

 

 

 

(Tradución ceive ao galego por Rubém Novo)

PEPE CHAS: RECOMENDACIÓNS (1)

PEPE CHAS: RECOMENDACIÓNS (1)

PEPE CHAS: RECOMENDACIÓNS (2)

http://empuje.net/wp-admin/post.php?post=37943&action=edit&classic-editor

PEPE CHAS: RECOMENDACIÓNS (3)

http://empuje.net/wp-admin/post.php?post=37956&action=edit&classic-editor

PEPE CHAS: RECOMENDACIÓNS (4).