Formulario de acceso protexido por Login Lockdown

Meu primeiro disco do Bob Dylan.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

THE BEACH BOYS
Pet Sounds (1966)
Deica logo.

 

 

 

 

 

 

 

TRAFFIC

Steve Winwood, Jim Capaldi, Dave Mason e Chris Wood.

———————————————————————————–

 

 

 

 

 

CHRIS CACAVAS
Chris Cacavas & Junkyard love (1988)
Good times (1992)
Dous primeiros discos do paisano de Os Anxos, despois da súa etapa con Green on Red. Unha auténtica delicia naqueles tempos. Bob Dylan e Neil Young voltaron ser un referente pra unha nova xeración. Foi necesario despois da orxía disco dos anos 80.
PHAROAH SANDERS
Tauhid (1967)
Nos anos 60 houbo grandes saxofonistas de jazz coma John Coltrane, Albert Ayler, Sonny Rollins, Stan Getz, Sonny Stitt, Ornette Coleman, Archie Sheep, etc. eu sempre sentín predilección por Pharoah Sanders, quizais polo seu carácter orientalista e experimental. Creo que iste é un dos seus mellores discos e un claro mostra do que se chamaba “New Thing”.
Copio e colo ista escrita da Wikipedia:
O tawhid ou tauhid (en árabe, توحيد‎) é un concepto central no Islam que indica unha forma verbal que significa proclamación do Un, é dicir, afirmar que Deus é único. O significado tradicional é: “a fe no Deus único, Creador de todo o Cosmos, Gobernante de todo en solitario, sen compañeiro no seu dominio de todo. É Deus o exaltado e elevado, sen parella ningunha, nen parella nen fillo, nen precisa valedor pra protexelo da humillación, polo que proclama a súa grandeza. Tawhid tamén se define coma: “a fe no Deus Único, sen companheiro ou coma: “o coñecemento de Deus o elevado na seu señoría, o recoñecemento na súa Unidade e a negación absoluta de equivalentes”.
NICK DRAKE
Five leaves left (1969)
Bryterlayer (1970)
Pink Moon (1972)
Time of no replay (1986 póstumo)
Por que uns discos de tanta calidade pasaron completamente desapercibidos cando foron publicados? Joe Boyd, o seu descubridor, explicou na súa autobiografía “White Bicycles” que a timidez de Nick Drake impedíalle comunicarse co público. Se a iso lle engadimos a complexidade de interpretar as súas cancións, xa que cada unha requiría unha afinación alternativa da guitarra, e o tempo do proceso, que facía perder a concentración ao público —algo fácilmente solucionabel si se levaran dúas guitarras e unha persoa encargada de levar a cabo a tarefa entre tema e tema- dános coma resultado un artista que non pudo promocionar a súa obra; non hai gravacións en directo de ningún tipo.
Non importaba se nos seus discos tocaran Richard Thompson, Dave Mattacks, Dave Peggy, Danny Thompson ou John Cale; nada puido impedir o seu tráxico destino.
Homenaxes a WOODY GUTHRIE.
Woody Guthrie é quizais o cantautor folk estadounidense máis importante. Foi un home comprometido cos problemas do seu tempo, a miseria xerada polo crack do 29, con himnos de cancións protesta coma “This land is your land”. “As uvas da ira”, de John Steinbeck, é a seu reflexo literario, aínda que tamén il escribiu unha gran novela, “Camiño á gloria”.
Morreu en 1967, e só uns meses despois celebrouse un concerto homenaxe no Carnegie Hall. Participaron entre outros o seu fillo Arlo Guthrie, Odetta, Bob Dylan, Judy Collins, Pete Seeger, Richie Havens e Tom Paxton. En 1970 a homenaxe repetiuse no Hollywood Bowl. Nesta ocasión estiveron Joan Baez, Judy Collins, Jack Elliott, Richie Havens, Odetta, Arlo Guthrie, Country Joe McDonald, Tom Paxton, Earl Robinson e Pete Seeger. Destas dúas experiencias graváronse dous discos lexendarios .
A súa influencia sempre estivo presente nas distintas xeracións de músicos que o seguiron. En 1988 publicouse “A Vision Shared (A Tribute to Woody Guthrie and Leadbelly)”. Bob Dylan, John Mellencamp, Bruce Springsteen, U2, Arlo Guthrie, Willie Nelson, Pete Seeger e Doc Watson inscribíronse nesta rolda.
Mención especial merece outro proxecto que foi lanzado en 1998. Woody Guthrie non tiña formación musical pero compuxo centos de cancións. Moitos deles quedaron sen gravar e só nos deixou as súas letras, escritas en diferentes cadernos. A súa filla Nora decidiu sacalos á luz coa idea de que distintos artistas os puxesen música e os interpretasen para gravar un disco. O primeiro ao que chamou foi Billy Bragg. Cando viu o potencial do material, aconsellou que non se repartisen os textos entre moitos, xa que entendía que, deste xeito, se perdería a coherencia. Propuxo chamar a un grupo, entón minoritario, que tivese recursos suficientes para asumir a tarefa. Así que Billy Bragg e Wilco, xunto coa colaboración de Natalie Merchant, fixeron esta marabillosa homenaxe cuxo éxito foi monumental; tanto que se publicaron dous volumes máis.
Tempo despois, Nora confesou que, antes de comezar o proxecto, Bob Dylan, que sabía da existencia destes textos, a visitara para velos para poder traballalos. Por sorte ou por desgraza, non estaba na casa nese momento e Dylan marchou coas mans baleiras.
(Tradución ceive ao galego por Rubén Novo)

PEPE CHAS:  RECOMENDACIÓNS (1)

http://empuje.net/wp-admin/post.php?post=37915&action=edit&classic-editor

PEPE CHAS: RECOMENDACIÓNS (2)

http://empuje.net/wp-admin/post.php?post=37943&action=edit&classic-editor

 

 PEPE CHAS: RECOMENDACIÓNS (5)